Italia Fascista y Recuperación de los Años 20

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,61 KB

Italia Fascista

Italia tras a primeira guerra mundial.

Situación social e económica:

Italia entrara na primeira guerra mundial sen a autorización do Parlamento e sen a preparación militar adecuada. Tras a perda duns 6000000 homes, e cunha elevadísima débeda contraída para financiar a guerra, os tratados de paz foron unha decepción para o país.

A débeda externa orixinou unha elevada inflación e tamén desemprego.

Coa crise económica, a tensión social aumentou. Algúns campesiños ocuparon as propiedades dos terratenentes e os obreiros industriais responderon aos peches patronais con folgas e ocupacións de fábricas.

Os partidos políticos tradicionais non souberon facer fronte a esta delicada situación e gran parte da poboación comezou a apoiar partidos e grupos extremistas: O partido comunista.





Os trazos ideolóxicos do fascismo.

- Oposición á democracia

- Sumisión do indivíduo ao estado.

- Existencia dun partido único.

- Culto á violencia.

- Monopolio dos medios de comunicación de masas e uso da propaganda para controlar e manexar a opinión pública.

- Control estatal da economía.

Exaltación dos valores da economía.

Glorificación da guerra e do militarismo.




A creación dunha ditadura.

A estratexia fascista para facer fronto á desorde social foi a violencia.

Mussolini obtivo plenos poderes por un ano. Despois convocou eleccións, nas que logou a maioria absoluta tras unha campaña de terro contra a oposición.

Implantou unha ditadura: eliminou os seus oponentes, prohibironse todos os partidos e os sindicatos e suprimironse as liberdades individuais.

Tamén se creou unha policía política, e implantouse a censura.

No terreo económico realizaronse campañas para aumentar a produción e lograr a autarquía.

A política exterior foi expansionista: Ocuparon Etiopía e Albania e apoiouse o bando franquista na guerra civil española.







A fráxil recuperación dos anos 20

O desigual crecemento económico.

Tras a gran guerra, a hexemonía económica mundial desprazouse desde o Reino Unido cara a EEUU: NY substituíu a Londres como principal centro financeiro internacional. A readaptación das economías europeas á paz foi longa e difícil debido á destrución provocada pola guerra, á inflación e ao aumento do paro.

Os felices anos 20 en EEUU.

Características: - En EEUU produciuse un gran crecemento industrial.

- As industrias automovilística, eléctrica... desenvolvéronse grazas ao traballo en cade. - Á produción estandarizada e á creación de grandes grupos empresariais que realizan fortes investimentos. - Tivo importancia a produción.

- Aumentou o nivel de vida e como consecuencia xurdiu a sociedade de consumo. - As formas de ocio tamén se transformaron (cine, cabarés…)

A política internacional.

A comezos da década de 1920 a tensión entre Francia e Alemaña era moi elevada. A situación era que Alemaña sufriu unha crise e non podía pagar as reparacións de guerra a Francia. Ante esta situación, o exército francés ocupou o Ruhr, unha importante rexión alemá productora de carbón e aciro. A intención de Francia era explotar as minas alemás e quedar cos beneficios.

Para solucionar o problema, EEUU puxo en marcha en 1924 o plan Dawes: Alemaña recibiría un préstamo de EEUU que lle permitiría pagar as reparacións aos aliados e poder pagar as súas débedas a EEUU.

O entendemento económico contribuiu á mellora das relacións internacionais entre Francia e Alemaña. O resultado foi a firma do tratado de Locarno polo que Alemaña recoñecía as súas fronteiras con Francia e Bélxica tal como foran fixadas na Paz de Versalles e aceptaba que a zona desmilitarizada de Renania quedase baixo control británico e italiano. Como colofón, Alemaña foi admitida en 1926 na Sociedade de Nacións.

Entradas relacionadas: