Literatura galega: vangardas, Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo e Castelao
Ramón Cabanillas
Na noite estrelecida: é a obra máis importante de Ramón Cabanillas e trata a materia de Bretaña. Divídese en 3 partes:
- A espada de Excalibur: Merlín atopa a espada e di que quen a saque será coroado como rei. Conségueo Artur.
- Os cabaleiros do Santo Grial: os cabaleiros reúnense na Táboa Redonda e deciden buscar o Santo Grial. Váino atopar Galahad.
- O sono de Artur: Artur queda nun sono e só vai espertar cando Galicia teña un futuro tan glorioso como o seu pasado.
O Bendito San Amaro: conta como un home comete un crime, cambia a súa vida volvéndose bo e convértese en santo.
As vangardas
Son movementos artísticos e culturais. Dentro das vangardas hai distintos ismos:
- Futurismo: defensa das máquinas e da tecnoloxía.
- Cubismo: divisións da realidade en formas xeométricas.
- Dadaísmo: protesta mediante o humor e a burla.
- Surrealismo: escrituras automáticas ou cadáveres exquisitos.
- Creacionismo: inova, non imita o mundo real nin transmite sentimentos e emprega a imaxe.
- Expresionismo: expresa a angustia mediante o que non nos gusta.
- Fauvismo: esaxera as cores.
Neotrobadorismo
É a imitación de cantigas medievais pero adaptadas á actualidade.
Fermín Bouza Brey
A súa principal obra é Nao senlleira, neste poemario imítase a Idade Media.
Álvaro Cunqueiro
É un escritor influído polo tema popular e un vangardista influído polo cubismo.
- Merlín e familia: trata a materia de Bretaña e temas cotidianos.
- As crónicas do Sochantre: un cóengo entra nunha carruaxe cos pantasmas.
- Realismo máxico: introduce fantasía e feitos aparentemente reais.
- Os outros feirantes
- Tesouros novos, vellos
Manuel Antonio
Participa no manifesto de Mais Alá, critica aos autores do Rexurdimento e aos galegos que escriben en castelán.
Os seus poemas son creacionistas, dan importancia á imaxe e son autónomos con respecto á realidade.
Ao principio os seus poemas tiñan rima e métrica, despois pasaron a ser vangardistas e máis tarde volveron a ter rima e sentimentos.
De catro en catro: trata sobre unha viaxe en barco onde só aparecen o poeta, o barco e o que o rodea. O barco significa viaxe, o mar significa soidade e o vento das velas significa o paso do tempo.
Vicente Risco
Narrativa
- Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros: contén humor e ultratumba. Conta como Alveiros chega á tumba de Tutankamon e os esqueletos empezan a aplaudir; el pensa que eran castañolas e despois sácano en hombros como se fose un heroe.
- O lobo da xente: conta a historia dun lobishome e como vencelo.
- A trabe de ouro e a trabe de alcatrán: conta como as mouras intentan que collamos o seu peite de ouro. Se o collemos dannos a trabe de ouro e morremos nós e a nosa vila; pola contra, se non o collemos e superamos unha serie de probas que nos fan as mouras, dannos a trabe de ouro.
- Os europeos de Abrantes: describe Ourense da súa época e critica a personaxes sen nomealos.
- O porco de pé: conta a historia de Celidonio, que chega a ser alcalde. Risco critica a Celidonio a través da sátira.
Ensaio
- Teoría do nacionalismo galego: di que Galicia se define pola súa lingua, terra e raza.
- Nós, os inadaptados: conta como o grupo Nós está insatisfeito porque coñece moitas culturas e linguas, ata que se dá conta de que o que busca atópase en Galicia.
- Mitteleuropa: conta unha viaxe por Europa na que Risco se mostra contrario ao proceso, ao marxismo e mostra a súa admiración polo nazismo.
Teatro
- O bufón de el-rei: conta que o bufón, que representa o mal, delata a relación entre a raíña e un capitán. Despois vai contarllo ao capitán e alí descobre que era o seu irmán e suicídase.
Ramón Otero Pedrayo
Narrativa
- O purgatorio de don Ramiro: trata a ultratumba, ten lugar negro e aparece a fidalguía.
- Os camiños da vida: describe o descenso da fidalguía e o ascenso da burguesía. Divídese en 3 partes:
- Os señores da terra
- A maurazga
- O estudante
- Arredor de si: a narración preséntanos a Adrián, que fai unha viaxe para buscar a súa identidade. Vai acompañado dunha nobre, o que significa a decadencia da fidalguía, xa que ela non está orgullosa da cultura galega e gasta os cartos do pobo. Ao final Adrián decátase, co mapa de Fontán, de que o que buscaba atópase en Galicia.
- A romaría de Xelmírez: Xelmírez fai unha viaxe a Roma para pedir que Santiago sexa sede da cristiandade, transmitindo así a importancia de Galicia e que comparte a cultura europea.
- Fra Vermero: esta obra non está ambientada en Galicia e non hai ningún personaxe galego; o protagonista é Zacarías Wermer.
- Devalar: trata sobre a época de esperanza que supuxeron as Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e a democracia.
Ensaio
- Ensaio histórico da cultura galega: di que Galicia é de Europa e que a nosa cultura, grazas á cultura celta, romántica e barroca, tamén é europea. Tamén di que Galicia non se limita a copiar, senón que lle engade características propias.
- Peregrinaxe: conta a peregrinaxe que fai Otero a Santo André de Teixidó.
- Polos vieiros da saudade: describe a viaxe que fai a América para ver a Castelao e o seu contorno.
Teatro
- A lagarada: trata sobre a vendima mesturada co crime.
Castelao
Narrativa
- Un ollo de vidro, memorias dun esqueleto: conta a historia na que un esqueleto relata o que lle acontece nun cemiterio.
- Cousas: son 45 narracións nas que conta o drama da emigración, a pobreza dos labregos, as traxedias do mar, a soidade dos maiores, etc.
- Retrincos: son 5 relatos autobiográficos de Castelao.
- Os dous de sempre: trata sobre Pedriño (que ten unha boa vida e triunfa) e Rañolas (que é traballador, ten unha discapacidade e acaba suicidándose). Conta as dúas maneiras que teñen de enfrontar a vida.
Obra gráfica
- Cincuenta homes por dez reais: son 50 debuxos coa mesma técnica de Cousas, da vida e con textos. Foi traducido ao castelán, poñendo a atención no barato que resultan moitos homes.
- Álbum Nós: son 50 láminas nas que se mostra o sufrimento do pobo galego. Emprega un estilo sinxelo e expresivo.
- Milicianos: son 11 láminas nas que defende Galicia e homenaxea o valor e a xenerosidade dos soldados das milicias.
- Debuxos de negros: céntrase na realidade social americana. Son 12 láminas: 9 recollen cultura da música, outra unha muller e un meniño de rasgos orientais, e outra representa un vendedor de lotería.
- Cegos, os meus compañeiros: son 4 debuxos que expresan soidade e solidariedade.
- Un álbum de caricaturas: aparece Castelao tocando en distintas posicións diferentes instrumentos.
Ensaio
Castelao denuncia a emigración masiva e a dor de ver Galicia baleira, pero tamén defende a forza do galego fronte á emigración.
El defende Galicia como nación, lingua, identidade, cultura e historia propia.
- As cruces de pedra en Bretaña
- As cruces de pedra en Galicia
- Sempre en Galicia
- Diario
Teatro
Os vellos non deben namorarse: esta obra divídese en 3 actos:
- Primeiro acto: un ancián rico namórase dunha moza interesada; cando o ancián se dá conta, morre de pena.
- Segundo acto: un ancián pobre namórase dunha moza pobre e os prexuízos da sociedade fan que non se casen, o que provoca que o ancián morra desilusionado.
- Terceiro acto: un ancián xordo namórase dunha moza; ao ser rexeitado cruelmente, morre por desesperación.
A obra remata cos anciáns como fantasmas reflexionando sobre o ocorrido.
Conceptos de sociolingüística
- Monolingüismo: só se emprega unha lingua nun territorio.
- Plurilingüismo: empréganse varias linguas nun territorio.
- Lingua maioritaria: é a lingua que máis se fala nun territorio.
- Lingua minorizada: é a lingua discriminada nun territorio.
- Conflito lingüístico: é cando unha lingua intenta substituír a outra nun territorio.
- Substitución lingüística: é cando se deixa de falar unha lingua para falar outra nun territorio.
- Normalización lingüística: é o proceso que busca normalizar unha lingua en todos os ámbitos.
- Planificación lingüística: son as medidas que se toman para acadar a normalización.