Literatura galega entre 1916 e 1936: Irmandades da Fala e Grupo Nós

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Español

Escrito el en español con un tamaño de 5,22 KB
Actualizado el

Resumen

O documento presenta a literatura galega do período 1916-1936, situándoa no contexto histórico-social de Galicia e de España. Recolle a narrativa, o ensaio e o xornalismo das Irmandades da Fala e do Grupo Nós, con especial atención a autores como Vicente Risco, Otero Pedrayo e Castelao. O estudante aprenderá as principais obras, temas e publicacións desta etapa.

Puntos clave

  • As Irmandades da Fala fundáronse en 1916 e publicaron o xornal A Nosa Terra.
  • O Grupo Nós tivo a súa orixe no Cenáculo ourensán e tomou o nome da revista Nós, fundada en 1920.
  • Vicente Risco escribiu a novela O porco de pé, unha parodia da burguesía e da intelectualidade acomodada.
  • Otero Pedrayo destacou na narrativa longa, con obras como Os camiños da vida e Arredor de si.
  • Castelao, con obras como Os dous de sempre e Retrincos, mostrou compromiso cos máis débiles e defendeu o galego.
  • Na prensa destacaron revistas de vangarda como Alborada, Ronsel, Resol e Papel de color.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

Contexto Histórico-Social

Eventos internacionais e españois relevantes:

  • I Guerra Mundial
  • Revolución Rusa
  • A Gran Depresión
  • En España: perda das últimas colonias, reinado de Afonso XIII, ditadura de Primo de Rivera, II República, Guerra Civil.

Situación en Galicia:

  • Decadencia da fidalguía e consolidación da burguesía.
  • Continuación da emigración a América e cara ás cidades.
  • Aparición do agrarismo (asociacionismo labrego para a redención dos foros e rematar co caciquismo).
  • 1916: Fundación das Irmandades da Fala (xornal A Nosa Terra).
  • 1918: 1ª Asemblea Nacionalista de Lugo (nacemento do nacionalismo).
  • 1931: Fundación do Partido Galeguista (PG).

Narrativa (1916-1936)

Neste período nace e consolídase a narrativa contemporánea grazas ao pulo das Irmandades da Fala e á creación de editoriais e revistas.

A Narrativa das Irmandades

Os narradores das Irmandades son coetáneos dos do Grupo Nós e comparten con eles os ideais galeguistas, pero, en xeral, adicáronse máis á poesía e ao teatro. Autores representativos:

  • Xosé Lesta Meis
  • Leandro Carré Alvarellos
  • Xaime Quintanilla
  • Armando Cotarelo Valledor

O Grupo Nós

Ten a súa orixe no "Cenáculo ourensán" (formado por Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas) e o nome do grupo vén dado polo título da revista que fundaron en 1920, Nós. Os seus integrantes evolucionaron dende un cosmopolitismo elitista a un galeguismo universal. Esta toma de conciencia aparece reflectida en Nós, os inadaptados de Risco, Arredor de si de Otero Pedrayo e Dos nosos tempos de Florentino Cuevillas.

Vicente Risco

  • Novela: O porco de pé (parodia ideolóxica, con hipérbole e ironía, dunha burguesía que só vive para o diñeiro e dunha intelectualidade acomodada).
  • Relatos: Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (ocultismo e humor) e O lobo da xente (lenda dos lobishomes).

Ramón Otero Pedrayo

Fundamental no cultivo e modernización da narrativa longa. A súa narrativa pode clasificarse en:

  • a) Narracións histórico-realistas: Reflicten a Galicia rural da segunda metade do s. XIX e a decadencia da fidalguía. Destaca Os camiños da vida (decadencia de dúas familias nobres e traspaso de poder da fidalguía rural á nacente burguesía urbana, coa desaparición da sociedade rural tradicional galega, dominada polos fidalgos e polo clero).
  • b) Narracións histórico-culturalistas: A romaría de Xelmírez (Xelmírez e o esplendor da Galicia medieval).
  • c) Narrativa psicolóxica, introspectiva: Destaca Arredor de si (narra o proceso de concienciación galeguista experimentado por el e polos seus compañeiros de grupo).

Castelao

Temática: compromiso cos máis débiles, crítica da marxinación económica de Galicia, protagonismo das clases populares e defensa do galego.

  • Un ollo de vidro (temática de ultratumba).
  • Cousas (relatos con ilustracións, temática variada, personaxes populares).
  • Retrincos (cinco contos de carácter autobiográfico).
  • Os dous de sempre (novela): conta a biografía paralela dos dous personaxes (o emprendedor e o conformista), que seguen camiños diverxentes.

Outros Autores Novecentistas

Á parte do Grupo Nós, destacan autores novecentistas (máis achegados á Xeración das vangardas).

  • Rafael Dieste: Dos arquivos do trasno, relatos con dous eixos temáticos: o ambiente mariñeiro e un verniz máxico e misterioso, cun final aberto e sorprendente.

Ensaio

Nace e consolídase coas Irmandades da Fala e o Grupo Nós.

Os Ensaístas das Irmandades

Obras de contido político e cultural. Destaca Antón Vilar Ponte entre outros.

Os Ensaístas do Grupo Nós

  • Vicente Risco: Teoría do nacionalismo galego e Nós, os inadaptados.
  • Otero Pedrayo: Ensaios xeográficos, libros de viaxes e evocación biográfica.
  • Castelao: Sempre en Galiza, condensa o seu ideario nacionalista e as características de Galicia como nación.
  • Florentino López Cuevillas: Traballos de investigación sobre prehistoria e Dos nosos tempos.

Xornalismo

Aparición da prensa ilustrada e revistas gráficas, impulso da prensa local e comarcal.

  • A Nosa Terra: Voceiro das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista, escrito integramente en galego.
  • A revista Nós: Apertura de Galicia ás distintas literaturas europeas e á renovación artística do primeiro terzo do s. XX.
  • Outras revistas da vangarda: Alborada (Pontevedra), Ronsel (Lugo), Resol (Santiago) e Papel de color (Mondoñedo).

Preguntas frecuentes

Cal foi a revista do Grupo Nós?

O Grupo Nós tomou o nome da revista Nós, que fundou en 1920. A revista abriu Galicia ás distintas literaturas europeas e á renovación artística do primeiro terzo do século XX.

Que obra escribiu Vicente Risco?

Vicente Risco escribiu a novela O porco de pé, unha parodia ideolóxica da burguesía e da intelectualidade acomodada. Tamén publicou relatos como Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que ano se fundaron as Irmandades da Fala?
2. Cal é a novela de Vicente Risco que parodia a burguesía?
3. Que nome ten a revista fundada en 1920 que dá nome ao Grupo Nós?
4. Que autor escribiu Os camiños da vida?
5. Que obra de Castelao é unha novela sobre dous personaxes de camiños diverxentes?
6. En que idioma se escribía integramente o xornal A Nosa Terra?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.