Orígenes y Evolución de la Literatura Medieval en Gallego-Portugués
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,66 KB
Os primeiros textos en galego-portugués
As primeiras mostras de textos escritos en galego-portugués datan de finais do século XII e principios do XIII. Porén, o que si atopamos en textos latinos son palabras illadas: substantivos como peito, outeiro, seixo... e topónimos ou antropónimos como Couto, Penamoura, Seixas.
Documentos de compra-venda, testamentos, foros e doazóns dan mostra do primeiro uso escrito do noso idioma. Así, os textos producidos entre 1170 e 1260 constitúen, segundo Monteagudo, a produción primitiva.
Testemuños escritos máis antigos
- «Ora faz ost'o senhor de Navarra».
- A Noticia de Torto.
- O Testamento de Afonso II de Portugal.
- A Noticia de Fiadores.
- O Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais: descuberto polo profesor Souto na Torre do Tombo (Lisboa), constitúe até o momento o texto máis antigo conservado.
- O Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas: redactado en Allariz, é o primeiro texto conservado composto en territorio galego actual.
- O Testamento de Estevan Peres.
A poesía trobadoresca: a influencia provenzal
A poesía trobadoresca naceu no sur de Francia arredor dun grupo de señoríos feudais que carecían de unidade política, pero que compartían unha mesma lingua: o provenzal ou langue d'oc. Guillerme IX de Aquitania foi o primeiro trobador e o primeiro poeta do que se conservan textos en lingua romance. O refinamento da tradición provenzal estendeuse por toda Europa e deu orixe a importantes escolas poéticas, contexto no que debemos situar a aparición da escola lírica galega medieval.
Vías de influencia provenzal en Galicia
- O Camiño de Santiago: polo «camiño francés» chegaron a Compostela xentes de diferentes condicións e de moi distintos lugares de Europa.
- Intercambio cultural: A visita de trobadores provenzais a diversas cortes peninsulares.
- A corte de Afonso III de Portugal (O Boloñés): antes de ser rei, viviu en Francia. A súa corte foi lugar de encontro de importantes trobadores, que difundiron novas formas e temas, como moi probablemente a materia de Bretaña na nosa literatura.
- Os monxes de Cluny: exerceron unha grande influencia na Igrexa daquel tempo e contribuíron de xeito notable a estender a influencia provenzal nas artes e nas letras.