Literatura Galega: Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal e Gramática
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,53 KB
Manuel Curros Enríquez
Biografía
Naceu en Celanova, onde pasou a infancia, ata que os conflitos co seu pai provocaron que fose a vivir a Madrid, alí remata o bacharelato e comeza a carreira de Dereito, que non acabou.
A súa profesión era o xornalismo.
No ano 1877 publica Aires da miña terra e en 1888 publicou O divino sainete.
Emigra a Cuba, onde pasa os últimos anos da súa vida menos unha viaxe a Galicia.
Faleceu na Habana e foi enterrado na Coruña.
Obra
Publicou numerosos poemas en revistas, pero só deu ao público dúas obras:
- Aires da miña terra: Poemario de temática social, aínda que hai algúns poemas de temática costumista e intimista. Moitos destes poemas denuncian as inxustizas cara aos débeis e critican aos caciques e fidalgos. Tamén son importantes os poemas de ton anticlerical. Esta poesía de temática social comezada por Curros tivo como seguidores a Ramón Cabanillas e a Celso Emilio Ferreiro.
- Liña cívica ou social: Curros criaba que a literatura tiña que ter unha función social de compromiso co pobo galego, coa democracia e coas ideas progresistas. En motius destes poemas denuncian as inxustizas e opresións cara aos máis débeis (especialmente os labregos), e critica os caciques e fidalgos. Son tamén relevantes os poemas de ton anticlerical, publicados nunha época de grande influencia social da Igrexa católica.
- Liña costumista: Neles recréanse lendas, tradicións e tipos populares.
- Liña intimista: Son aqueles nos que se mostra a alegría polo nacemento dun fillo ou a dor pola morte da nai.
- O divino sainete: Poema narrativo de carácter satírico. Trátase dun longo poema narrativo de carácter burlesco que parodia a Divina Comedia de Dante Alighieri. Está protagonizado polo propio Curros, que con Francisco Añón realiza unha viaxe a Roma.
Eduardo Pondal
Biografía
Naceu en Ponteceso nunha familia acomodada fidalga.
De neno estudou cun parente cura e posteriormente desprazouse a Santiago para facer o bacharelato e a carreira de Medicina. Ao rematar a carreira exerceu como médico durante moi pouco tempo.
Regresou a casa materna, aínda que visitaba a Coruña.
En 1890 escribe o poema Os pinos.
Morreu na Coruña.
Obra
- Queixumes dos pinos: Poesía / Poemas épicos e líricos.
- Os Eoas: Poesía / Poema épico narrativo longo.
En 1861 publica A campana de Allóns, que se atopa no Álbum da Caridade. En 1877 publica Rumores de los pinos, a partir do cal publica Queixumes dos pinos.
En 2005 publicouse a versión definitiva da súa obra Os Eoas, na que estivo traballando toda a vida e que nunca viu publicada en vida.
Queixumes dos pinos
Obra con poemas de carácter épico e lírico na que destacan os seguintes elementos:
- O celtismo: Pondal defende a orixe celta de Galicia e propón construír coa súa obra unha épica céltica para o pobo galego. Tomou a toponimia da Costa da Morte para nomear antigos guerreiros gaelgos.
- A natureza: Pondal vía no panteísmo do pobo galego a principal herdanza dos celtas. Por iso, os elementos da natureza cobran maior protagonismo.
- A virilidade: Toda a obra pondalina está presidida por unha épica militar que enxalza o forte e o enérxico, o identificado co home, fronte ao débil personificado na muller. Isto fixo que os estudosos tivesen dúas opinións contrapostas sobre a poética de Pondal.
Os Eoas
Pondal traballou ao longo de toda a súa vida nesta obra, mais o seu perfeccionismo fixo que non fose publicada en vida do poeta. Trátase dun canto épico ao descubrimento de América.
Lingua e Estilo
Linguaxe moi coidada, estilizada, que refuga da lingua coloquial co emprego de numerosos cultismos.
Estivo moi preocupado por dignificar a lingua galega.
Adverbios e locucións adverbiais
De lugar e de tempo
- De lugar:
- Alén: Outro lado
- Aquén: Aquí
- Avante: De fronte
- U?: Onde
- Xalundes: Nalgún sitio
- A contramán: Sentido contrario
- A rente(s): Ao raso
- De tempo:
- Acotío / Decote / Decotío...: Continuamente
- Antano: Tempos pasados
- Arestora: Neste momento
- Arreo: Continuamente
- Asemade: Mesmo tempo
- Decontado: Rápido
- Hogano: Hoxe en día
- Noutrora: Noutro momento
- Trasantonte: Día antes de antonte
- Xacando: Noutro tempo
- De raro en raro: Moi de vez en cando
De cantidade, precisión, modo e afirmación
- De cantidade e precisión:
- Malamente: Pouco
- Talmente: Igual
- De modo:
- Asemade: Igualmente
- Devagar: Con lentitude
- Engorde: Con lentitude
- Paseniño: Maneira continua pero lenta
- A eito: En fila
- A escape: Rápido
- Á mantenta: A propósito
- Ás toas: Ao tolo
- De balde: Gratis
- En balde: Inutilmente
- De afirmación:
- Abofé: Con certeza
- Xaora: Claro, por suposto
Preposicións e locucións prepositivas
- Agás / Bardante / Excepto / Quitando / Sacando / Sacado: Excepto
- Após: Despois
- Conforme / Segundo / Consonte: Conforme
- Dende / Desde: Dende
- Perante: Diante de (persoa)
- Ata / Até: Ata
- Deica: Dende (Ex: Fun deica Santiago)
- Malia: A pesar