Literatura Galega dos Séculos XV ao XVIII: Tradición Popular, Cultura Culta e a Lingua nos Séculos Escuros
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,77 KB
A literatura dos séculos XV a XVIII
A literatura nos séculos XVI-XVII
Durante estes séculos, a lingua galega, ante as presións da lingua castelá, perde o seu anterior prestixio e vese relegada ao ámbito oral e familiar. Ante esta situación, a literatura popular gozará dunha gran vitalidade, mentres que a literatura culta galega enmudece e vese privada dunha continuidade. Porén, conservamos algunhas mostras literarias.
1. Literatura popular
- Cantigas populares de tradición oral (cantigas de berce, cantigas de reis, coplas de maios, …).
- Contos e lendas.
- Teatro: representacións teatrais relacionadas co Entroido.
2. Literatura culta
a) Poesía
Entre outras composicións destacamos:
- Romances ou coplas sobre feitos históricos e sociais que causaron un grande impacto na sociedade do momento (o «Pranto da Frouseira», sobre a execución do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo, ou o «Saqueo de Cangas polos turcos», sobre a crueldade dos piratas turcos que destruíron a localidade de Cangas do Morrazo).
- Sonetos á raíña Dona Margarida de Austria, con motivo da súa morte.
- Poemas das festas poéticas, organizadas pola Universidade compostelá, en honor do seu fundador, chamadas Festas Minervais.
- Vilancicos de Nadal. Presentan unha galeguización do Nadal e cántanse nas catedrais de toda a Península.
Prosa
- Contos e lendas populares de tradición oral.
- Un texto en prosa (Relazón da carta xecutoria) que narra a decapitación de Pardo de Cela, indicando os traidores do mariscal.
Teatro
- A primeira obra teatral de autor coñecido: Entremés famoso sobre a pesca no río Miño.
A literatura no século XVIII
Aínda que os ilustrados galegos escribiron a maior parte das súas obras en castelán, traballaron para devolverlle o seu prestixio. Destacan:
- Martín Sarmiento (1695-1772). A súa obra máis representativa é Coloquio de 24 gallegos rústicos, composto por coplas co obxectivo principal de recoller vocabulario galego. Tamén traballa na elaboración dun dicionario.
- O Cura de Fruime. Foi autor de 24 poemas en galego, nos que fai unha loanza da nosa terra.
- Francisca de Isla e Losada (1734-1808). Alcumada «musa compostelá» ou «perla galega», foi unha muller intelixente e cunha gran formación, mais a situación das mulleres naquelas datas relegouna a un lugar secundario e ela mesma destruíu algúns dos seus escritos.
A situación da lingua nos Séculos Escuros
A etapa do galego medio abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII, e con ela dá comezo un período de decadencia para a nosa lingua. Galicia estará subordinada política e culturalmente a Castela, o que provocará:
- O castelán convértese nestes séculos na lingua da Administración, das clases privilexiadas (a nobreza que vén de Castela) e na lingua escrita e culta.
- O galego segue sendo o idioma maioritario entre a poboación galega, pero o seu uso queda relegado aos ámbitos orais e coloquiais das clases populares.
No século XVIII, coa chegada da Ilustración, un grupo de ilustrados denuncia a situación de marxinación e atraso que sofre Galicia e procuran a dignificación do idioma. Defenden o valor da nosa lingua para a cultura e inician os primeiros estudos lingüísticos sobre o galego. Tamén defenden que o castelán é unha lingua común co portugués e non un dialecto do castelán, e que debe ser usada na escola e na Igrexa. Destacan, entre outros, o Padre Feijóo e Frei Martín Sarmiento.