A Lingua Escrita e a Historia Social do Galego: Trazos Lingüísticos e Evolución
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 134,33 KB
A Lingua Escrita. Trazos Lingüísticos
- Substitución de formas lexítimas por arcaísmos como *vegada, *nascemento, *door...
- Emprego de lusismos como a terminación *-zón, *embora.
- Uso de hipergaleguismos como *zoa, *ambente, *carreteira, *adourar...
- Aceptación de vulgarismos como *língoa, *númaro.
- Diminución (que non desaparición) ou adaptación dos castelanismos: *lexos, *ánxel.
- Adicións e supresións vocálicas: *amore, *ideia, *espranza, *esprito...
- Simplificación de grupos cultos: *alunos, *costantes, *efeito, *ouxetos...
- Metátese: *drento, *presoas...
Contexto Normativo e Sociolingüístico
A Lei de Normalización Lingüística obriga os poderes públicos a garantir o uso normalizado e equiparado das dúas linguas oficiais. Aínda que todas as institucións galegas empregan a nosa lingua nos seus escritos e comunicados oficiais, no uso oral emprégase maioritariamente o castelán, o que está a producir no contexto urbano unha «evolución inversa» da lingua, que antano se desenvolvía no ámbito oral e que agora só aparece na documentación escrita. Esta mesma radiografía vale para o eido xudicial.
O galego seguía a ser a lingua maioritaria da sociedade galega, que era eminentemente rural, mais xa comecera o camiño cara a unha progresiva castelanización da que nunca se recuperaría, tanto pola súa velocidade como pola súa repercusión sociolingüística.
Historia Social do Galego
Entre 1916 e 1936 produciuse un importante avance na defensa do galego. As Irmandades da Fala promoveron o uso público da lingua e impulsaron o nacionalismo galego. En 1918 reclamouse a autonomía na Asemblea de Lugo. A Xeración Nós traballou por modernizar a cultura galega e demostrar que o galego servía para a ciencia e a literatura.
En 1923 creouse o Seminario de Estudos Galegos, que investigou Galicia en galego desde un punto de vista científico. No ámbito político destacou o Partido Galeguista, defensor da autonomía e do ensino en galego. En 1936 aprobouse o Estatuto de Autonomía, pero non chegou a aplicarse pola Guerra Civil. Neste período tamén se publicaron normas para unificar a lingua escrita.