Orquestras e instrumentos musicais: tipos, orixe e clasificación
Orixe e tipos
Unha orquestra é un conxunto de músicos que tocan diferentes instrumentos. Este termo naceu na Antigüidade clásica, xa que no teatro grego a "Orkhestra" era o lugar que ocupaba o coro diante do escenario. Actualmente utilizamos esta palabra para designar un gran número de conxuntos instrumentais (orquestra sinfónica, de cámara, de jazz, de rock, etc.).
Falando da música culta pódese distinguir entre: orquestra de cámara (non máis de 25 instrumentos) e orquestra sinfónica (a orquestra máis numerosa, pode chegar a ter ata 110 compoñentes).
A orquestra sinfónica
Unha orquestra sinfónica é a agrupación instrumental formada polo maior número de instrumentos. Está composta por cen músicos, divididos en catro seccións principais: corda, vento-madeira, vento-metal e percusión. Esta foi a orquestra común nos séculos XIX e XX.
O seu nome vén da sinfonía, obra orquestral para un gran número de instrumentos.
Orquestra de cámara
Recibe este nome porque se toca en cuartos ou cámaras de reducidas dimensións (na súa orixe, os salóns de música dos pazos e grandes residencias do s. XVII), ao contrario que a orquestra sinfónica. Este tipo de orquestras non teñen unha formación concreta de instrumentos.
Orquestra de jazz
Mostra, segundo a época, formacións instrumentais un pouco diferentes: clarinete, saxofón, trompeta, trombón, tuba, contrabaixo, batería, piano e, no seu caso, unha cantante. Coñecida nos cafés de Nova Orleans pola súa orixe nos cantos spiritual songs dos inmigrantes africanos que traballaban nas plantacións. Caracterízase por ritmos sincopados, insistencia rítmica e improvisación, elementos do swing e do blues. Influíu no nacemento de diversos estilos de música moderna, como tamén na música de importantes compositores.
Orquestra de rock
O rock and roll xurdiu da evolución do country dos brancos e do rhythm and blues dos negros. Grazas ás guitarras eléctricas e aos amplificadores, as orquestras podían ter un son tan potente como o dunha big band de jazz. Máis adiante, as bandas quedaron configuradas cunha batería, un baixo e dúas guitarras, unha para facer adornos, punteos e solos.
Instrumentos e a súa clasificación
Os instrumentos musicais caracterízanse pola existencia de tres elementos básicos para a produción do son:
- Un material elástico xerador da vibración.
- Un mecanismo capaz de facer vibrar ese material.
- Unha caixa de resonancia que amplifique o son.
Existen tres grandes familias: corda, vento e percusión.
Instrumentos de corda
Prodúcese o son pola vibración dunha ou máis cordas tensadas entre dous puntos. Dependendo da forma na que se fagan vibrar, distinguimos: corda fretada, corda punteada ou pulsada e corda percutida.
Corda fretada
Frótanse as cordas cun arco. Violín (o máis pequeno da familia), viola (un pouco máis grande que o violín), violonchelo (máis grande) e contrabaixo (o máis grande da familia). A altura do son depende da lonxitude, do grosor e da tensión das cordas.
Corda punteada
Puntéase ou púlsase as cordas cos dedos ou cunha púa. Guitarra: ten seis cordas e un mástil no que se sitúan os trastes, que marcan unha progresión ascendente en semitóns ao longo das cordas. Arpa: ten 47 cordas ordenadas de menor a maior pola súa lonxitude. As cordas de do son de cor vermella e as de fa de azul, para facilitar a súa localización.
Corda percutida
Producen o son ao golpear as cordas a través de pequenos mazos accionados cun teclado. Piano: dispón de 88 teclas e existen dous tipos: piano de cola (cordas dispostas en sentido horizontal) e piano vertical ou de parede (cordas dispostas en sentido vertical).
Instrumentos de vento
O son prodúcese pola vibración da columna de aire no interior do tubo do instrumento. A maioría posúe diferentes mecanismos (furados, chaves, pistóns) que permiten modificar a lonxitude do tubo e a súa afinación. Distínguense vento-madeira e vento-metal, correspondéndose co material de construción da embocadura ou boquilla que teña o instrumento:
- Vento-madeira:
- Bisel: frauta doce traveseira.
- Lingüeta simple: clarinete e saxofón.
- Lingüeta dobre: óboe e fagot.
- Vento-metal: son instrumentos fabricados con aliaxes de metal. O tubo do instrumento está enrolado e pregado. A boquilla introdúcese nun extremo do tubo e o outro extremo ábrese formando unha campá. Principais instrumentos de vento-metal: trompeta, tuba, trompa e trombón.
Instrumentos de percusión
São os que producen o son ao golpealos, sacudilos ou entrechocalos.
- De altura determinada (tocan notas): timbais, xilófono, carillón.
- De altura indeterminada (non tocan notas): bombo, pratos, triángulo, caixa, pandeireta, castañolas, maracas, cascabeis.
Clasificación segundo o material vibrante (Hornbostel-Sachs)
- Idiófonos: xilófonos, carillóns, campás, tubulares, vibráfono, caixa chinesa, castañolas, claves, pratos, güiro, carraca.
- Membranófonos: caixa, bombo, bongós, timbais, zambomba.
- Cordófonos: violín, viola, violonchelo, contrabaixo, guitarra, arpa, laúde, clavicémbalo, piano, zanfona, rabel.
- Aerófonos: frautas, clarinete, saxofón, óboe, fagot, trompeta, trompa, trombón, tuba, órgano, harmónica, gaita, acordeón.
- Electrófonos: guitarra eléctrica, baixo eléctrico, batería eléctrica, sintetizador, piano eléctrico.