Literatura e Lingua Galega: Unha Viaxe por Autores Clave e Fenómenos Lingüísticos
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 7,37 KB
A Novela Negra Galega: O Legado de Carlos Reigosa
A obra Crime en Compostela, de Carlos Reigosa, foi publicada en 1984. Nesa década, a narrativa galega, ao tempo que continúa con temáticas xa existentes, ábrese a unha gran variedade de subxéneros que até entón non foran abordados na literatura galega, como a novela urbana de natureza experimental, a ficción científica, a novela política ou a narrativa erótica. Un destes subxéneros, un dos que tivo un maior seguimento e éxito até a actualidade, foi o da novela negra ou policial.
Crime en Compostela é a novela que inicia esta temática. Obtivo un extraordinario éxito comercial e constituíuse na pioneira dun subxénero que contaría posteriormente con moitos e importantes continuadores, entre os que destacan Aníbal Malvar, Diego Ameixeiras, Domingo Villar ou Miguel Anxo Fernández. Ao mesmo tempo, contribuíu a espallar un tipo de literatura de fácil acceso ao gran público, ampliando de maneira significativa o sector de lectores de literatura galega.
Carlos Reigosa é tamén autor de obras como O Misterio do Barco Perdido, Pepa a Loba ou Os Outros Disparos de Billy, nos que aborda outras temáticas innovadoras deste período: a novela histórica e o wéstern.
Estilo Literario de Reigosa
A nivel de expresión literaria, o fragmento caracterízase pola súa prosa simple e accesible. A sintaxe é sinxela e o vocabulario é o propio da linguaxe informal, con escasos artificios retóricos. O diálogo, que ocupa unha parte esencial da narración, reproduce a fala natural do día a día, nun intento de dar realismo e verosimilitude aos personaxes. Estas características son propias deste tipo de literatura de fácil consumo, pensada para o entretemento de todo tipo de lectores/as.
Roberto Vidal Bolaño: Un Pilar do Teatro Galego
Roberto Vidal Bolaño é un dos autores máis importantes do teatro galego de finais do século XX e inicios do XXI, até o punto de que no ano 2013 se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Forma parte do denominado grupo Abrente ou grupo de Ribadavia, formado por autores que teñen unha destacada participación na Mostra de Teatro de Ribadavia e que son galardoados co premio Abrente de textos dramáticos.
O Grupo Abrente e as súas Contribucións
O grupo está integrado tamén por Manuel Lourenzo (Romaría ás Covas do Demo), Euloxio R. Ruibal (Zardigot) e Francisco Taxes (O Velorio). Todos eles presentan características comúns:
- Impulsan a profesionalización do sector.
- Crean un teatro comprometido coa realidade social e política do país.
- Exploran novas formas estéticas e actualizan as vellas.
- Incorporan á dramaturxia galega os logros da dramaturxia europea contemporánea, servindo tamén de modelo para as xeracións posteriores.
Vidal Bolaño comeza a súa actividade teatral no marco do denominado teatro independente ou afeccionado, como actor e director do grupo Antroido. Desempeñará un papel decisivo na transformación dese teatro afeccionado cara a un modelo de teatro profesional, liderando grupos como Teatro do Estaribel e Teatro do Aquí.
Temáticas e Obras Destacadas de Vidal Bolaño
Por outro lado, consolídase como o máis importante autor de textos dramáticos da súa época. Neles mostra unha gran dose de crítica contra os abusos do poder, da Igrexa e da sociedade de consumo e realiza unha defensa radical da liberdade de pensamento. No texto, pódense observar algunhas destas características na intervención do barbeiro quen, representando a visión do pobo concienciado, maniféstase en favor dunha sociedade libre na que os campesiños non vivan explotados polos donos das terras, que os levan á miseria cunas rendas abusivas. Mais, sobre todo, móstrase o anticlericalismo do autor, a través deste personaxe que critica os métodos do impropio para os tempos que corren. A crítica á xerarquía católica e o cuestionamento que se realiza na obra da veracidade dos restos do apóstolo Santiago que xacen na catedral provocou que As Actas Escuras tivese grandes atrancos para ser publicada.
Algunhas das súas obras máis importantes de Vidal Bolaño son Laudamuco, Señor de Ningures, Agasallo de Sombras, Saxo Tenor, Días sen Gloria e As Actas Escuras.
Fenómenos Lingüísticos do Galego
Variedades Fonéticas e Morfolóxicas
- Tipos de Seseo:
- O seseo que se observa na palabra naris (ao lado de necesidade) denomínase seseo implosivo. Consiste na substitución do fonema interdental /θ/ polo fonema alveolar /s/ unicamente en posición final de sílaba. Obsérvase nunha franxa do interior das provincias da Coruña e Pontevedra.
- O seseo total prodúcese no territorio costeiro occidental desas mesmas provincias, aínda que na da Coruña penetra bastante cara ao interior, até preto de Santiago de Compostela.
- A Gheada: A gheada abarca aproximadamente as dúas terceiras partes do territorio lingüístico galego, entre a costa occidental e as cidades de Lugo e Ourense.
- O Pronome "Tu": O pronome tu é propio da metade oriental de Galicia, ocupando a maior parte das provincias de Ourense e Lugo e todo o galego exterior.
- Plurais Anómalos: Os plurais tipo camiois son propios das zonas máis orientais de Galicia (bloque oriental) e están tamén presentes no galego exterior.
- Formas Castelanizadas: As formas cuando ou cuatro obsérvanse fundamentalmente no bloque oriental no sur da provincia de Ourense e nalgunha zona do sur da provincia de Pontevedra.
Exemplos de Fenómenos Lingüísticos
- a) concelleiro (léxico, con adaptación fonolóxica), o mal costume (morfolóxico), rúa (léxico), cinza / cinsa (léxico), cabicha (léxico), chan (léxico).
- b) marchou (ortográfico), Nova (léxico), la (morfolóxico), ía gañar (sintáctico), lonxe (léxico con adaptación fonolóxica).
- c) Paréceme (sintáctico), es (morfolóxico), proxecto (fonolóxico), quen (morfolóxico), che (sintáctico).
Fragmento Narrativo: A Viaxe do Doutor Da Barca
O fragmento sitúase no traslado en tren do doutor Da Barca até Vigo para ser posteriormente ingresado no penal da illa de San Simón. Na estación de Monforte, sobe ao tren Marisa Mallo, a súa muller. O sarxento que custodia o preso permítelles que pasen o resto da viaxe xuntos. Mais Da Barca dedícase a maior parte do tempo a falar co sarxento, perante a perplexidade de Herbal e o lóxico desconsolo de Marisa. En realidade, o doutor está subornando o sarxento para que lle permita pasar a noite coa muller nun hotel de Vigo.