A literatura no exilio galego: Unha visión completa
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,14 KB
Literatura no exilio
A derrota do bando republicano na Guerra Civil empurrou ao exilio a moitos galegos. Abandonar a Terra foi o único xeito que encontraron para salvar a vida. En Bos Aires e Montevideo concentráronse moitos escritores e artistas que lograron fuxir da represión franquista. A eles sumáronse os que optaron por compartir a condición de exiliados. Esta concentración reforzou as posicións políticas do galeguismo, liderado por Castelao. O exilio mantivo a continuidade do galego como idioma escrito.
Iniciativas culturais no exilio
- Organización de exposicións, conferencias, recitais e certames.
- Fundación de editoriais e coleccións bibliográficas (promoción de obras como Sempre en Galiza ou A Esmorga).
- Posta en marcha de xornais como Galicia ou A Nosa Terra.
- Constitución de grupos músico-corais (Coral Os Rumorosos, Coral Terra Nosa).
- Constitución de organismos e entidades culturais, como a Asociación Galega de Universitarios, Estudantes e Artistas.
- Denuncia ante organismos internacionais, como a UNESCO, da persecución que sufría a cultura e o idioma galegos.
Características da literatura do exilio
- O xénero máis cultivado foi o poético, pero tamén se deu pulo ao teatro.
- Predominio de contidos reivindicativos.
- Publicación de literatura intimista na que destaca a saudade do desterrado polo que deixou atrás: a paisaxe natal, os amigos e amores, coa sensación de baleiro interior.
- No ámbito estilístico e na poesía notamos semellanzas co hilozoísmo e co vangardismo (verso longo, estilo realista e coloquial).
- A literatura salvou o galego culto escrito dunha posible desaparición.
- A literatura foméntase a través dos centros galegos e das tertulias.
Poesía
A maior parte dos poemarios apareceron en Bos Aires e abordaron liñas temáticas vetadas na Galicia dominada polo franquismo: a denuncia social e o patriotismo galego.
Autores destacados
- Luis Seoane: Promotor de editoriais e activista político do nacionalismo de esquerdas. A súa obra, recollida en Obra poética, destaca polo seu estilo realista, temática social sobre a emigración e dominio do verso longo.
- Lorenzo Varela: Fillo de emigrantes de Monterroso, autor de Catro poemas para catro gravados (1944). As vivencias tráxicas da guerra e figuras da Galicia medieval son temas recorrentes.
- Emilio Pita: Animador de iniciativas culturais e galeguistas. A nostalxia por Galicia e a denuncia da opresión franquista son temas básicos da súa literatura.
Prosa
A narrativa escrita na posguerra amosa unha preferencia pola temática da Guerra Civil abordada con ton de denuncia.
- Ramón de Valente Otero: Publicou en Bos Aires Non agradarás por ninguén, onde relata a súa vida no exilio.
- Antón Alonso Ríos: Destaca pola evocación da fidalguía e dos pasos rurais. En 1992 publicouse a súa novela inédita Nidia.
Teatro
Aparecen dúas propostas teatrais: unha de carácter máis popular e costumista con Varela Buxán, e outra máis culta con temas dramáticos innovadores con Castelao.
Principais dramaturgos
- Castelao: As súas liñas básicas son o gusto pola simetría estrutural, o expresionismo e o simbolismo combinados co humorismo. A súa obra Os vellos non deben namorarse (1953) é unha farsa dividida en tres lances que trata sobre os amores serodios.
- Luis Seoane: Apostou por un teatro estilizado e non elitista. Entre as súas obras destacan A Soldadeira, Esquema da farsa e O irlandés astrólogo.
- Eduardo Blanco Amor: Cultivou pezas de realismo costumista e farsas imaxinativas. Destacan Farsa para títeres, Teatro pra xente e Proceso en Jacobusland, esta última como denuncia da represión franquista.