Literatura galega na posguerra: narrativa, ensaio e teatro

Otras lenguas extranjeras5,53 KB

Literatura galega na posguerra: narrativa, ensaio e teatro

Liñas temáticas

A partir de 1951, coa publicación da novela A barreira de Carballo Calero, e grazas á labor da editorial Galaxia, prodúcese unha lenta consolidación da narrativa galega. Destacan:

  • Continuadores da tradición narrativa do Grupo Nós, en especial a temática da decadencia da fidalguía, tratada por Pedrayo en 1957 con Entre a vendima e a castañeira e en 1960 con O señorito da Reboreira.
  • Realismo popular, que ten como obra fundamental A lus do candil de Anxel Fole. As características desta corrente son o dialectalismo e a sinxeleza argumental.
  • Realismo fantástico, representado por Cunqueiro, que mestura elementos culturalistas e populares, realidade cotiá e fantasía desbordada en obras como Merlín e familia, As crónicas do sanchantre e Si o vello Sinbad volvese ás illas.
  • Realismo social, con Blanco Amor e A esmorga, e a narrativa de Xosé Neira Vilas, que aborda o mundo da aldea galega na posguerra en Memorias dun neno labrego e a emigración transoceánica dos continxentes galegos.
  • A nova narrativa galega, proxecto rupturista impulsado pola xeración dos 50, influída polos grandes renovadores da novela contemporánea. Promove o experimentalismo formal e a ambientación urbana, e rexeita o folclorismo temático e o realismo vulgar.

Anxel Fole

Lugo, a lus do candil: historias contadas por distintos personaxes en longas noites invernais, mentres fóra neva e arden os rachóns de carballo na cheminea. O carácter etnográfico da obra vese reforzado pola detallada descrición da xeografía da Courel e pola inclusión nos relatos dunha serie de anotacións antropolóxicas e lingüísticas.

Terra brava. Contos de Solaina preséntanos as terras do interior. Os contos queren demostrar a desintegración da cultura popular por mor da mentalidade científica.

Contos da néboa é un conxunto de dezaoito narracións breves de tipo humorístico e ambientación urbana, onde permanecen os misterios e interrogantes da mentalidade rural. Este mesmo mundo é explorado en Historias que ninguén cre, volume que completa a súa obra narrativa.

Realismo fantástico na obra de Cunqueiro

A súa obra inclúe 3 novelas e 3 libros de relatos. Hai unha serie de trazos que converten a Cunqueiro no escritor galego máis persoal:

  • Tendencia á disgregación da novela: as novelas constrúense mediante a acumulación de relatos argumentalmente inconexos; cada relato é un universo autónomo cos seus personaxes.
  • Personaxes tomados da tradición literaria e mitolóxica, pero desacralizados, en proceso de degradación heroica.
  • Predominancia da oralidade no seu estilo; o modelo hai que buscalo no conto de tradición oral.
  • Eliminación de fronteiras entre realidade e fantasía lúdica: as criaturas de ficción pasan ao lado da xente do común e comparten con elas vivencias e traballos; os seres máxicos humanízanse e elévanse á categoría de mito, converténdose en personaxes correntes.
  • Humor e poeticidade.

Merlín e familia é o exemplo máis claro de disgregación da novela. O personaxe central, o mago Merlín, instálase con dona Xenebra nun ambiente galego de Mondoñedo; Felipe de Amancia, criado de Merlín, lembra xa vello as súas aventuras na casa do mago e as historias que alí escoitou.

As crónicas do sanchantre narra as aventuras que vive o sancristán da catedral de Pontivy cando se dirixe a Quelven para tocar nun enterro. Na carroza que o vén recoller atopa cinco personaxes de ultratumba, que narran as circunstancias das súas mortes. O ambiente evócase na Bretaña descrita, na que se pode ver a imaxe de Galiza.

Si o vello Sinbad volvese ás illas é a novela máis próxima aos trazos do xénero novela. Narra a última aventura do vello mariñeiro das Mil e unha noites, que intenta recobrar o creto que van perdendo as historias fabulosas. O tema que nos presenta é o efecto destrutor do tempo, que vence as ilusións e fai naufragar os soños; por iso os personaxes acaban deliberadamente nun mundo fantástico tecido de lembranzas, onde a memoria é o único espazo a salvo do tempo.

Cunqueiro deixou, por último, tres libros de semblanzas: Xente de aquí e de alá, Escola de menciñeiros e Os outros dedicantes, que retratan seres populares tocados polo extraordinario, facendo un gran mosaico da Galiza popular que o autor sente en trance de desaparición.

Descargar

PDF Word HTML