Panorama do Léxico e a Produción Literaria Galega

Otras lenguas extranjeras14,29 KB

Léxico: Propostas de Lecer

  • Papaventos: armazón lixeira que sostén estirado un papel e que voa.
  • Corda: xogo que consiste en saltar unha corda que se fai voar polo aire.
  • Crebacabezas: xogo que consiste en encaixar unhas pezas para formar un debuxo.
  • Bambán: asento que se arrandea suspendido entre dúas cordas.
  • Buxaina: xoguete de madeira de forma cónica, rematado nunha punta de metal pola parte inferior, que se fai bailar cun cordel.
  • Xadrez: xogo intelectual entre dous opoñentes que manobran con 16 pezas sobre un taboleiro dividido en cadros brancos e negros.
  • Gobelete: vaso opaco que se utiliza en certos xogos para botar os dados.
  • Bailarete: xoguete de madeira de forma cónica ou esférica, rematada nunha punta pola parte inferior, que se fai xirar cos dedos.
  • Funambulista: acróbata que camiña e realiza exercicios sobre unha corda ou arame.
  • Equilibrista: persoa que fai xogos mantendo obxectos, ou manténdose ela mesma, en equilibrio.
  • Saltimbanqui: artista que fai saltos e acrobacias en circos, prazas públicas, etc.
  • Trapecista: persoa que realiza exercicios ou acrobacias no trapecio.
  • Contorsionista: persoa que realiza contorsións difíciles, xeralmente no circo.
  • Malabarista: persoa que executa exercicios de habilidade lanzando e recollendo obxectos diversos e manténdoos en equilibrio.

Léxico: Letras e Libros

Profesionais do Libro

  • Autor: escribe o texto.
  • Ilustrador: encárgase de elaborar debuxos para dar beleza e amenidade ao libro.
  • Corrector: corrixe as probas de imprenta de posibles grallas.
  • Tradutor: traduce a obra a outra lingua.
  • Deseñador: deseña a portada dunha colección ou libro en concreto.
  • Maquetista: monta os diferentes elementos de cada páxina e do libro enteiro.
  • Editor: coordina todo o proceso de preparación e edición dunha obra.
  • Impresor: reproduce en papel o texto e prepárao para a súa distribución.

Partes e Elementos do Libro

  • Relación organizada do contido do libro: índice, sumario.
  • Parte da obra na que se definen termos específicos incluídos nela (táboas, cadros, etc.): glosario, vocabulario.
  • Complementos do corpo da obra constituídos por documentos, que serven de preparación para o que vén a continuación: apéndices, anexos.
  • Parte que precede ao corpo ou parte principal da obra e serve como preparación para o que vén a continuación: prefacio, preámbulo, proemio, presentación, prólogo, limiar.

Expresións Idiomáticas Relacionadas co Libro

  • Falar como un libro aberto: falar ben e con propiedade.
  • Ler entre liñas: adiviñar aquilo que se deu a entender.
  • Lerlle a cartilla a alguén: botarlle unha reprimenda a alguén.
  • Ser coma un libro en branco: non ter experiencia na vida.
  • Deixar algo no tinteiro: omitir unha información.

Literatura Galega: Narrativa (1936-1975)

Situación da Narrativa Galega (1936-1975)

  • A literatura galega experimenta unha creba co inicio da Guerra Civil. Pecháronse editoriais, revistas e xornais, e paralizouse a edición e difusión de textos na nosa lingua. Moitos escritores vironse obrigados a marchar ao exilio (a Arxentina, Uruguai e México).
  • No exilio americano publican as súas obras narrativas Ramón de Valenzuela, Silvio Santiago e Antón Alonso Ríos.

Os temas principais son:

  • Evocación da infancia e adolescencia.
  • Vivencia persoal da guerra.
  • Consecuencias do conflito bélico.
  • A diáspora.
  • A partir dos anos 50, en Galicia recupérase rapidamente a produción literaria na nosa lingua, grazas á editorial Galaxia. Destacan no xénero narrativo autores como Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole.
  • Nos anos 60 comezan a produción narrativa de Xosé Neira Vilas e Xohana Torres. Aparece unha nova xeración, a "Nova Narrativa Galega", que renova a nosa literatura coa incorporación de novas técnicas e temas. Intégrana Carlos Casares, Xohán Casal, entre outros.
  • A partir dos anos 70 danse a coñecer autores como Paco Marín, Xavier Alcalá, entre outros, que irán consolidando a importancia da narrativa galega.

Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897 - Vigo, 1979)

A súa obra abrangue todos os xéneros: foi poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta. Comeza nos anos de preguerra escribindo poesía de carácter vangardista.

  • Romances galegos (1928)
  • Poema en catro tempos (1931)

A partir dos anos cincuenta, a súa produción inclúe:

Teatro:

  • Farsas para títeres (1973)
  • Teatro para a xente (1974)
  • Proceso en Jacobusland (1980)

Narrativa:

  • A esmorga (1959)
  • Os biosbardos (1962)
  • Xente ao lonxe (1972)

As tres obras principais de narrativa comparten características comúns:

  • Mesma localización espacial: Auria (figuración literaria de Ourense).
  • Localización temporal: as dúas primeiras décadas do século XX.
  • Protagonismo infantil e xuvenil (excepto en A esmorga).
  • Preferencia polo narrador en primeira persoa.
  • Interese nos prólogos das obras (característica da literatura realista).

A esmorga:

Historia tráxica que transcorre en diversos escenarios do ambiente urbano de Auria.

  • Primeira parte: «Documentación». Un narrador-autor explica como obtivo a información para escribir a historia.
  • Segunda parte: conta a historia a través de cinco capítulos que recollen a declaración de Cibrán o Castizo ante o xuíz. Mediante este interrogatorio reconstrúense 24 horas de esmorga dos personaxes: O Bocas, Milhomes e Castizo. Tras o remate tráxico, Cibrán, único supervivente e acusado, narra a súa versión, o itinerario e as circunstancias da morte dos seus compañeiros.
  • Terceira parte: reaparece o autor-narrador para dar conta da morte do principal personaxe, deixándonos a dúbida das verdadeiras causas.

Os biosbardos:

Conxunto de sete relatos breves protagonizados por rapaces de Auria que contan as experiencias persoais e informan dos modos de vida (alimentación, vivenda, xogos, etc.).

Xente ao lonxe:

Novela longa que conta a historia dunha familia obreira e de esquerdas en Auria. O protagonista principal é Suso, que narra a súa vivencia persoal e evolución desde a infancia á mocidade. Tamén ofrece unha crónica da sociedade ourensá e dos principais acontecementos históricos da España daquel tempo.

Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1981)

É un dos escritores máis importantes da nosa literatura, autor dunha extensa obra poética, narrativa e teatral. Foi tamén articulista en xornais e revistas e publicou obras de ensaio.

Narrativa: Novelas

Merlín e familia (1955):

Retoma a figura mítica do mago Merlín, adaptándoo ao presente e a un escenario galego: o Pazo de Miranda, en terras luguesas. O narrador é Felipe de Amancia (antigo paxe de Merlín), que na súa vellez lembra a infancia a carón do mago e conta sucesos. O libro reúne historias independentes.

As crónicas do sochantre (1956):

A acción sitúase na Bretaña francesa e está protagonizada por un músico que se dirixe a tocar nun enterro e é recollido por unha carroza na que viaxan defuntos. Durante anos percorrerá con eles o país e irá escoitando historias.

Se o vello Sinbad volvese ás illas (1961):

Inspírase nos relatos d'As mil e unha noites. Recupera o personaxe do vello mariñeiro, xa retirado, que soña con regresar ao mar.

Narrativa: Relatos

  • Escola de menciñeiros (1960)
  • Xente de aquí e de acolá (1971)
  • Os outros feirantes (1979)

Estas obras forman unha especie de triloxía: teñen a mesma temática e estrutura. Son retratos de personaxes populares vinculados á tradición oral nos que (con humor e fantasía) presenta a psicoloxía do home galego e as circunstancias do vivir.

Poesía:

  • Cantiga nova que se chama ribeira (1933)
  • Dona do corpo delgado (1950)

Teatro:

  • O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958)

Ánxel Fole (Lugo, 1903-1986)

Mestre do relato curto, a súa obra narrativa está formada por catro libros de contos.

Teatro:

  • Pauto do demo (1958)

Narrativa:

  • Á lus do candil (1953)
  • Terra brava (1955)
  • Contos da néboa (1973)
  • Historias que ninguén cre (1981)

Á lus do candil e Terra brava:

Están ambientados na Galicia da alta montaña luguesa, concretamente nas terras de Quiroga, Courel e Incio. Neles reflicte os modos de vida da Galicia rural e ofrece abundante información acerca do mundo rural: paisaxe, economía, labores agrícolas, alimentación, vivenda, crenzas e lendas tradicionais. É dicir, a cultura material e espiritual, co obxectivo de dar a coñecer a «Galicia máxica e misteriosa».

Contos da néboa e Historias que ninguén cre:

Comparten unha ambientación urbana, sitúanse en Lugo e vilas próximas, e continúan con temas de medo, misterio e experiencias paranormais.

A técnica narrativa está baseada:

  • No conto popular de tradición oral: fórmulas introdutorias, remate sentencioso, etc.
  • Os seus relatos producen unha sensación de oralidade.
  • Recorre á técnica do conto dentro do conto: presenta personaxes que se xuntan para contar historias.
  • Reproduce a lingua falada nas zonas luguesas nas que estas se sitúan. A súa pretensión é recoller a expresividade e riqueza da lingua viva, as peculiaridades dialectais; obxectivo expresado na frase: «Galego falado, aínda que sexa escrito».

Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928-2015)

Autor dunha amplísima obra na que se inclúen narrativa, poesía e ensaio.

Narrativa:

Novelas:

  • Memorias dun neno labrego (1961)
  • Querido Tomás (1980)
  • Tempo novo (1987)

Relatos:

  • Historias de emigrantes (1968)
  • A muller de ferro (1969)
  • Relatos mariñeiros (2003)

As súas obras narrativas pódense clasificar desde dous puntos de vista:

  • Segundo o espazo no que se sitúan: Galicia / América.
  • Segundo o protagonista: infantil / adulto.

Temas da narrativa de Neira Vilas:

  • A Galicia rural: retrato da Galicia campesiña da posguerra, caracterizada pola miseria, os prexuízos, a dominación política e relixiosa, etc.
  • A emigración galega: presenta a vida dos emigrantes galegos en América, os problemas de adaptación ao novo mundo, o illamento, a saudade, etc.

Memorias dun neno labrego:

Unha das novelas de maior éxito da nosa literatura, traducida a varios idiomas. Conta desde a óptica do neno protagonista, Balbino, a vida dun rapaz nunha aldea do interior de Galicia e presenta as súas inquedanzas e frustracións.

  • Autor de obras que fan un percorrido pola súa propia vida, a modo de memorias persoais: Lar (1974), Pan (1980) e Nai (1991).
  • Un dos primeiros autores de literatura infantil, con obras narrativas como Espantallo amigo, O cabaliño de buxo, etc., e poéticas como Cantarolas, etc.
  • Tamén escribiu varios libros como investigador nos que analiza a contribución dos emigrantes galegos a América: Galegos no golfo de México, Castelao en Cuba, etc.
  • Na súa obra destaca a variedade de técnicas narrativas empregadas, e a riqueza e calidade do léxico.

Descargar

PDF Word HTML