A modernización da literatura galega

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,38 KB

A prosa do primeiro terzo do XX:

O papel das Irmandades da Fala (ver o primeiro tema de literatura) foi fundamental para a modernización da literatura galega e para o seu desenvolvemento no ámbito da prosa, já que esta modalidade fora pouco cultivada na época do rexurdimento frente à poesía. Apareceron neste período diversas empresas e publicacións que facilitaron a difusión da prosa galega:

  • A aparição da segunda xeira d’A NosaTerra, voceiro das Irmandades da Fala e, posteriormente, do Partido Galeguista. Era unha publicación periódica e monolingüe en galego.

  • As colección de novela curta como “Terra a nosa!”, suplemento do xornal coruñés El Noroeste; a colección “Céltiga”, da editorial homónima e as editoriais Lar e Nós. Esta última xa se comezou a ocupar seriamente da narrativa longa baixo a dirección de Ánxel Casal.

  • Seminario de Estudos Galegos (1923), do que xurdiron numerosas publicacións científicas en lingua galega.

  • A revista Nós.

O Grupo Nós

A revista Nós serviu como núcleo dun grupo de intelectuais, ligados ás Irmandades da Fala, que trataron de modernizar e europeizar, desde o respecto á tradición, a cultura galega. Os seus membros (Vicente Risco, Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas) compartem orixe, pertencían á burguesía ourensá, e formación universitaria. Ademais, parten dunha inicial desafección pola cultura galega que se transformaría despois nun profundo interese. Esta evolución, desde un individualismo elitista até un compromiso intenso coa terra, aparece reflectida nos artigos ensaísticos “Nós, os inadaptados” de Vicente Risco e “Dos nosos tempos” de Florentino Cuevillas; así como na novela Arredor de si (1930) de Otero Pedrayo.

Características:

  • Pretendían unha modernización da cultura galega que establecese pontes coa modernas correntes culturais, europeas e universais, mais que fose respectuosa coa tradición.

  • Catolicismo, celtismo e atlantismo como elementos esenciais da identidade galega.

  • Defensa da sociedade tradicional galega (rural) fronte ao modelo da burguesía capitalista.

Entradas relacionadas: