A Poesía Galega dos Anos 50 e o Grupo Brais Pinto
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,39 KB
A Xeración das Festas Minervais
Son os poetas nados entre 1930-40 que se deron a coñecer a través dos certames literarios das Festas Minervais, celebrados en Santiago nos anos 50. Nestes autores podemos observar as seguintes liñas poéticas:
- A Escola da Tebra: utiliza unha poesía onde predomina un sentimento de angustia e desesperación ante a vida; para describila utilizarán imaxes nas que predominan as sombras e a escuridade.
- O socialrealismo: continuador de Celso Emilio Ferreiro, con poesía de denuncia social con temas como a guerra, a falta de liberdade e a opresión.
- O paisaxismo renovador: observamos nalgúns destes autores unha visión innovadora da paisaxe; o home, unido á natureza, reflexiona sobre a súa existencia.
Os autores máis importantes desta xeración serán os integrantes do grupo Brais Pinto, formado por universitarios partidarios do nacionalismo marxista. Destacan neste grupo os seguintes autores:
Xosé Luís Méndez Ferrín
Caracterízase por unha traxectoria variada que podemos sintetizar nas seguintes liñas:
- Voce na néboa: é unha obra que se insire na poesía existencialista e angustiada da Escola da Tebra.
- Baixo o pseudónimo de Heriberto Bens, escribe obras de contido social cunha mensaxe política revolucionaria.
- A súa obra Con pólvora e magnolias supuxo a renovación poética e a superación do discurso socialrealista, onde só importaba a mensaxe. O título é significativo do seu contido: por unha banda temos a poesía política e revolucionaria (pólvora) e, por outra banda, a preocupación pola estética, a musicalidade e o lirismo intimista (magnolias). O tema principal da obra é o compromiso social e patriótico dende unha posición claramente nacionalista e revolucionaria, pero ademais están presentes motivos como a morte, o paso do tempo, o erotismo e o gozo da vida.
Manuel María
Caracterízase por expresar na súa obra as seguintes correntes:
- O existencialismo da Escola da Tebra.
- A poesía paisaxística, describindo a súa bisbarra natal no libro Terra Chá.
- A crítica social, onde denuncia a falta de liberdade da sociedade, como aparece no poema “Bando”.
Uxío Novoneyra
Desenvolve as seguintes liñas poéticas:
- O paisaxismo innovador, onde o home en soidade, unido á natureza, reflexiona sobre a súa existencia. Obras destacadas: Os eidos e Elexías do Courel.
- A poesía social e política, representada en obras como Do Courel a Compostela. O poema que mellor reflicte esta liña poética é “Letanía de Galicia”, onde utiliza un recurso formal do campo relixioso.
Outros autores destacados
Tamén pertencen ao grupo Brais Pinto autores como Bernardino Graña e Antón Avilés de Taramancos. Outros autores desta xeración, aínda que non pertencentes ao grupo Brais Pinto, inclúen a Xohana Torres.