Poesía Galega da Xeración de 1936: Autores e Obras Fundamentais

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en español con un tamaño de 2,61 KB

A Xeración de 1936 na Poesía Galega

Forman a Xeración de 1936 un grupo de autores que viviron de cheo a Guerra Civil, formados no tempo da República e discípulos directos da Xeración Nós e das vangardas. Dentro deste grupo distinguimos as seguintes correntes e autores:

a) Continuadores de ismos vangardistas

Destacan sobre todo no neotrobadorismo, onde sobresaen as figuras de Álvaro Cunqueiro e Xosé María Álvarez Blázquez.

b) Luís Pimentel

As influencias vangardistas (surrealismo) e modernistas están presentes na obra de Luís Pimentel. Este poeta adoita ser encadrado na xeración de vangarda anterior á guerra, aínda que as súas obras Sombra do aire na herba e Triscos foron publicadas na posguerra. A súa poesía caracterízase por ter unha temática intimista onde predominan os seguintes temas: a dor, o medo, os silencios e o mundo dos nenos; fronte a estes sentimentos negativos, aparece a sensualidade da figura feminina. Nesta obra destaca como poema de liña social “Cunetas”, onde denuncia a maldade e brutalidade do fascismo.

c) Aquilino Iglesia Alvariño

A obra Cómaros Verdes de Aquilino Iglesia Alvariño integra as principais correntes da poesía de posguerra: a liña paisaxística con raíces no hilozoísmo, o ruralismo continuador de Noriega Varela e o neotrobadorismo. Nos seus poemas fai unha descrición da súa Vilagarcía de Arousa natal, humanizada e chea de sentimentos como a soidade, o paso do tempo, a saudade e a morte.

d) Xosé María Díaz Castro

É autor dunha única obra, Nimbos, que ten como núcleo temático principal a paisaxe e Galicia (tendencia paisaxística). Trata temas como o amor, o tempo, a morte e a natureza. Dentro desta obra destaca o poema de temática social “Penélope”, onde toma a Galicia como tema, equiparándoa coa muller de Ulises, paralizada nunha eterna espera.

e) María Mariño

Destaca por unha poesía intimista onde importa a relación coa paisaxe e unha clara influencia de Rosalía de Castro, presente na angustia que agroma nos seus versos.

f) Celso Emilio Ferreiro

É o iniciador do socialrealismo, liña de denuncia cívica que iniciaran Curros e Cabanillas e que se estenderá nos poetas das Festas Minervais. Entran desta temática obras fundamentais como:

  • Longa noite de pedra
  • Viaxe ao país dos ananos

Entradas relacionadas: