El Motín de Esquilache y las Reformas Ilustradas en España

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 9,15 KB

Cando e por que se produciu o motín de Esquilache? Que trazo teñen os xesuítas que non teñen as restantes ordes relixiosas católicas?

En 1766 produciuse o Motín de Esquilache, foi unha revolta popular en Madrid que despois se foi estendendo por diferentes cidades. A orixe estaba en que o ministro italiano de Carlos III, Esquilache, prohibiu a vestimenta tradicional dos madrileños, para adaptala aos gustos europeos, pero tamén no descontento social pola subida do prezo do pan e pola xenofobia ante a abundancia de ministros italianos que trouxo Carlos III.

Carlos III expulsou aos xesuítas, acusados de promover o motín, que ademais dos tres votos de obediencia, pobreza e castidade, tiñan un máis de obediencia ao Papa, que facía desconfiar aos reis de inxerencia do papado nos seus Estados.

Por que Carlos III asinou un novo Pacto de Familia con Francia? Saíu beneficiada España?

Carlos III asinou un Tercer Pacto de Familia con Francia debido a que en 1756 comezara a Guerra dos Sete Anos (Francia e Austria contra Gran Bretaña e Prusia) e Carlos III quería recuperar Xibraltar e Menorca, territorios cedidos a Gran Bretaña.

Pero a derrota ocasionou a España considerables perdas, e aínda que Francia lle cedeu o territorio norteamericano da Luisiana, España perdeu Florida, que entregou a Gran Bretaña, e a colonia de Sacramento, fronte a Bos Aires, que tivo que ceder a Portugal, co que non saíu beneficiada.

Que obtivo España no tratado que puxo fin á guerra de independencia dos Estados Unidos?

Obtivo Menorca, Florida e outros territorios menores.

Cales foron as principais preocupacións dos ilustrados en relación coa reforma da agricultura e do comercio?

A mellora da agricultura co obxectivo de mellorar a produción. Fomentar o cultivo de novas terras, favorecendo a introdución de melloras técnicas e estendendo o regadío.

O apoio ao comercio, considerado como o incentivo que podía estimular o crecemento de todos os sectores produtivos.

Por que os ilustrados defendían o fomento da industria popular e da educación?

A industria popular eran actividades artesanais que podían ser realizadas polos campesiños. As defendían como o mellor modelo de desenvolvemento económico, capaz tanto de complementar os recursos dos campesiños como de manter a produción.

Defendían a educación como medio para a transformación dos hábitos sociais e para incrementar a riqueza do país.

Cal era a idea común das institucións ilustradas? Que papel xogou a prensa nas ideas ilustradas?

A idea común era mellorar a condición humana e alcanzar a felicidade pública, que é o obxectivo último do movemento ilustrado.

A prensa foi un dos principais vehículos de difusión das ideas ilustradas.

Valora o proceso de Olavide no contexto xeral das dificultades das reformas ilustradas.

Aínda que sometida á autoridade de Carlos III, a Inquisición mantivo unha atenta vixilancia sobre as novas ideas ilustradas, de modo que se converteu nun freo das reformas máis avanzadas; pero non logrou impedir que clandestinamente se estendesen as ideas máis radicais.

Foron numerosos os ilustrados que tiveron tropezos cos tribunais inquisitoriais. O proceso máis destacado foi o de Pablo de Olavide, intendente en Andalucía. Crítico coas formas señoriais de tenencia da terra, preocupado polos problemas do campesiñado andaluz e responsable da creación de novas colonias agrícolas en Serra Morena e Andalucía, foi denunciado polos eclesiásticos á Inquisición acusado de desafecto á relixión. Condeado en 1778 polas súas ideas avanzadas a reclusión e confiscación dos seus bens, un ano despois fuxiu a Francia.

Que ideas defenderon os reformistas radicais?

Defenderon un novo concepto do poder, do goberno e da sociedade, limitación do poder real, rexeitamento da soberanía de orixe divina, separación de poderes, defensa dos dereitos individuais, da liberdade e da igualdade legal, participación popular no goberno e a proclamación dunha Constitución, ideas que conforman os trazos do liberalismo español.

Cales eran os temores de Carlos IV e o seu goberno ante os acontecementos que se vivían en Francia en 1789?

As noticias procedentes de Francia (proclamación da soberanía nacional, declaración de liberdades e dereitos, limitación do poder do rei) causaron un forte impacto en España. O temor ao contaxio revolucionario levou ao goberno de Carlos IV a realizar un control da propaganda revolucionaria, por medio da inquisición. As medidas non lograron evitar que estas ideas se estendesen por España.

non.

Que temía a familia real española en 1792?

O rei Carlos IV e María Luísa recibían cada día noticias do que sucedía en Francia. En 1792, os acontecementos de Francia agraváronse coa abolición da monarquía e a detención de Luis XVI. Sentíndose ameazadas, as distintas monarquías europeas saíron en defensa dos dereitos reais do monarca francés e atacaron aos revolucionarios, pero foron incapaces de derrotalos.

En que bando estivo España na Guerra da Convención francesa?

España entrou na guerra contra os revolucionarios franceses. Pero a falta de preparación e as continuas derrotas obrigaron a Godoy a asinar a paz en 1795.

Que reformas propoñía Jovellanos?

A desvinculación dos morgados, a transformación das terras de mans mortas e comunais en propiedade particular, o cerramento das fincas, a extensión dos contratos de longa duración e a liberdade comercial, baseada no xogo da oferta e da demanda do mercado, como medios para favorecer a introdución de melloras e o aumento da produción.

non.

non.

Cal era a actividade máis característica da fidalguía galega?

Unha importante participación nas institucións de goberno (audiencia), eclesiásticas e militares existentes en Galicia. Contaban ademais, os asentados no mundo rural, con pequenos patrimonios en terras, aínda que a principal fonte de riqueza proviña das súas actuacións como intermediarios no cobro das rendas dos foros entre os propietarios e labregos que traballaban as terras como foreiros.

non.

En que centraron as súas críticas os ilustrados galegos?

Criticaron os abusos dos privilexios sociais e económicos dos nobres e dos eclesiásticos, ao igual que os obstáculos e atrancos técnicos e legais que impedían o desenvolvemento económico e o benestar da sociedade. Especialmente criticaron a miseria do campesiñado galego; a propiedade inmobilizada en mans da nobreza e do clero (morgados e mans mortas); o escaso rendemento das propiedades colectivas (montes comunais); o atraso técnico dos sectores produtivos; o exceso de impostos e taxas (destaca a loitosa, na que os campesiños pagaban ao señor pola morte dun familiar co seu mellor animal); a dificultade das comunicacións; a ignorancia, a superstición e o atraso científico.

Cales foron as principais preocupacións económicas dos ilustrados galegos?

A mellora das actividades agropecuarias, mediante a renovación técnica e o incremento da superficie cultivable. Limitáronse os morgados e as terras de mans mortas e repartíronse os montes entre os campesiños.

A defensa dos intereses pesqueiros galegos, fronte á explotación dos fomentadores cataláns. As propostas fracasaron pola maior rendibilidade nas técnicas catalás.

A potenciación da produción artesanal e industrial, mediante novas técnicas, maquinaria do estranxeiro, fomento da educación dos artesáns en escolas específicas e creación de novos talleres e fábricas.

Ampliación de actividades comerciais, xunto coa mellora das estradas e portos e traballando pola liberdade de comercio con América.

Fomento da educación e da renovación científica, como medio para superar o atraso existente. Editáronse memorias e cartillas para difundir as vantaxes dos adiantos, fundaron escolas e renovaron os estudos da Universidade de Santiago.

Que elementos destacaron os ilustrados galegos para iniciar a toma de conciencia da realidade diferencial de Galicia?

Os particularismos da terra en que vivían e a defensa do Reino de Galicia como unha entidade diferente, con personalidade propia.

Cales foron as institucións ilustradas galegas máis destacadas? Cales foron os seus obxectivos e as realizacións máis significativas?

Academia de Agricultura de Galicia (1765) para analizar e poñer remedio á decadencia da agricultura galega, así como difundir as novas técnicas agrícolas. En 1774 foi disolta por falta de apoios e recursos.

O Real Consulado da Coruña (1785) para o fomento do desenvolvemento económico. Realizou unha intensa actividade (apoio ás manufacturas, creación de escalas técnicas) Destaca a restauración e reparación da Torre de Hércules.

Sociedades económicas de Amigos do País de Santiago e Lugo (1784 e 1785), tiñan como obxectivo fomentar o desenvolvemento económico do seu territorio e lograr a participación da nobreza e do clero nesta rexeneración. A Sociedade de Santiago realizou diversas iniciativas, e a de Lugo tivo unha vida menos activa.

Entradas relacionadas: