Literatura Galega da Posguerra: Autores, Xeracións e Obras Fundamentais

Otras lenguas extranjeras8 KB

A Xeración do 36 e a Poesía Social

Á xeración do 36 pertencen os autores que viviron os horrores da guerra e algúns xa tiñan obras publicadas antes dela. Autores destacados: Díaz Castro, Álvaro Cunqueiro, María Mariño e Pura Vázquez.

Especial mención merece Celso Emilio Ferreiro, que co seu libro Longa noite de pedra inaugura a poesía social da etapa franquista. Esta corrente déuse tamén na poesía española, mais non se detén só na crítica á opresión franquista, senón que nel trátanse tamén temas universais baixo a perspectiva socialista (lémbrese o poema ''Irmaus'').

A Promoción de Enlace

Á promoción de enlace pertencen aqueles autores nados entre os anos 20 e 30 e, polo tanto, os máis prexudicados polo sistema, porque a súa etapa de formación coincide cun tempo de especial miseria económica e intelectual. Son autodidactas que alimentan o seu afán cultural na xeración do 27 española. Autores: Luz Pozo Garza, Antón Tovar, Manuel Cuña Novás, entre outros.

A Xeración das Festas Minervais e a Escola da Tebra

A xeración das Festas Minervais, tamén chamados os «novos», protagonizaron o nacemento do nacionalismo galego con postulados marxistas. A maneira poética máis distintiva do inicio foi a chamada Escola da Tebra, caracterizada polo pesimismo existencial.

Cando continúa nos poetas de Brais Pinto a necesidade de substituír a dor persoal pola colectiva, nace a poesía social. Autores: Manuel María, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra, Avilés de Taramancos e Salvador García Bodaño. Tamén destaca a obra Pólvora e magnolias de X.L. Méndez Ferrín.

Autores Clave da Poesía

  • Uxío Novoneyra: Nace no Caurel e esta circunstancia vai determinar significativamente a súa obra. O seu libro Os Eidos é unha representación de si e das súas montañas nativas, facendo gran mención aos elementos da natureza.
  • Luis Pimentel: É difícil de encadrar a este autor nunha época concreta, xa que pola súa estética parece conveniente incluílo entre os autores de preguerra, aínda que o seu libro editado en vida (Triscos) data de 1950.

A Crónica da Guerra e a Prosa de Posguerra

A crónica da guerra e o tempo inmediatamente posterior atópase nos exiliados. Silvio Santiago ou Ramón Valenzuela presentan nas súas obras unha crónica realista cargada de elementos autobiográficos que tratan sobre o tema da guerra civil e os anos posteriores.

Son continuadores da prosa da Xeración Nós, coa novela publicada na Galicia da posguerra Xente na barreira ou Entre a vendima de castiñeira.

Tendencias Narrativas

  • A imaxinación como fuxida: Representada pola obra de Álvaro Cunqueiro, trátase dunha evasión que mestura audazmente o tema mítico de orixe árabe, greco-latino ou nórdico con recursos provenientes do mundo popular.
  • A indagación do conto popular: Esta liña estaría definida polos libros de Ánxel Fole: A lus do candil e Terra brava. Trátase dunha obra na que o conto popular centra o primeiro plano da actividade narradora. Pódense clasificar como contos de medo ou de suspense; os temas fundamentais da súa narrativa son: contos de lobos, contos de aparecidos e soños como premonicións de morte, etc.
  • A obra de Eduardo Blanco Amor: Representa unha ponte entre as tendencias enumeradas anteriormente e a nova narrativa galega. A publicación en 1959 en Bos Aires de A esmorga constitúe a entrada definitiva da novelística galega no eido da narrativa moderna. A obra supón unha novidade e é unha das novelas emblemáticas da nosa literatura. Aporta outras dúas obras: Os biosbardos e Xente ao lonxe.
  • Xosé Neira Vilas: É un escritor diferente a todos porque estivo moito tempo emigrado en Cuba. Utiliza unha técnica tradicional e ten un marcado carácter social. O seu libro Memorias dun neno labrego foi un dos máis lidos de todos os tempos.

A Nova Narrativa Galega (NNG)

A NNG transcorre entre 1950 e 1960. É un movemento de renovación formal e temática da narrativa en galego que supuxo o emprego de xeitos de narrar modernos inspirados nos autores e movementos literarios internacionais.

Os autores están ligados á ideoloxía nacionalista, comparten actividades e canles de expresión con outros autores dos anos 50.

Características das Obras

  • Narrador en 1ª persoa.
  • Personaxes antihéroes.
  • Espazo indeterminado e intanxible.
  • Temática existencialista, ambiente onírico e visión pesimista e desesperada da realidade franquista.

Autores e Obras da NNG

  • Gonzalo R. Mourullo: Nasce unha árbore, Memoria de Tains.
  • X.L. Méndez Ferrín: Ten 3 tipos de contidos:
    • Nova Narrativa Galega: O crepúsculo e as formigas, Arrabaldo do norte.
    • Socioopolíticos: Bretaña esmeraldina, No ventre do silencio.
    • Literatura fantástica: Amor de Artur, Arraianos.
    As principais características das obras de Ferrin son: a relación entre realidade e fantasía, a reconstrución dun pasado mítico e a intertextualidade.
  • Carlos Casares: Foi director da Ed. Galaxia e presidente do Consello da Cultura Galega. Obras: Vento ferido, Ilustrísema...
  • Camilo Gonsar: Lonxe de nos e dentro, como calquer outro dia.

A Literatura do Exilio (1936-1950)

Narrativa

  • Castelao: Referencia inevitable do galeguismo en América e na propia terra. Escritor da Xeración Nós. Labor político no exilio: funda en Barcelona a revista Nova Galiza, viaxa por Europa e diversos países de América espallando o seu ideario político. En Bos Aires desenvolve unha intensa actividade política e cultural ata a súa morte.
  • Eduardo Blanco Amor: Outro importantísimo escritor que desenvolve parte da súa actividade literaria neste contexto de exilio. Emigrou a Bos Aires antes da guerra e converteuse nun afanado colaborador das actividades dos exiliados. A súa novela A esmorga constitúe unha das novelas máis singulares da nosa literatura.
  • Ramón Valenzuela: Foi militante do Partido Galeguista e colaborador do Seminario de Estudos Galegos. Trala guerra foi condenado a morte e, cando lle conmutaron a pena, exiliouse a Bos Aires.
  • Silvio Santiago: Foxe a Portugal a raíz da guerra ata que consegue chegar a Venezuela, onde transcorre o seu prolongado desterro.

Poesía

  • Luis Seoane: Nado en Bos Aires, exiliouse ao comezar a guerra á terra que o viu nacer. Home polifacético, escribiu tres libros de poemas que teñen como tema central a emigración e o exilio. Desempeñou un gran papel no campo editorial e cultural, sendo director de Galicia Emigrante.
  • Emilio Pita: Tampouco se pode considerar un exiliado estrito xa que emigrou de neno á Arxentina. Ten unha importante obra de literatura infantil.
  • Lorenzo Varela: Naceu na Habana, posteriormente vén a Galicia e logo exíliase, comezando a súa produción literaria en galego.

Teatro

O teatro xogou un importantísimo papel nas actividades de exilio. É de destacar a estrea en Bos Aires de Os vellos non deben namorarse, representada pola compaña Varela Buxán, un dos directores de maior éxito na Arxentina.

Descargar

PDF Word HTML