Narrativa Galega Contemporánea: Autores, Xeracións y Tendencias desde 1980 ata o Século XXI
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,54 KB
A prosa de finais do XX e comezos do XXI: desde 1980, a narrativa galega coñeceu unha forte expansión. Non só medrou de xeito significativo o número de autores e obras, senón que tamén se foi formando un público lector consolidado, propiciado polos cambios sociais e políticos. A coexistencia de escritores de varias xeracións e a diversidade formal e temática serán características salientables da narrativa das últimas décadas. Coa morte de Franco (1975), o Estado español entra nun novo período da súa historia, marcada por profundos cambios de carácter social, económico, cultural e político.
Cronoloxía dos cambios políticos e lingüísticos
- 1977: celébranse as primeiras eleccións democráticas.
- 1978: aprobase a Constitución.
- En Galiza, 1981: aprobase o Estatuto de Autonomía.
- 1983: aprobase a Lei de Normalización Lingüística.
Todos estes cambios influíron no mundo editorial galego:
- A lingua galega acada recoñecemento oficial e entra no sistema educativo. Isto contribúe a crear un novo público lector, que fai medrar a demanda de libros en galego.
- Nestes anos prodúcense dous feitos decisivos que favorecen a aparición de novas voces narradoras:
- Creación de editoriais con vontade empresarial (Xerais, Sotelo Blanco, Vía Láctea).
- Aparición de premios literarios de narrativa, que teñen un papel central sobre todo a partir dos anos 80 (Xerais, Blanco Amor, García Barros).
Todo isto provoca unha verdadeira eclosión do xénero narrativo: aparecen narradores que saben conectar coas expectativas das novas xeracións. No tocante aos estilos e temáticas, vaise dar unha grande variedade, destacando a aparición de subxéneros: novela policial, ficción científica, novela histórica, de aventuras, novela feminina ou feminista, narrativa de misterio, relato erótico, humorístico. A coexistencia de varias xeracións e a diversidade formal e temática fan que a pluralidade sexa a característica máis salientable nestas últimas décadas.
Autores xa consolidados
Son autores que iniciaron xa o seu labor literario na década dos 50 ou nos anos 60, e continúan a publicar con regularidade, influíndo na obra dos máis novos.
- Méndez Ferrín: Amor de Artur, Arraianos, No ventre do silencio.
- María Xosé Queizán: Amantia, Amor de tango, Ten o seu punto a fresca rosa.
- Carlos Casares: Ilustrísima, Deus sentado nun sillón azul, O sol do verán.
- Xosé Neira Vilas: Tempo novo, O home de pau, Relatos mariñeiros.
A xeración do cambio
Son un grupo de escritores que se dan a coñecer ou se consolidan nos anos 80 (alguns xa publicaran nos últimos anos da ditadura). Son, entre outros:
- Víctor Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia, A cidade dos césares, O enxoval da noiva.
- Alfredo Conde: Xa vai o griffon no vento, A casa de Adara, Romasanta.
- Xavier Alcalá: Latitude austral, Código Morse, Contos das Américas.
- Paco Martín.
A xeración dos 80
Son un grupo de escritores nados na década dos 50, que serán os encargados de introducir novas temáticas e formas expresivas na narrativa galega:
- Suso de Toro: Polaroid, Land Rover, Tic-Tac, Trece badaladas.
- Manuel Rivas: Os comedores de patacas, Un millón de vacas, Que me queres, amor?, O lapis do carpinteiro, Os libros arden mal.
- Xosé Manuel Martínez Oca
- Carlos Reigosa
Os autores dos 90
Incorpóranse un novo grupo de escritores que naceron nos anos 60 e 70, con formación universitaria, bastantes procedentes da Facultade de Filoloxía Galega.
- Xosé Carlos Caneiro, Xosé Miranda: Morning Star.
- Darío Xohán Cabana: Galván en saor, O cervo na torre.
- Cid Cabido, Riveiro Coello: As rulas de Bakunin.
- Bieito Iglesias: Miss Ourense.
- Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Murado.
A narrativa dos primeiros anos do XXI
Nos últimos anos publícase algo menos que anteriormente, quizais polo auxe da tradución da narrativa de calidade doutras linguas, e pola decisión das editoriais de publicar menos e con máis calidade. En xeral, podemos dicir que se consolidan certas liñas temáticas, como a policial, a humorística, a fantástica, o terror e a histórica. Aparece o tema do conflito idiomático ou a narrativa vinculada ao blog.
A eclosión da narrativa de mulleres
Caracterízase por:
- Marcado protagonismo feminino.
- Cuestionamento de roles tradicionais e patriarcais.
- Reivindicación de figuras históricas femininas.
- Preferencia por unha narrativa de enfoque psicolóxico.
Destacan María Reimóndez (O club da calceta), Rosa Aneiros (Resistencia), Inma López Silva (Concubinas). Outros nomes: Xurxo Borrazás, Antón Dobao, Teresa Moure, Rexina Vega.
Consolidación da literatura infantil e xuvenil
Un dos fenómenos máis destacables dos últimos 20 anos é o medre e consolidación da literatura infantil e xuvenil, que ata a década dos 80 era un fenómeno minoritario. Ao paso dos anos foise formando un amplo público lector, sobre todo a través do sistema educativo.
- Fina Casalderrey: O misterio dos fillos de Lúa, Luas de nacara, A pomba e o degolado.
- Marilar Aleixandre: A expedición do Pacífico, A banda sen futuro.
- Agustín Fernández Paz: Aire negro, O centro do labirinto.
- Xosé Neira Cruz, Xabier P. Docampo.