Institucións, Movementos e Conceptos Clave da Política Global

Enviado por yaguete2 y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,96 KB

Comisión Europea

É unha das principais institucións da Unión Europea (UE). Representa e defende os intereses do conxunto da UE, elabora propostas de nova lexislación europea e xestiona o labor cotián de poñer en práctica as políticas e facer uso dos fondos europeos.

Estrutura e Liderado

Está integrada por 27 comisarios, un por cada país membro da UE. O presidente (actualmente o portugués José Manuel Durão Barroso) é elixido polo Consello Europeo e atribúe a cada comisario competencias en ámbitos de actuación específicos.

Funcións Principais da Comisión

A Comisión supervisa e aplica as políticas da UE mediante as seguintes accións:

  1. Propoñendo nova lexislación ao Parlamento e ao Consello.
  2. Xestionando o orzamento da UE e asignando fondos.
  3. Fai cumprir a lexislación da UE (xunto co Tribunal de Xustiza).
  4. Representa á UE na escena internacional, negociando acordos entre a UE e outros países.

Movementos Antiglobalización

Corrente de protesta mundial que inclúe a ducias de grupos de diferentes países que teñen en común o seu rexeitamento ao capitalismo e ao modelo neoliberal (baseado nunha política macroeconómica que pretende reducir ao mínimo a intervención estatal en materia económica e social).

Composición e Críticas

Nestes movementos danse cita colectivos que inclúen aos sindicatos, os intelectuais de esquerda, ecoloxistas, indixenistas ou grupos desfavorecidos que acusan ao sistema económico de amoral e inxusto.

Accións e Obxectivos

Os diferentes grupos antiglobalización levan máis dunha década traballando en cuestións relacionadas cos problemas causados pola globalización da economía mundial. Organizaron numerosas campañas para a condonación da débeda externa dos países pobres e a reforma de institucións como o Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional.

Obxectivos do Milenio

Os Obxectivos do Milenio, fixados pola ONU no ano 2000, son 8 obxectivos de desenvolvemento humano que os países desta organización se fixaron conseguir no ano 2015. Estes obxectivos son:

  • Erradicar a pobreza extrema e a fame.
  • Lograr o ensino primario universal.
  • Promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller.
  • Reducir a mortalidade infantil.
  • Mellorar a saúde materna.
  • Combater o SIDA, o paludismo e outras enfermidades.
  • Garantir a sustentabilidade do medio ambiente.
  • Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.

Xeopolítica

É unha rama das ciencias políticas que estuda ao Estado como un organismo vivo e partindo do territorio como influente e ata condicionante da actividade humana co fin de conseguir seguridade e benestar, que son obxectivos xeopolíticos de todo Estado.

Consolidación da Disciplina

A Xeopolítica foise consolidando a través do tempo como un coñecemento científico teórico e pragmático que se inspira na íntima relación entre o Estado e o espazo onde aquel ten un interese político que satisfacer.

Entradas relacionadas: