Lírica medieval gallego-portuguesa
Recursos literarios
Figuras retóricas
- Aliteración: repetición dun ou varios sons.
- Paranomasia: utilización de palabras semellantes no son, pero con significados distintos.
- Anáfora: repetición dunha palabra ou máis ao principio de distintos versos ou enunciados.
- Paralelismo: repetición de estruturas sintácticas iguais ou similares.
Cantigas profanas
Tipos de cantigas profanas
- Contido amoroso: cantigas de amigo, cantigas de amor.
- Contido satírico: cantigas de escarnio e maldicir.
Cantigas relixiosas
- Loanza e milagres da virxe: cantigas de Santa María.
Espectáculo lírico
Participantes
- Trobadores: compoñían a letra e a música, pertencían á nobreza, aparecen citados co seu nome e apelido.
- Xograres: baixa condición social, cobraban por interpretar as cantigas.
- Segreis: denominación utilizada ocasionalmente para referirse aos xograres ou aos trobadores.
- Menestreis: instrumentistas que acompañaban con música a interpretación das cantigas.
- Soldadeiras: mulleres que danzaban e cantaban durante a interpretación das cantigas.
Transmisión textual
Coleccións de cantigas
- Cancioneiro da Ajuda: 310 cantigas, case todas de amor.
- Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Colocci-Brancuti: cantigas de todos os xéneros, a arte de trobar.
- Cancioneiro da Vaticana: máis de 1200 cantigas de diferentes xéneros.
- Pergamiño Vindel: sete cantigas do trobador Martin Codax.
- Pergamiño Sharrer: fragmentos de sete cantigas de amor do rei don Denís de Portugal.
Cantiga de amigo
Definición
Xénero culto que incorpora elementos de carácter popular e autóctono, que desenvolve un contido amoroso e que emprega unha voz poética feminina.
Marcas
- Exprésase unha voz feminina en 1ª persoa.
- Aparece a palabra "amigo" referíndose á persoa amada.
- Confidentes: amigas, nai (pode ser obstáculo ou confidente), irmá, elementos da natureza.
Símbolos
- Árbores: representan a fecundidade.
- Mar: confidente da amiga.
- Auga: simboliza fertilidade, pureza e virxinidade.
- Cervo: simboliza o amigo.
- Cabelo: símbolo sexual.
- Fonte: lugar de encontro do namorado.
Características
- Paralelismo: repetición case literal dun verso.
- Refrán: repetición regular dun ou máis versos ao final de cada estrofa.
Núcleos temáticos
- Punto de vista expresión: cantigas monologadas, dialogadas.
- Punto de vista temática: mariñas ou barcarolas, bailadas, albas, de romaría.
Cantigas de amor
Definición
Poemas en que un cabaleiro expresa os seus sentimentos por unha dona da que está namorado.
Lírica do amor cortés
- Amor platónico.
- Amor do cabaleiro non correspondido - coita de amor.
Núcleos temáticos
- A loanza da dama por parte do cabaleiro.
- A expresión do amor do cabaleiro.
- A reserva da dama, que mostra desdén ou indiferenza.
- A coita ou pena de amor que sofre o namorado ao non ser correspondido.
- A concordia de amor: alegría polo namoramento, o amor é propicio (correspondido) - leda.
Lírica provenzal
- Tradición provenzal - o amor pode ser correspondido.
- Na cançó hai máis descrición.
- A cantiga de amor, tanto no contido coma na forma, é máis sinxela.
Cantigas satíricas
Definición
Constitúen interesantes documentos que nos transmiten moita información sobre a sociedade e a mentalidade do momento histórico en que foron creados.
Características
- Ton crítico ou burlesco.
- Carácter narrativo.
- Léxico máis variado.
- Utilizan recursos coma a parodia, ironía, equívoco.
Núcleos temáticos
- Sátira política, literaria, social e costumes, moral.