Linguaxe e Literatura Galega: Homófonos, Vocabulario Xurídico e Autores no Exilio
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 14,39 KB
Ortografía e Léxico: Uso de B e V
Palabras con B: gabián, billa, móbil, besta, bidueiro, berce.
Palabras con V: vasoira, viúvo, vulto, gravan, avogado, varrer, verza, voda, covarde, vimbio, acivro.
Definición de Homófono
Unha palabra é homófona con respecto a outra cando presenta homofonía (relación entre palabras de significado diferente pero coa mesma pronuncia).
Pares de Homófonos en Galego
- Abalar: facer oscilar unha persoa ou cousa (Sinónimos: mover, axitar).
- Avalar: asegurar por medio de garantía ou garantir por medio dun compromiso (Sinónimo: afiuzar).
- Abano: utensilio para abanarse.
- Habano: cigarro puro elaborado en Cuba.
- Avía: 1.ª/3.ª persoa do singular do pretérito imperfecto de indicativo do verbo aviar (preparar, arranxar, proporcionar o necesario).
- Había: 1.ª/3.ª persoa do singular do pretérito imperfecto de indicativo do verbo haber.
- Ala: parte do corpo das aves ou interxección usada para animar.
- Hala: 3.ª persoa do singular do presente de indicativo ou 2.ª persoa do singular do imperativo do verbo halar (subir unha cousa levantándoa ou tirando dela con forza).
- Ora: conxunción coordinada distributiva.
- Hora: unidade de tempo dividida en 60 minutos.
- Una: 1.ª/3.ª persoa do singular do presente de subxuntivo do verbo unir (xuntar, agrupar).
- Huna: pertencente a un pobo nómade asiático.
- Ei: interxección para chamar a unha persoa.
- Hei: 1.ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo haber.
- Ai: interxección que expresa dor ou sorpresa.
- Hai: 3.ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo haber.
- Ó: contracción da preposición a + artigo o (ao).
- Ho: interxección para chamar a atención dunha persoa ou apócope de home.
- Ou: conxunción coordinada disxuntiva.
- Ouh: interxección que expresa admiración, dor ou sorpresa.
- A: artigo feminino singular.
- Ha: 3.ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo haber.
- Ah: interxección que expresa sorpresa.
- Balón: bóla grande usada nalgúns deportes.
- Valón: pertencente a Valonia.
- Barro: masa resultante da mestura de terra e auga.
- Varro: 1.ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo varrer.
- Basto: contrario ás boas formas de comportamento (Sinónimos: maleducado, groseiro); espeso; pau da baralla; chuvasco intenso.
- Vasto: dise do que é moi extenso ou importante.
- Ben: adverbio de modo ou de cantidade que indica intensidade ou abundancia.
- Vén: 3.ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo vir.
- Boas: feminino plural do adxectivo bo; tamén se refire a cobras ou serpes.
- Voas: 2.ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo voar.
- Bobina: cilindro en que se enrola o fío.
- Bovina: relativo ao touro, ao boi e á vaca.
- Bos: masculino plural do adxectivo bo.
- Vos: pronome átono de 2.ª persoa do plural.
- Botar: dar botes.
- Votar: emitir o voto.
- Cabo: punta na costa; cargo do exército; corda ou cable (Sinónimo: extremo).
- Cavo: 1.ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo cavar.
- Haber: ter lugar algo (Sinónimos: existir, acontecer).
- A ver: preposición a + verbo ver.
- Nabal: relativo aos nabos.
- Naval: relativo ás naves ou á navegación.
- Corte: 1. Acción e efecto de cortar. 2. Lugar cuberto e pechado onde se garda o gando. 3. Residencia do rei, da súa familia e da xente ao seu servizo.
- Cohorte: división do exército romano integrada por uns 360 ou 480 soldados.
- Rebelar: incitar á rebelión.
- Revelar: descubrir algo oculto.
- Balor: fungos microscópicos que se forman nas materias orgánicas con humidade (Sinónimo: mofo).
- Valor: calidade de quen se enfronta a unha dificultade (Sinónimos: denodo, intrepidez, valentía).
- Bascular: oscilar en sentido vertical arredor dun punto de equilibrio.
- Vascular: relativo ou pertencente aos vasos ou condutos polos que circulan os líquidos dun organismo vivo.
- Bate: pau utilizado nos deportes para golpear a pelota.
- Vate: poeta ou persoa que vaticina (Sinónimo: adiviño).
Parónimos e Diferenzas Semánticas
Definición de Parónimo
Palabra que se asemella a outra na súa etimoloxía, forma ou son; son palabras que, sendo semellantes na escrita e na pronuncia, teñen significados diferentes.
Pares de Parónimos
- Actitude: modo de actuar ou proceder (sentido figurado).
- Aptitude: calidade de quen demostra ter capacidade ou disposición para algo (Sinónimo: dote).
- Abella: insecto que vive organizado socialmente en colmeas.
- Ovella: mamífero ruminante, femia do carneiro, que ten o corpo cuberto de la.
- Absorber: facer un corpo que un fluído entre e quede retido.
- Absolver: considerar e declarar a alguén libre dunha culpa.
- Billa: cano con chave para abrir ou pechar a saída dun líquido.
- Vila: entidade de poboación máis pequena cá cidade e máis grande cá aldea.
- Ben: (substantivo) o que supón proveito, utilidade ou satisfacción; (adverbio) que responde ao que convén ou desexa; (conxunción) indica alternativa entre dúas cousas.
- Ven: (verbo) 2.ª persoa do singular do imperativo de vir ou 3.ª persoa do plural do presente de indicativo de ver.
- Botar: (o pechado) facer chegar unha cousa a un sitio mediante un impulso (Sinónimos: expeler, expulsar).
- Votar: (o aberto) emitir o voto.
- Prebe: adobo líquido ou cremoso feito de substancias tales como aceite, manteiga, sal, especias, etc.
- Prevé: 3.ª persoa do singular do presente de indicativo ou 2.ª persoa do singular do imperativo do verbo prever.
- Convivencia: acción de convivir e relación entre os que conviven.
- Conivencia: disimulo ou tolerancia dun superior acerca das transgresións dun subordinado.
- Feble: falto de vigor, forza ou resistencia.
- Febre: elevación da temperatura do organismo.
- Hibernar: vivir en estado de sono profundo, con descenso das funcións vitais e suspensión das actividades.
- Invernar: pasar o inverno nun lugar.
- Veto: acción de exercer o dereito a impedir unha lei ou decreto; 1.ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo vetar.
- Voto: acción pola que unha persoa exerce o dereito de expresión da súa vontade (Sinónimo: sufraxio); 1.ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo votar.
- Devastar: destruír completamente causando grandes estragos.
- Desbastar: quitar ou rebaixar as partes ásperas ou irregulares.
- Óvalo: curva pechada de forma ovoide e, por tanto, convexa.
- Óbolo: moeda dos antigos gregos, que era a sexta parte da dracma.
- Aprehender: apresar ou capturar.
- Aprender: adquirir ou transmitir coñecementos.
- Aprehensión: captura.
- Aprensión: temor infundado.
- Hasta: pau ou ferro recto e forte en que se pon a bandeira.
- Ata: preposición.
- Eh: interxección que expresa apelación á atención dos oíntes.
- É: 3.ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo ser.
- Hai: 3.ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo haber.
- Ai: partícula exclamativa.
- Aí: adverbio de lugar.
Léxico Especializado e Institucións
Vocabulario Político e Administrativo
- Instancia: escrito que se dirixe a unha autoridade para solicitar oficialmente algo.
- Parlamento: asemblea dos representantes do pobo, encargada de redactar as leis e controlar o goberno.
- Etimoloxía: orixe e historia das palabras.
Partes do Parlamento
- Mesa do Parlamento
- Presidente/a do Parlamento
- Tribuna de oradores/as
- Voceiro/a
- Conserxe
- Escanos
- Taboleiro de votación
- Parlamentario/a
- Hemiciclo
Conceptos de Xustiza
Xustiza: Recoñecemento de dereitos, poder para aplicar o dereito e conxunto de organismos que o exercen.
- Equidade: calidade de quen é equitativo (dar a cadaquén o que lle pertence).
- Poder Xudicial: debe ser independente, imparcial, transparente e igualitario.
- A Dama da Xustiza: a balanza simboliza a obxectividade e a venda nos ollos a imparcialidade.
Terminoloxía Xurídica
- Quórum: número mínimo presente.
- Pleno: reunión xeral.
- Solicitude: escrito para pedir.
- Taxa: cantidade de diñeiro.
- Licenza: documento oficial.
- Elector/a: persoa que vota.
- Decreto: resolución ou decisión.
- Competencia: facultade para resolver.
- Orzamento: cálculo anticipado.
- Regulamento: conxunto de regras.
- Cámara: asemblea lexislativa.
- Perito: testemuña especializada.
- Fiscal: defende a legalidade en nome da sociedade.
- Xurado popular: tribunal formado por 9 cidadáns.
- Sobreser: suspender un procedemento xudicial.
- Acareo: confrontación de testemuñas contraditorias.
Literatura Galega: A Posguerra e o Exilio
Contexto Histórico (1936-1939)
A Guerra Civil e a posterior ditadura provocaron a suspensión da actividade cultural galega, a persecución de escritores e o peche de institucións como o Seminario de Estudos Galegos ou a Editorial Nós.
Resistencia Cultural e Política
- Resistencia Cultural: Fundación de editoriais como Galaxia (1950) e Monterrey. Destaca a publicación de Cómaros verdes (1947) de Aquilino Iglesia Alvariño e a Revista Grial (1963).
- Resistencia Política: Creación de partidos clandestinos nos anos 60 (PSG, UPG).
- O Exilio (A Diáspora): Centros en Bos Aires, México e Uruguai. Creación de revistas como Galicia Emigrante e Vieiros.
Autores Destacados
Luís Seoane (1910-1979)
Intelectual polifacético (pintor, escritor, editor). A súa obra Fardel de exiliado (1952) é precursora do realismo social. Temas centrais: a denuncia social, a emigración e o exilio. Nas súas pezas teatrais como A soldadeira ou O irlandés astrólogo, aborda a loita pola liberdade e o conflito co poder.
Lorenzo Varela (1916-1978)
Poeta do realismo social. A súa obra Lonxe (1954) trata a saudade, a angustia do desterro e o trauma da guerra. No seu poema Cantiga nova que se chama cadea (dedicado a Méndez Ferrín), utiliza metáforas sobre a liberdade perenne e a opresión da "noite de pedra".
Símbolos e Institucións Culturais
- Real Academia Galega (RAG): Fundada o 30 de novembro de 1906 na Coruña. O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía.
- O Himno Galego: Os Pinos, con letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga. Foi interpretado por primeira vez na Habana en 1907, impulsado por Xosé Fontenla Leal.
- A Bandeira: A franxa azul foi consolidada pola emigración como signo de identidade nacional.
Análise de Textos e Exercicios
Comprensión de Conceptos
- Hiperenxebrismo: modificación artificial de palabras para diferencialas do castelán, resultando en formas incorrectas (ex. *poboación por poboación).
- Ritmo: disposición regular de acentos e pausas no verso.
- Verso libre: versos sen rima nin medida fixa, pero con ritmo interno.
Exemplos de Uso en Contexto
"O tribunal decidiu sobreser o caso por falta de probas."
"O avogado recorreu a sentenza por considerala inxusta."
"As testemuñas tiveron que someterse a un acareo polas súas contradicións."