Panorama da Narrativa Galega de Posguerra: Estilos e Obras de Cunqueiro e Fole
Temáticas da Posguerra na Literatura Galega
Narrativa Continuadora do Grupo Nós
A obra A xente da Barreira de Ricardo Carballo Calero foi a primeira novela galega da posguerra.
Narrativa Fantástica: Álvaro Cunqueiro
Narrativa Realista: Eduardo Blanco Amor
Narrativa Etnográfica: Ánxel Fole
Álvaro Cunqueiro: Estilo e Obras Clave
- Mestura do real co marabilloso: Convivencia de personaxes míticos (como Merlín) con personaxes realistas; feitos fantásticos con naturais.
- Influencia da literatura oral: Emprego de xeitos de contar propios desta tradición.
- Tendencia á digresión.
- Técnica das historias encaixadas: O narrador principal conta unha historia na que aparecen personaxes que, á súa vez, actúan como narradores doutras historias.
- Presenza do humor e da ironía: Habitualmente asociados a un ton lírico e nostálxico.
Narracións Longas
Merlín e familia
Este reside en Galicia coa raíña e varios criados, un deles, Filipe de Amancia, exerce de narrador testemuña e axudante. Narra historias independentes nas que visitantes moi diversos acoden a Merlín para solucionar problemas.
As crónicas de Sochantre
Ocorre en Bretaña; é un secuestro dun músico eclesiástico por unha comitiva de defuntos que viaxa nunha carroza. Estes van contando historias e xuntos vivirán aventuras ao longo da viaxe.
Se o vello Sinbad volvese ás illas
Sinbad está retirado e recibe a oferta para volver ao mar. Este conforma unha tripulación e emprende unha viaxe para facerse cargo do barco. Ao chegar, as súas ilusións non tiñan fundamento e non hai ningún navío para el.
Narracións Curtas
Escola de menciñeiros
Conxunto de retratos de personaxes moi relacionados coa cultura popular. Integra unha parte dedicada a retratos de animais fantásticos (gatipedro, murigante).
Outras Obras Destacadas
- Xente de aquí e de acolá
- Outros feirantes
Ánxel Fole: A Voz da Galicia Rural
- Influencia da narración popular oral: Emprego de fórmulas de apertura.
- Técnica das historias encaixadas.
- Reprodución do rexistro oral coloquial.
- Personaxes como auditorio: Presenza de personaxes que actúan como receptores dos relatos.
- Narrador da realidade concreta da Galicia rural.
- Temática campesiña: Aborda temas relacionados coa visión do mundo do campesiño galego.
- Crenzas e supersticións: Temática recorrente.