Metafísica: A Natureza e o Sentido da Vida

Enviado por isafb1805 y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 16,25 KB

Que é a metafísica?

A palavra metafísica procede do grego metámáis alá” e phýsisnatureza”, así pois, significa “máis alá da natureza”. Vulgarmente, refírese a un coñecemento moi difícil ou abstrato, ou para aludir a algo raro que está ao alcance de poucos. É unha das disciplinas que forman parte da filosofía teórica.

Características

É un saber universal porque non se ocupa dun aspecto concreto da realidade. A metafísica ocúpase  de todo o que hai, de todos os seres ou mellor, do ser en canto ser.

É un saber que vai máis alá das causas. Pretende investigar os primeiros principios que proporcionan unha explicación de todo o real. Intenta descubrir causas transcendentes, é dicir, aspira a coñecer a verdade última sobre toda a realidade.

É un saber orientativo porque significa o esforzo intelectual de moitas persoas para saber a que aterse. O coñecemento da verdade última contribúe a que se sitúen no mundo de maneira que sexan capaces de alcanzar a felicidade.

A metafísica como saber acerca da natureza

Que é a natureza?
1. A forma de ser de algo ou alguén. Referíndose á súa esencia.
2. Conxunto de seres e fenómenos non fabricados polo ser humano. Neste sentido, é todo canto sucede e existe de forma espontánea

Seres naturais e artificiais

Aristóteles expuxo que a natureza é un principio do movemento e do repouso que posúen os seres “naturais”. Quería dicir que os seres que teñen natureza posúen una dinámica interna que os fai cambiar. Tipos de cambios:

Locais: cambios de lugar producidos pola natureza (aves)
Cuantitativos:  cambios de cantidade que se producen de forma natural (crece a árbore)
Cualitativos: adquiren esa cualidade ou sofren alteracións debido á natureza (ferro oxidado)

Pola contra, os seres artificiais non posúen esa dinámica interna, os cambios veñen desde fora deles. A diferenza entre ambos non é de todo clara. Por exemplo; para que unha laranxeira produza laranxas, realízaselle un enxerto, que non ocorre naturalmente. (cans de caza)

Natureza oposta á cultura

Significados de “cultura”: 1Fai referencia ós coñecementos e estudos dunha persoa 2É a forma de vida dun pobo (crenzas, normas, costumes... que caracterizan a un grupo) 3É o conxunto de coñecementos e prácticas que os humanos transmiten de xeración en xeración, formando a herencia social da humanidade. Natureza ≠ cultura: NATUREZA:  Nas persoas, é todo aquelo relacionado coas súas cualidades innatas. Estas son naturais porque son transmitidas a través dos xenes (cor de ollos, pel). // Cando algo pertence á natureza humana considérase universal. Algúns pensan que é algo constante en todos os individuos, en cada persoa hai unhas características comúns aos demais. // Os seres humanos posúen de forma espontánea as súas cualidades. (optimista, graciosa) CULTURA: É todo aquelo que os ser humano aprende ao longo da súa vida (costumes alimenticias, instrumentos para comer). // A cultura fai referencia a algo particular, pertencente a un grupo concreto. Un nepalí ou un masái diferéncianse pola súa forma particular de vida. // Os rasgos culturais son construídos socialmente. Poden modificarse de forma voluntaria e consciente, aínda que o proceso sexa lento.  Esta contraposición ten limitacións: 1 Os rasgos naturais son universais, pero poden darse excepcións (nacen individuos separados, exc. siameses). 2 A cultura tamén se pode entender como complementaria á natureza, aumentando as posibilidades naturais (golpeamos coas mans, pero o martelo é eficiente).

Natureza fronte á sociedade

Rousseau defendeu que a cultura se opón á natureza. Os seres humanos nacen bos; sen embargo, formar comunidades, establecer a propiedade privade e progresar en ciencias, arte e técnicas, corrompéronnos. A cultura e a sociedade ocultan a bondade natural, por eso, propuxo  unha volta á natureza, para vivir de forma máis natural e menos artificiosa.

Natureza fronte á técnica

M. Heidegger entendeu que a forma de pensar actual é a técnica. O home ten unha forma técnica de considerar todo o que o rodea. Hasta o punto de tratar á natureza como se só fose unha fonte de recursos.

Orixes e finalidade da natureza

O universo é a totalidade da realidade, universo é todo canto hai. A natureza, en cambio, é unha parte do universo.

ORIXE DO UNIVERSO: É eterno, non tivo orixe nin terá fin. – Aristóteles, F.Hoyle // Ten unha orixe, houbo un tempo no que non existiu e comezou a partir dun  momento:Teoría do big bang. Explicación científica máis coñecida. Sostén que se xerou a partir dunha gran explosión. Algúns advirten que o big bang puido ser só o comezo dun ciclo expansivo do universo (contracción-explosión···). // Explicacións relixiosas. Dios ou un ser superior foi a causa de todo canto hai. Algunhas son complementarias á ciencia, outras non a aceptan.// etafísica e a filosofía, tendo en conta a ciencia, plantéxanse cuestións para as que non hai, de momento, reposta científica. Encontramos un enigma para o que só hai interpretacións.

FINALIDADE: Ten unha finalidade. As respostas denomínanse “finalistas”. Os defensores desta argumentan que: a observación confirma que calquera ser do universo ten unha finalidade. Dous tipos: Finalidade inmanente, é dicir, interna ao universo (finalidade de perpetuarse, seguir existindo) – Aristóteles. // Finalidade transcendente, é dicir, vai máis alá do universo. Cristianismo, xudaísmo e islam. – Agustín de Hipona.  // Non ten unha finalidade. Todo canto hai e todo o que sucede ocorre cegamente

Hai orde no universo?

Cosmos”, actualmente sinónimo de universo, provén do grego kósmosorde” ≠ cháosdesorde”.

Orde e determinismo

Moitos defenden que a natureza e o universo están ordenados, é dicir, son un kósmos. Esto implica que as leis que gobernan o universo ou “leis naturais” producen o orde. Esta postura se se esaxera dá lugar a 2 afirmacións:

Negar a existencia de liberdade, posto que todo sucede segundo leis sen excepcións. É a afirmación do determinismo. // Soster que é posible predicir os fenómenos que se van a producir, baseándose no coñecemento das leis que os regulan.

Determinismo. O universo comportase coma unha máquina que obedece a leis que rexen todo o que vai a pasar (inmenso reloxo). Kant deu unha formulación filosófica á defensa da liberdade: naquilo que depende da natureza, as persoas están determinadas por leis, pero no seu obrar descóbrese que teñen vontade autónoma.

Teoría do caos

A comparación entre universo e un reloxo foi refutada pola teoría do caos. Ao expresar matematicamente a relación entre a causa e o efecto nun fenómeno, o resultado é inesperado. Habitualmente, as variacións na causa producen variacións proporcionais no efecto. Cando Lorenz aplicou modelos matemáticos á predición meteorolóxica, observou que pequenas variacións na causa traían enormes diferencias nos efectos. Esto coñécese como efecto bolboreta: unha bolboreta aletea en Pekín, dando lugar a unha corrente de aire que provoca un tornado en Nova York. Quere dicir que non é posible predicir fenómenos, porque non hai proporcionalidade entre a situación inicial e os efectos a largo prazo.

Indeterminismo: o azar forma parte do universo, pois os fenómenos estables son excepcionais. A maioría dos sistemas son inestables, o universo non está gobernado por leis inmutables. Pódese predicir unha eclipse con precisión, pero non se pode predicir o clima, porque non é estable.

O posto do ser humano no universo

Os seres humanos consideráronse o centro do universo, ata que se produciu un descentramento, marcado por: 1 A terra non é o cento do universo – Copérnico, Galileo e Kepler. 2 O Sol está nun dos brazos da espiral da Vía Láctea – Herschel. 3 O ser humano non ocupa un lugar especial, pois sufriu os mesmos procesos evolutivos que os demais seres – Darwin. Por eso, necesita preguntarse sobre o lugar que lle corresponde, é equivalente a cuestionar o sentido da existencia.

Que é o sentido?  Significados de “sentido”: 1En linguaxe ordinario, sentido del humor 2Cosa o fenómeno que se pode percibir ou estudar cientificamente.

Tres acepcións do “sentido”: FINALIDADE: Ten sentido todo o que persigue una finalidade. Unha acción que axuda ao fin, é unha acción sen sentido.//  Ten sentido os medios que axudar a lograr o fin. SIGNIFICADO: Ten sentido o que pode ser expresado mediante linguaxe, signos e símbolos que o forman. // A existencia e o universo teñen sentido cando poden expresarse mediante linguaxe e que outro o entenda. VALOR: Ten sentido o que vale a pena. // A existencia e o mundo teñen sentido se as dificultades da vida teñen algunha compensación.

Respostas: A vida non ten sentido. A existencia non ten finalidade, nin significado nin valor: é un absurdo. Para A.Camus, a existencia humana é insignificante e non lle ímos atopar sentido. Dísenos que a propia pregunta carece de  sentido e non deberiamos nin formulala. – Sartre, Monod. // A vida ten un sentido inmanente. Entenden que a morte marca a fin da existencia e que tras ela non hai nada. Afirman que o sentido da vida está na existencia temporal e histórica. – Bloch, Tierno Galván. // A vida ten un sentido transcendente. As relixións “de salvación” manteñen que o sentido da existencia é a preparación para outra vida despois da morte. Esta vida é unha proba durante a cal optas polo ben ou o mal. Usala para o ben conducirá á felicidade plena. // A vida ten un sentido inmanente e transcendente á vez. Algúns compaxinan unha forte valoración da existencia e do mundo. Ao mesmo tempo, aportan argumentos que defenden a vida máis alá da morte.

A vida, a morte e a historia

Concepto filosófico da vida

Friedrich Nietzsche, iniciador do vitalismo, propuxo unha maneira filosófica de entender a vida. A vida é a nosa realidade. Ortega y Gasset desenvolveu unha comprensión metafísica: vivir significaba estar nunha circunstancia, atopándose nunha situación que forma parte do que é cada un. “Eu son eu e a miña circunstancia e se non a salvo a ela, tampouco me salvo eu”. A vida consiste en atoparse no mundo, converténdose na realidade máis básica e primordial dos humanos.

Pero a vida non é algo que está feito e acabado. A nosa vida ten unha dimensión temporal, histórica ou biográfica. Consiste en elixir, implicando un cambio de circunstancia. Por eso se di que é unha realidade dinámica. A vida é temporalidade (existencia é limitada no tempo e esa limitación constitúe a vida).

A morte enténdese en relación coa vida

Todos os seres morren, corrómpense. Pero só o ser humano saber que ten que morrer. Características da morte, en tanto que suceso humano: É un suceso intransferible. Ninguén pode morrer por outro. // Non se pode vivir a morte. Se estou morto non podo pensar “estou morto” e, se a formulo, non podo estar morto. Epicuro “Mentres vivimos, a morte non existe, e cando a morte existe, nós xa non somos”. // A morte significa que somos seres finitos, limitados no tempo, históricos e continxentes. Heidegger definiu ao humano como un “ser que está á morte”. // Algúns consideran á morte como o límite absoluto e cren que non hai nada tras ela. Outros concíbena como un tránsito entre unha e outra forma de existir. Esta pódese entender: 1. Morte como disolución do individuo na totalidade do cosmos (gota no océano, perde a individualidade). 2. Morte como a separación dos compoñentes. A alma non desaparece aínda que se separe do corpo ao morrer. 3. Morte como desaparición da persoa tal e como a coñecemos que sobrevive nunha vida persoal transformada.

Entradas relacionadas: