Linguas minoritarias e minorizadas: diferenzas e características

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,16 KB

Son aquelas linguas que contan cun número reducido de falantes. Hai que diferenciar este termo do de lingua minorizada. Este termo emprégase para referirse a un idioma que sofreu unha marxinación, persecución ou incluso prohibición nalgún momento da súa historia.

Lingua minoritaria e lingua maioritaria

As etiquetas minoritaria e maioritaria só son aplicables en termos numéricos a unha lingua sempre que se compare con outra nun territorio administrativo dado. Unha lingua autóctona é minoritaria no seu territorio cando a porcentaxe de poboación que a usa é baixa, ben pola chegada de poboación foránea, ben por abandono do idioma por parte do grupo que historicamente a empregou. Pola contra, unha lingua é maioritaria cando a porcentaxe de poboación que a usa nun territorio é a máis elevada.

Lenda

  • Relato de apariencia histórica.
  • Seres con poderes sobrenaturais.
  • Localización espacial e temporal concretas.

Conto

Relato feito para entreter (páx. 256)

Entremés de Bancrof Library (“Comedia de la sortija)

Descuberto en 2001. Breve entremés en homenaxe aos arcebispo Rodrigo de Castro

Comentario poema Soia

Ten carácter intensamente lírico e engádense notas de realismo que asocian o poema a unha estrutura social moi determinada, as xentes humildes.

  • Os traballos enumerados no poema só en Galicia son realizados por mulleres, e non só en ausencia dos homes, senón na súa compaña.

En Galicia, as mulleres labregas transportan, apoiándoos nos ombreiros ou sobre a cabeza, grandes pesos (feixes de herba, cestas e cántaros...) que outra persoa ten que axudarlles a subir e baixar.

A carón das notas realistas achamos no poema unha intensa vivencia da soidade -obsérvese a reiteración expresiva da palabra soia-, sentimento que, posiblemente, está moi presente na propia Rosalía, pero que é tamén unha característica galaica (a saudade é un trazo típico da nosa literatura).

E, informando, envolvendo ao poema en unha atmosfera especial, sitúase como esencial a tenrura; tenrura disimulada baixo a dureza dos primeiros versos, que pintan a unha muller solitaria entregada a rudas tarefas, e que se manifesta por primeira vez nesa reiteración expresiva da palabra el: «él non ha de virme a erguer, él xa non me pousará», e nese adverbio xa, evocador de tempos pasados. A partir de ese momento, a afectividade maniféstase na proliferación de posesivos e diminutivos: «Ferve o pote, mais, meu caldo, soíña te hei de cear», «o meu homiño perdéuse»; perfectos exemplos estes do carácter afectivo e non cuantitativo dos diminutivos en galego.

As evocacións ao mundo natural poñen de relevo a súa sensibilidade a través da natureza que a rodea: vento, grilo, rulas e anduriña son outro elemento destacable funcionando como símbolos do paso do tempo en soidade, do amor e da saudade que sinte.

Polo seu realismo, a súa saudade e a súa tenrura, o poema constitúe un fermoso canto á personalidade da labrega galega no que se evidencia tamén ese pensamento protofeminista que Rosalía representa ao poñer a súa atención o seu centro de interese sobre a muller e as súas condicións de vida.

A sá soidade asociada a súa fortaleza e capacidade de valerse por si mesma en situacións duras

O Rexurdimento (I) Orixes

O labor dos precursores ten a súa culminación no Rexurdimento (finais do XIX comezos do XX). Inicio: publicación de Cantares gallegos (1863) de Rosalía.

Causas do Rexurdimento

  • Influencia das ideas da Ilustración (XVIII)
  • Repercusión da Guerra da Independencia→ conciencia de autogoberno
  • Ideoloxía romántica, que xa triunfara en Europa → exaltación da liberdade e das culturas autóctonas.
  • Postulados políticos liberais → necesidade de descentralización e defensa das particularidades de Galiza.

Características xerais

  • Ausencia dunha tradición literaria culta.
  • Reivindicación do carácter diferenciado de Galiza.
  • Predominio da lírica. Xénero hexemónico no Rexurdimento por cantidade e calidade.

Entradas relacionadas: