Literatura Galega e Vangardas: Manuel Antonio, Correntes, Variedades e Castelanismos

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 8,18 KB

Literatura Galega e Vangardas

Manuel Antonio

Manuel Antonio: Nado en Rianxo en 1900, é o poeta vangardista por excelencia. Desde novo entra en contacto co nacionalismo, mantendo relación cos intelectuais galegos. Fixou prácticas como piloto da mariña. A súa obra máis destacada é De catro en catro (único poemario publicado en vida do autor). Outras obras importantes son: Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e mais despois e Viladomar.

Busca a orixinalidade e a universalidade a través do galego, sendo partidario de que a arte é importante no rexurdimento de Galicia. Publica De catro en catro, froito dunha asimilación dos movementos de vangarda e do creacionismo que aparece na súa poesía coa superposición de imaxes. Non renega do eu poético, ás veces convertido nun "nos". Fai referencia ás 12 horas de garda dun mariñeiro a través de 19 poemas; presenta a obra coma unha especie de caderno de bitácoras onde anota as incidencias dunha viaxe exterior e interior (sendo o 1º poema Intenciós).

A presenza da paisaxe marítima é constante nesta obra, e o tempo tamén é unha idea corrente que transmite unha sensación de repetición xerada polos elementos naturais.

Características da súa obra

  • Introdución de elementos extrapoéticos.
  • Versos heterosílabos sen rima nin ritmo.
  • Ausencia de signos de puntuación.
  • Inexistencia dunha acción argumental tradicional.
  • Creación de imaxes lonxe da realidade convencional.

Correntes Fundamentais do Vangardismo

  • Hilozoísmo: Presenta a natureza como un ser animado. Cambia elementos da tradición como a temática paisaxística e os esquemas métricos. Describen unha paisaxe onde o ser humano desaparece entre os elementos inanimados, mesturando imaxes de carácter sensorial (imaxinismo). Destaca Luis Amado Carballo (ligado ás revistas Proel e O Galo).
  • Neotrobadorismo: Xorde da recuperación e difusión dos cancioneiros medievais. Utilización de numerosos elementos temáticos, formais e estilísticos que se mesturan coas imaxes e contidos da poesía de vangarda. Destacan Fermín Bouza-Brey (con Nao senlleira) e Álvaro Cunqueiro (con Cantiga nova que se chama riveira).
  • Creacionismo: Ruptura coa tradición literaria anterior. Non quixo seguir un movemento vangardista concreto, senón que os mesturou, centrándose na construción de imaxes puramente creadoras. O máximo expoñente é Manuel Antonio.

Narrativa e Técnicas

Características dos Relatos de Dieste

  • Importancia capital da técnica narrativa, mesturando recursos da literatura popular. Cada frase vai encarada cara ao final, presentando habitualmente un final aberto.
  • Implicación activa do lector como trazo modernista.
  • Mestura do cotián co extraordinario.
  • Universalización do popular galego: parte de situacións e personaxes que coinciden coa Galicia desa época, conseguindo transcender o ámbito estritamente galego.

Lingüística Galega

Variedades Internas da Linguaxe

  • Histórica: Variedade sincrónica e diacrónica; diferenzas da lingua na súa evolución ao longo do tempo.
  • Xeográfica: Variedade sintópica; variedades xeográficas dunha lingua con características comúns e homoxéneas.
  • Sociocultural: Variedade sinstrática; condicionada por cada unha das variantes socioculturais dunha comunidade lingüística.
  • Situacional: Variedade sinfásica; marcada por cada unha das variantes situacionais da lingua, que determinan diferentes niveis de estilo ou rexistro lingüístico.

Castelanismos

  • Fonéticos: Os menos abundantes.
  • Morfolóxicos: Xénero e número (ex. o arte, leite), demostrativos, ordinais, relativos, exclamativos, interrogativos e verbos (ex. conduxen).
  • Sintácticos: Colocación anteposta do pronome persoal (ex. o collín na casa), uso do reflexivo con CD expreso (ex. onte...), teísmo e lleísmo (ex. non te deu o libro, vínte no cine), ausencia de artigo cos posesivos, e uso da preposición "a" coas perífrases de ir + infinitivo (ex. vou a coller).
  • Léxicos: Os máis numerosos (ex. naranxa, conexo).

Diferencialismos e Vulgarismos

  • Hiperenxebrismo: O falante galego fai falsas relacións cultas entre os dous idiomas (ex. cencia en vez de ciencia).
  • Inventos: Creacións froito da imaxinación do falante fóra da norma (ex. televexo por televisión).
  • Arcaismos: Recuperación de vocabulario xa desuso ou desaparecido (ex. door por dor).
  • Vulgarismos: Fenómenos propios dun rexistro vulgar (ex. mare por mar).
  • Dialectismos: Fenómenos específicos da lingua oral local (ex. eiquí por aquí).

Comparativa das Variedades Dialectais

OccidentalCentralOriental
GheadaGheada (no occidente) / non gheada (no oriente)Non gheada
Seseo explosivo (costa) e implosivoNon seseoNon seseo
Metafonía nominalSen metafoníaSen metafonía
Alteración ditongo -ui / -oiDitongo -oi

Variacións como moito, muito, mutio, muto

Plural en -ns: cansPlural en -s: casPlural en -is: cais
Pronomes suxeito: ti / el

ti (occidente) / el
tu (oriente) / il

tu / il
Grupos qu- e gu- (cuatro, guardar)
Terminación en -ax: baxar

-inu: -in (vecín)
-ius: vecius / -ino: veciño

-anu: -an (masculino) / -an (feminino)

-anu: -ao (masculino) / -á (feminino)

-anu: -ao (masculino) / -á (feminino)

Terminación P5:
-des: cantades
-s: cantás
-is: cantais

Terminación P5:
-des: cantades

Terminación P5:
-is: cantais

2ª persoa pret. ind.: Colleche(s)2ª persoa pret. ind.: Colliches2ª persoa pret. ind.: colliches / colliste

Sociolingüística

Bilingüismo e Diglosia

Bilingüismo: Presenza de dous ou máis sistemas lingüísticos nunha mesma comunidade, medido segundo a competencia e o uso que os falantes fan deles.

Diglosia: Distribución social de dúas ou máis variedades lingüísticas nunha comunidade onde cada unha delas cumpre funcións estritamente diferenciadas e jerarquizadas.

En Galicia, tense historicamente unha situación de diglosia sen bilingüismo equilibrado, de xeito que os ámbitos sociais de uso para cada lingua son diferentes: o galego adoita contar cun menor prestixio mentres que o castelán resérvase para os usos formais.

Entradas relacionadas: