Literatura Medieval Galega: Decadencia da Lírica, Prosa e Teatro

Otras lenguas extranjeras5,23 KB

Decadencia da Lírica

  • Prestixio da corte de Castela e do castelán
  • Guerras sucesorias:
    • Henrique de Trastámara vs. Pedro I
    • Isabel a Católica vs. Xoana a Beltranexa
  • Substitución da nobreza galega
  • Novos modelos poéticos (dende Italia)
  • Novas estruturas sociais mais novas temáticas
  • 1325: Morte de Don Dinís de Portugal
  • 1354: Morte do conde de Barcelos, último mecenas

Características da Transición

  • Proceso lento ata fins do século XIV e comezos do XV
  • Cancioneiro de Baena (600 poemas, dos cales 74 son en galego)
  • Escola Galego-Castelá
  • Macías o Namorado, Arcediago de Toro, Gómez Manrique

Prosa Medieval

Escasa e tardía (primeiros textos literarios en prosa a fins do século XIII ou comezos do XIV).

Menos orixinal que a lírica: conxunto de textos que son versións ou traducións de obras escritas noutras linguas.

Prosa literaria e non literaria.

Evidencia de que o galego se empregaba en todas as funcións sociais.

Prosa Non Literaria

  • Textos Xurídicos: Traducións ao galego de obras de Afonso X, escritos notariais, regulamentos, foros particulares, etc.
  • Textos Científico-Técnicos: Tratado de Albeitaría (tradución dunha obra latina sobre a cría e enfermidades de cabalos, sendo unha das poucas mostras en galego medieval).

Prosa Literaria: Escaseza

  • O galego estaba fortemente asociado á lírica.
  • A prosa funcionaba como ferramenta de poder político: os reis promovían crónicas dos seus reinados (reis de Castela e Portugal). Ao quedar Galicia dentro da coroa de Castela, o galego non chegou a constituírse como lingua do Estado.
  • Revoltas medievais que provocaron a desaparición de arquivos, queimas e derrubas.

Teatro Medieval

  • Non se conserva ningún texto dramático medieval escrito en galego.
  • No entanto, hai indicios de celebracións litúrxicas e noticias sobre recitados por parte de xograres con acompañamento musical e danza que fan pensar nun espectáculo de perfil teatral.

Textos e Temática

1. Prosa de Ficción

Ciclo Artúrico ou Materia de Bretaña

Fazañas do Rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda na procura do Santo Grial (orixe baseada en lendas célticas, temas do amor cortés e cristianismo). A maior parte das obras deste ciclo son versións ou traducións de textos franceses (Vulgata) que desenvolven tres lendas:

  • Lenda do Santo Grial (ou Graal): Primeiro, caldeiro máxico dos druídas celtas e despois cáliz empregado por Xesús na Derradeira Cea. Tres obras recollen esta lenda: Libro de Xosé de Arimatea (narra a orixe e significado da copa sagrada e o seu traslado dende Xerusalén a Bretaña), Demanda do Santo Graal (aventuras dos cabaleiros da Táboa Redonda na súa procura) e Libro de Merlín (encantamentos e profecías do mago anunciando novos tempos).
  • Lenda do Rei Artur: Gran rei esperado polo seu pobo para conquistar un futuro glorioso.
  • Lenda de Tristán e Iseo (Isolda): Os amores tráxicos dos amantes máis famosos da Idade Media.

Ciclo Clásico ou Troiano

Lendas sobre a guerra e destrución de Troia polos gregos e o destino dalgúns heroes que participaron nesa contenda. Consérvanse dúas traducións ao galego a partir do Roman de Troie francés: Crónica troiana e Historia troiana.

2. Prosa Haxiográfica

Milagres ou Prodixios Realizados por un Santo

  • Milagres de Santiago (finais do século XIV e comezos do XV). Tradución parcial dunha obra anterior escrita en latín (sendo unha das versións máis completas a do século XII, o Códice Calixtino, conservado en Santiago de Compostela).
  • Sermóns, milagres realizados polo Apóstolo, a translación dos seus restos ata Compostela, relatos da conquista de España por Carlomagno, guía de peregrinos dende Francia e descrición de Santiago de Compostela e da súa catedral.

3. Prosa Historiográfica

Relatos Históricos e Crónicas

  • Elementos lendarios e fantásticos.
  • Promovidos dende as cortes.
  • Carácter propagandístico.
  • Crónica Xeral Galega: Tradución ao galego da Crónica General de Afonso X e da Crónica de Castilla.
  • Crónica de 1404: Historia peninsular dende o principio dos tempos ata Henrique III (baseada na Crónica Xeral Galega).
  • Crónica de Santa María de Iria: Tradución ao galego de dous textos latinos: o Cronicón iriense e a Historia Compostellana.
  • General estoria: Versión galega da obra de Afonso X (aparición do home e reinado do monarca).
  • Libro de liñaxes: Referencia á xenealoxía das principais familias nobres de Portugal. Nun dos catro libros, inclúense referencias a trobadores e personalidades galegas, así como a lendas de gran valor.

Descargar

PDF Word HTML