Motor das placas litosféricas: corrientes de convección, gravidad y formación de océanos
O motor das placas litosféricas: as correntes de convección do manto
O manto, aínda que é sólido, comportase como un material plástico, debido ás altas temperaturas e presións ás que se encontra, sobre todo o manto inferior. Nas zonas profundas do manto, en contacto co núcleo, a calor é moi intensa, polo que grandes masas de rocha fundida parcialmente (± do 2%) e, ao diminuír a súa densidade, ascenden lentamente polo manto, producindo correntes ascendentes de materiais cada vez máis quentes, as chamadas plumas térmicas. Algúns deles alcanzan a litosfera, atraviésana e contribúen á fragmentación de continentes.
Nas fosas oceánicas, grandes fragmentos de litosfera oceánica fría afundan no manto, orixinando correntes descendentes que chegan ata a base do manto.
O motor das placas litosféricas: a forza da gravidade
Pénsase que as correntes de convección non bastan para arrastrar as placas. A principal forza que move as placas podría ser a gravidade. Nas zonas de subdución, a convección fai subducir litosfera oceánica máis densa que, ao compactarse, xera un pulo que arrastra consigo ao resto da placa. Polo tanto, o magma que sae polas dorsais enche o oco deixado polas dúas placas ao separarse, pero non influiría no movemento das mesmas.
A subdución prodúcese ata o nivel do manto en contacto co núcleo, que é a orixe das columnas ascendentes e das plumas do manto.
As dorsais son bordos construtivos onde se xera litosfera oceánica
As dorsais son límites divergentes que non sempre se encontran no centro dos grandes océanos, como sucede coa dorsal atlántica, senón que tamén se atopan próximas a continentes, como no caso da dorsal pacífica. A actividade volcánica que se produce nestas zonas, como consecuencia da súa divergencia, provocada polas correntes de convección ascendentes, determina a formación de nova litosfera oceánica e provoca o ensanchamento dos fondos oceánicos e a separación progresiva das placas adxacentes.
Islandia é parte da dorsal atlántica
As dorsais oceánicas poden aflorar sobre os océanos.
Etapas da formación dun océano
- Fase 1: As correntes de convección ascendentes provocan abombamento e fractura da litosfera continental.
- Fase 2: As correntes de convección divergentes separan os fragmentos de litosfera, formando un rift.
- Fase 3: Formación de nova litosfera oceánica a expensas do magma que ascende.
- Fase 4: Expansión do fondo oceánico.