A Poesía Galega de Finais do Século XX e Comezos do XXI: Ruptura e Novas Tendencias

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,49 KB

A POESÍA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI: 1975 foi o ano do cambio.Morre Franco e comeza para Galicia e para España- a etapa democrática máis estensa de toda a súa historia.A presenza da lingua e a literatura galegas no ensino e a oficialidade do noso idioma supoñen un impulso sen precedentes para a promoción da literatura en galego: multiplícanse as empresas editoriais, os premios e revistas literarios. No campo da poesía, Con pólvora e magnolias (xunto con Mesteres (1976) de Arcadio López Casanova) foi quen marcou ese cambio.Tiña que vir dado por un home metido de cheo na política e na protesta social como Xosé Luís Méndez Ferrín. O libro rompe co socialrealismo e abre temas novos e variados: intimismo existencial, metafísica, mitoloxía cultural, político social, redescobre a linguaxe, e aparece un novo estilo máis culturalista. Nos anos oitenta as principais carácterísticas definitorias da poesía galega son:Ruptura co social-Realismo.Prodúcese un distanciamento entre o poeta e a sociedade.Busca de novo suxeitos líricos (=negación da perspectiva autobiográfica)Experimentación e interdisciplinariedade (coa música, a plástica...)Culturalismo e intertextualidade(emprego de referencias culturáis variadas: literarias, filosóficas, mitolóxicas, culturáis...)Integración de elementos da cultura urbana e marxinal: drogas, depresións, etc.Incorporación do erotismo explícito.Recreación mítica.Preocupación formalista, barroquismo.A poesía é a arte da linguaxe. Autores e autoras dos 80 e dos 90:Luís González Tosar ( Bos Aires, 1952). Revelouse como poeta con A caneiro cheo (1981),


obra que recibiu o eloxio unánime da crítica e os premios Esquío e Losada Diéguez. Outras: Remol das travésías (1989), Madeira do meu canto (1998), Invocación dun tempo (2001) e Estúrdiga materia (2008). Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956). Destacamos, Poemas de amor sen morte (1979), Tigres de tenrura (1981) ou istoria da lúa (1984) dominadas pola temática erótica. Outras Cinepoemas (1983), Lugo Blues (1987).Ramiro Fonte (Pontedeume,1957/Barcelona, 2008). Ofrece unha voz poética moi persoal: poesía esencial, emprego de símbolos como o mar, o outono...Preferencia por certos eixos temáticos como o tránsito cara á morte, a infancia...Obras: As cidades da nada (1983), Designium (1984), Pasa un segredo (1988), Capitán Inverno (1999)... Pilar Pallarés (Culleredo, A Coruña, 1957). Na súa primeira obra, Entre lusco e fusco (1980), alterna o ton intimista cunha visión social e reivindicativa, herdeira da poesía dos anos 60 e 70. Outras obras:Sétima soidade (1984), Livro das devoracións (1996). Poetas e tendencias actuáis máis relevantes: A comezos da década dos 90 prodúcese un relevo xeracional que permite falar dun novo panorama poético.Os trazos comúns destes novos autores son:teñen un bo coñecemento da lingua, buscan establecer novas canles de comunicación co seu público, reclaman unha poesía que participe na marcha cultural da sociedade, tentan achegar a poesía a toda clase de públicos...Hai dúas rutas fundamentáis: construción dun discurso feminino, con protagonismo das mulleres de diversas idades (Mª Xosé Queizán, Ana Romání, Chus Pato, Marta Dacosta, Emma Couceiro, Yolanda Castaño, Olga Novo, Luísa Castro, Marilar Aleixandre...), poetas que fan poesía a partir do cotíán como é o caso de Fran Alonso...

Entradas relacionadas: