Literatura Galega 1936-1975: Poesía, Prosa e Teatro

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,56 KB

POESÍA ENTRE 1936 E 1975

XERACIÓN DO 27, PROMOCIÓN DE ENLACE, XERACIÓN FESTAS MINERVAIS.

Na xeración do 36 atopanse os poetas nados entre 1910-1920, destacando Celso Emilio Ferreiro.

Na promoción de enlace, atópanse os nados entre 1920-30, viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural.

Os poetas das “Festas Minervais”, son os nados entre 1930-40, destacando Uxío Novoneyra, Mendez Ferrín e Manuel María.

Celso Emilio Ferreiro: “Longa noite de pedra” 1962 obra metafórica sobre a ditadura franquista

  • Intimista: reflexa un presente pesimista, e a nostalxia da infancia perdida en Celanova. Escribiu poemas amorosos para Moraima.
  • Satírica: corrosiva e crítica, lembra cantigas de escarnio medieval.
  • Socialrealista: emprega os temas da guerra civil, explotación dos traballadores, ameaza nuclear e racismo.

Uxío Novoneyra: “Tempo de elexía”

A súa poesía é paisaxística e persoal, contemplada dende unha perspectiva mística, fusionada coa natureza describindo a natureza espida do Courel, onde o ser humano é un elemento mínimo. Tamén escribe sobre a preocupación social e política.

Mendez Ferrín: “Con polvora e magnolias” 1976 que supón un camiño novo na literatura galega, con novos temas e nova linguaxe poética. Combina a poesía revolucionaria co lirismo intimista e o luxo estético. Usa o versolibrismo e numerosas referencias culturais ao celtismo, poesía medieval,...

Manuel María: “Advento” 1954.

Escribiu moitas obras e poemas musicados no século XX. Os seus principais temas son o amor, a morte, o arte, a historia, a física, o mundo animal, o paso do tempo, a relixión, entre outros.

A PROSA ENTRE 1936 E 1937

OS RENOVADORES DA PROSA (FOLE, BLANCO AMOR, CUNQUEIRO, NEIRA VILAS)

Dende 1936 a literatura galega deixa de existir durante bastante tempo. A actividade literaria desprazase a Latinoamérica xa que os exiliados manteñen viva a cultura galega.

Carballo Calero é o autor da primeira novela de posguerra “A xente da Barreira”.

Álvaro Cunqueiro: “Merlín e familia” recrea a materia de Bretaña dende unha perspectiva galega.

Mestura realismo e fantasía, personaxes da literatura universal e xentes galegas. Predomina a oralidade, como os comentarios do narrador. As novelas non teñen estrutura clásica, son un conxunto de relatos sucesivos. Escribiu libros con retratos de personaxes populares relacionados coas creenzas da nosa cultura.

Ánxel Fole: “A lus do candil”, “Terra brava”

Ambas ambientadas nas montañas luguesas e escritas coa lingua que se fala alí. Empregan a técnica dos contos que contaban antes entre varias persoas. Usan os temas dos lobos, morte e lendas populares.

Eduardo Blanco Amor: “A esmorga” o protagonismo está compartido, só escoitamos a voz do protagonista. Trata a declaración diante dun xuíz por parte dun acusado que conta a súa historia e a dos seus compañeiros, remata con todos mortos. Unha moi boa novela galega.

“Xente ao lonxe” radiografía de Ourense de principios de século a través da experiencia duns traballadores obreiros e sindicais que loitan por unha escola laica e popular fronte a burguesía que pretende unha escola relixiosa.

Xosé Neira Vilas: “Memorias dun neno labrego”, libro máis lido na literatura galega.

Retrata a Galicia interior, campesiña, pobre,... Ten unha estrutura sinxela, trata dun neno que non se conforma coa súa vida e ten que emigrar. Trata temas como a emigración forzosa ou a morriña da terra.

A NOVA NARRATIVA GALEGA

CARACTERISTICAS, AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS.

O corpus da nova narrativa Galega ocupa unhas vinte obras publicadas entre 1954 e 1971.

Características:

  • Respecto ao argumento e ao tema: abandono do antropocentrismo, ambientes urbanos, ausencia de preocupación inmediata polos conflitos do país, mestura de realidade e mundo fantástico, situacións estranas, presenza do sexo.
  • Formais: monólogo interior, distorsión temporal, pluralidade de voces narrativas

Xosé Luís Méndez Ferrín:

Obra moi extensa e moi relacionada entre si, novelas e relatos curtos que comparten a creación dun mundo fantástico, con forte presenza de violencia e elementos políticos tratados de forma alegórica. Nela podemos destacar unha primeira etapa de Nova Narrativa Galega con predominio da técnica experimental sobre o interese argumental. Tematicamente, trata a falta de sentido da vida, con influencia do existencialismo.

“O crepúsculo e as formigas” (1961)

Conxunto de relatos nos que deforma a realidade facéndonos dubidar se o que narra é real ou imaxinario. O máis importante vai ser a violencia para mostrar unha realidade. A violencia prodúcese en seres atormentados e nun espazo escuro que semella ser o culpábel.

“Arrabaldo do norte” (1964)

Hai unha forte vontade tecnicista, superpondo a estrutura narrativa ao interese do relato. Presenta un home incapacitado para a comunicación, con diálogos inútiles, que anda perdido polas rúas á procura dun cambio na súa vida que non dá conseguido.

Carlos Casares

As súas mellores novelas son posteriores e de feitura moito máis clásica.

A novela “Cambio en tres” (1969)

O TEATRO GALEGO ENTRE 1936 E 1975

A XERACIÓN DOS 50 E O GRUPO DE RIBADAVIA.

O teatro sufriu as consecuencias a súa pervivencia é posible grazas ao labor do exilio. Castelao estreou Os vellos non deben namorarse en Bos Aires. En Galicia, entre 1950 e 1965, escríbese un teatro máis pensado para ler que para representar, dirixido a unha minoría intelectual e coñecedora do teatro francés. Destaca Álvaro Cunqueiro coa súa obra O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958)

Ricardo Carballo Calero: publica en 1971 “Catro pezas”, contén a coñecida ”Farsa das zocas”: obra en dous actos que mostra ao espectador uns personaxes galegos universais e un enredo sobre unha herdanza.

Tamén nesta época publican obras teatrais algúns dos membros da Xeración dos 50 como Manuel María.

A mediados dos sesenta a mellora da situación social e económica propicia unha certa actividade teatral, este xénero o menos cultivado da literatura galega. No 1965 xorde o grupo teatral O Facho, dirixido por Manuel Lourenzo, fundador do primeiro grupo independente.

“Mostras de Teatro de Ribadavia”, iniciadas no 1973 e que continuarán ata 1980

Algúns dos autores vinculados a esta iniciativa son:

  • Euloxio Rodríguez Ruibal: autor de teatro experimental que comezou escribindo obras influídas pola técnica cinematográfica comprometidas coa realidade social e política do país. Nunha segunda etapa ten textos máis cómicos e satíricos sobre a situación galega. Contribuiu ao teatro infantil.
  • Manuel Lourenzo, actor, director e autor teatral, é unha das figuras máis importantes e prolíficas dos últimos 40 anos do noso teatro. Dentro da súa extensísima obra podemos sinalar tres ciclos: mítico, histórico e experimental.
  • Roberto Vidal Bolaño foi tamén autor, actor e director. O seu teatro seguiu dous camiños diferentes: por un lado atopamos textos simbólicos con raíces populares e por outro textos máis complexos cunha visión pesimista da vida

Entradas relacionadas: