A Lingua Galega na Posguerra: Represión, Exilio e Literatura Galega do Século XX

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,91 KB

A lingua galega na posguerra

A época franquista levou a cabo unha forte represión da lingua galega. Aínda que a maior parte da poboación continuou tendo o galego como lingua habitual, o seu emprego reduciuse aos rexistros informais, xa que o castelán era a única lingua oficial e, en consecuencia, a única utilizada en todos os ámbitos da vida pública. A escola, a igrexa e os medios de comunicación convertéronse en efectivos axentes castelanizadores. Así intensificouse o proceso de desgaleguización.

Nas cidades adoptouse o castelán por considerarlo un medio de ascenso social, e identificouse o galego co rural, coa incultura ou coas clases máis baixas. Durante moito tempo, as únicas actividades a prol da lingua desenvolvéronse polos exiliados en Latinoamérica.

Dos anos 50 aos 70

A partir dos anos 50 foron xurdindo en Galicia iniciativas culturais que procuraban a defensa e a recuperación da nosa lingua. Xurdiron editoriais. Nos anos 60 nacen asociacións culturais que reivindican o uso do galego, e fundáronse na clandestinidade os primeiros partidos nacionalistas.

En 1975, coa chegada da democracia, e en 1978, coa aprobación da Constitución, Galicia contou cun Estado de autonomía que recolle a oficialidade do galego e a condición de lingua propia, o que permite a súa presenza no ensino.

Literatura de posguerra

Entre os anos 40 e 50, a única literatura galega foi a do exilio, entre cuxos nomes destacan Castelao, Luis Seoane, Rafael Dieste, Benito Amor, Ramón de Valenzuela, entre outros.

Castelao chegou a Bos Aires en 1940, onde centrou a súa figura en reivindicacións dos dereitos de Galicia e na defensa da República. Destes anos son as súas obras Os vellos non deben namorarse, Sempre en Galiza e As cruces de pedra na Galiza.

No exilio prodúcese unha poesía de forte denuncia social, cuxos principais representantes son Emilio Pita, Luis Seoane e Lorenzo Varela.

Narrativa de posguerra

  • Anos 50: Benito Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole.
  • Anos 60: Xosé María Álvarez Blázquez, Méndez Ferrín, entre outros.
  • Anos 70: Alfredo Conde, Xosé Alcalá, entre outros.

Blanco Amor

Blanco Amor, natural de Ourense, cultivou a narrativa e o teatro. Entre as súas obras narrativas destacan A esmorga, Biosbardos e Xente ao lonxe. No teatro, son relevantes as Farsas para títeres e Teatro para a xente.

Características da súa narrativa

  • Ambientación en Ourense (Auria), nas dúas primeiras décadas do século XX.
  • Protagonismo infantil.
  • Preferencia polo narrador subxectivo que narra en primeira persoa.
  • Interese polos prólogos das obras, para facer literatura realista.

A esmorga é unha historia traxica. Biosbardos é unha obra formada por sete relatos breves de nenos en Ourense, aínda que tamén se considera unha novela longa de varias lecturas.

Álvaro Cunqueiro

Narrativa

Novelas: Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Bretaña francesa, O músico que vai a un enterro, Si o vello Sinbad volvese ás illas (un vello mariñeiro rememora as súas aventuras).

Libros de relatos: a triloxía que, mediante o humor, presenta a psicoloxía dun home galego.

Relatos breves: Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá, Os outros feirantes.

Poesía

  • Cantiga nova que se chama Riveira
  • Dona do corpo delgado
  • Herba aquí e acolá

Teatro

  • O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca
  • A noite vai coma un río

Ensaio

  • Tesouros novos e vellos
  • A cociña galega

Ánxel Fole

Narrativa

Fole cultivou o relato curto, con catro libros de contos: Á luz do candil, Terra brava, Contos da néboa e Historias que ninguén cre. Ambiéntanse na Galicia rural de alta montaña lucense (Courel, Incio e Val do Sil), e tamén nunha ambientación urbana, a cidade de Lugo, con temas do medo e o misterio.

Técnica narrativa

  • Baséase no conto popular de tradición oral.
  • Fórmulas introdutorias e remates sentenciosos.
  • Apelacións ao oínte.
  • Técnica do conto enmarcado: personaxes que se xuntan para contarse historias.

Teatro

Pauto do demo.

Tipos de personaxes

Segundo a súa función

  • Principais: protagonista.
  • Antagonistas: o malo.
  • Adxuvantes: axudan ao protagonista.
  • Secundarios.

Segundo a súa natureza

  • Ficticios.
  • Históricos.
  • Simbólicos (a morte, a xustiza, a primavera...).
  • Autobiográficos: o protagonista é o narrador.

Segundo a súa psicoloxía

  • Planos (simples).
  • Redondos (complexos).

Caracterización dos personaxes

Realízase mediante a descrición, as accións e as palabras do personaxe, e os comentarios do narrador.

Estilos narrativos

  • Estilo directo: reproduce textualmente as palabras do personaxe.
  • Estilo indirecto: reproduce non textualmente as palabras do personaxe.
  • Estilo indirecto libre: non se sabe se fala o narrador ou o personaxe.
  • Monólogo interior: o personaxe expresa os seus sentimentos máis íntimos.

Entradas relacionadas: