A poesía de vangarda en Galicia, o movemento e a evolución da lingua galega no século XX

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 15,42 KB

A poesía de vangarda e o contexto histórico

A principios do século XX e durante o seu primeiro terzo, producíronse importantes transformacións sociais, económicas e políticas en toda Europa. A situación do mundo cambiou tanto que había que renovar todo. Isto tivo a súa repercusión na poesía galega, que se universalizou, adquirindo sentido en todo o mundo.

Estas correntes deron a coñecer o seu ideal estético a través dos manifestos, que eran os modos de expresión das vangardas. Co estalido da Primeira Guerra Mundial, provocouse outra corrente filosófica, o esencialismo (que nace entre a primeira e a segunda guerra mundial). Os artistas non plasmaban a realidade tal como o xornal a reflectía; o artista tiña que interpretala. A misión da literatura era embelecer. Nacen tendencias que queren renovar os anos vangardistas (ismos, cubismo, etc.).

Características principais

  • Busca da arte pura: posúe unha función eminentemente estética.
  • Innovación de toda a linguaxe figurada: empréganse estranxeirismos, siglas, aclaracións entre guións e liberación da sintaxe de calquera norma, facéndose irracional.

En Galiza, as vangardas déronas a coñecer os homes da Xeración Nós a través da revista homónima.

Aspectos clave que conxugan as vangardas

  • En 1925 aparecen as súas primeiras obras.
  • Son fundamentalmente poetas.
  • Presentan un carácter individualizador das novas vangardas, manténdose nunha liña próxima á tradición galega (o espírito nacionalista herdado das Irmandades da Fala, relación con Portugal, presenza do sentimentalismo e a descuberta dos cancioneiros medievais).
  • Participan activamente nas Irmandades da Fala, no Seminario de Estudos Galegos, no Partido Galeguista e na revista Ronsel.

Principais tendencias do vangardismo galego

  • Neotrobadorismo: Tipo de poesía que nace en Galicia e utiliza o léxico da tradición medieval. Recréanse temas, recursos formais e ambientes. O iniciador do movemento foi Fermín Bouza Brey e o seu máximo cultivador foi Álvaro Cunqueiro.
  • Hilozoísmo: Tamén chamado paisaxismo, consiste na personificación da paisaxe, presentándoa humanizada. Os elementos da natureza aparecen adoito personificados. O representante principal desta corrente foi Luis Amado Carballo.
  • Superrealismo: Este movemento pretende liberar o home da coacción da racionalidade e dar vía libre ás manifestacións do subconsciente.
  • Creacionismo: Movemento literario que busca liberar o ser humano da coacción racional.

Autores esenciais do vangardismo galego

Manuel Antonio

Natural de Rianxo, residiu en Padrón desde os 4 anos ata os 11 baixo a tutela dun tío cóengo e nun ambiente denso polo tradicionalismo ideolóxico. É o mellor representante galego do período. Estudou Náutica en Vigo e mantivo unha interesante relación con Dieste, Risco e Castelao. Ao rematar a súa formación náutica, cursou en Santiago estudos de Filosofía e Letras, que non chegou a rematar.

Crou unha obra sen conexión directa coa realidade, deixando como legado De catro a catro, considerada a mellor obra do vangardismo galego.

Etapa de formación

Aquí mestura elementos tradicionais, modernistas e vangardistas. Está integrada por obras como Con anacos do meu interior, Foulas e Sempre e mais depois.

Etapa vangardista e a obra "De catro a catro"

Rescatada a finais dos anos 70, con ela acadou o seu cume creativo. A obra non gustaba na súa época porque non era convencional e carecía de referencias explícitas a Galicia. Utiliza un galego moi culto, praguado de estranxeirismos e abreviaturas. Non ten nin ritmo nin rima, sendo difícil de entender e ler. Consta de 19 poemas e está concibida como o diario dunha travesía marítima na que o autor recolle momentos significativos. Todos os poemas transcorren no mar agás dous. O último poema titúlase "Adeuses", marcando a chegada a terra e o fin da travesía, sinalando o eu poético como o mar e a súa relación coa vida.

Terceira etapa

Está representada pola obra Viladomar, que ficou inacabada. Nela recuperou o ton e as formas poéticas tradicionais xa presentes nos libros da primeira etapa. Tamén é autor de dúas obras en prosa. O manifesto Máis alá foi un provocativo manifesto estético e ideolóxico asinado xunto con Cebreiro, no cal non só realizaron un manifesto estético ao xeito europeo, senón tamén político, movidos pola súa arela nacionalista. De 1924 é o Prólogo a un libro de poemas que ninguén escribeu, onde fala das súas influencias e da súa concepción da arte literaria.

Fermín Bouza Brey

É o principal fundador da escola neotrobadoresca. A súa obra Nao senlleira é o primeiro título importante do neotrobadorismo, composto por 20 poemas que presentan unha lograda conxunción de recursos formais da lírica medieval con estrofas e ritmos populares. No seu segundo poemario, Seitura (1955), afástase dos modelos neotrobadoristas nun momento en que a escola acadara gran fortuna, entrando en consonancia coa poesía de posguerra. Como narrador, publica Cabalgados en Salnés, unha novela de aventuras ambientada na Galicia do século XIX que mostra certas resonancias valleinclanescas tanto nos temas como no estilo.

Luís Amado Carballo

Na literatura galega é o creador do movemento hilozoísta. Como poeta publicou en vida un só libro, Proel, aparecendo posteriormente O galo. O principal trazo temático da súa poesía é a paisaxe.

Luís Pimentel

Nado en Lugo en 1895, aínda que a maior parte da súa obra foi editada na posguerra, Pimentel comezou a publicar en galego algúns poemas soltos xa en revistas vangardistas dos primeiros anos trinta.

Álvaro Cunqueiro

Adoita describir dúas tendencias básicas na súa poesía. Por un lado, unha liña chamada vangarda pura, predominante nas primeiras obras como Mar ao norde (1932), onde presenta un mar abstracto sen contacto coa tradición galega e obsérvanse trazos do cubismo e do creacionismo. En Poemas do si e non predominan os poemas de contido amoroso con claros trazos de surrealismo. Por outro lado, en obras posteriores como Cantiga nova que se chama riveira ou Dona do corpo delgado, Cunqueiro evoluciona cara ao neotrobadorismo e ás resonancias populares.

Dialectoloxía: Os bloques lingüísticos do galego

Bloque Occidental

  • Situación: Ocupa a parte oeste das provincias de Pontevedra e A Coruña.
  • Fonética: Hai seseo implosivo en todo o bloque e seseo explosivo na zona máis occidental. Presenza de gheada. Sílabas iniciais CA- / GA-. Ditongo ui -> muito, truita…
  • Morfoloxía: Plural en –ns (pantalóns, cans). Terminación -án, -án (o irmán, a irmán). Pronome suxeito TI.
  • Áreas:
    • Fisterrá: Seseo explosivo e cheísmo.
    • Pontevedresa: Non cheísmo e demostrativo neutro en “i” (isto, iso, aquilo).

Bloque Central

  • Situación: Ocupa a parte leste das provincias de Pontevedra e A Coruña, e case a totalidade das provincias de Lugo e Ourense.
  • Fonética: Non ten seseo. Hai gheada na parte oeste. Sílabas iniciais CA- / GA-. Ditongo oi -> moito, troita…
  • Morfoloxía: Plural en –s (pantalós, cas). Terminación -ao, -á (o irmao, a irmá). Pronome TI / TU.
  • Áreas:
    • Mindoniense: Nosoutros, vosoutros… Formas verbais coma cantábamos, cantáramos.
    • Luco-Auriense: Formas iste, ise, aqil e o pronome il.

Bloque Oriental

  • Situación: Ocupa a franxa leste das provincias de Lugo e Ourense, e o galego exterior (Asturias, León e Zamora).
  • Fonética: Non ten seseo. Non hai gheada (excepto na área ancaresa). Sempre presenta sílabas CUA- / GUA-. Ditongos oi, u, iu -> moito, mutio, miuto.
  • Morfoloxía: Plural en –ís (pantaloís, caís). Terminación -ao, -á (o irmao, a irmá). Pronome TU.
  • Áreas:
    • Asturiana: Conserva -l- (avolo). Artigo ‘l / el (el nenín / tod’el día). Sufixo diminutivo (paxarín – paxaría). Ditongo oi como u (truto, muto).
    • Zamorana: Teísmo (uso de te como CD e CI).
    • Ancaresa: Vogais nasais (cao), gheada, palatalización do a |ä|, cheísmo e demostrativos ests, esos, aqelos.

Gramática e normativa: Comparativos e Posesivos

Comparativos

  • CA e COMA: Obrigatorias se o segundo termo da comparación é un pronome persoal.
  • CA: Tamén obrigatorio se o segundo termo da comparación é unha subordinada condicional (se), temporal (cando) ou relativa (quen).
  • COMO e DO QUE: Obrigatorios se o segundo termo da comparación é un verbo.
  • QUE: Pode usarse nos casos en que é recomendable (non obrigatorio) fronte a CA.
  • Importante: CA pode ou non contraer co artigo (mellor ca a túa amiga). CA nunca contrae con preposións nin con contraccións xa feitas (é mellor ir a Tui ca O Porriño).

Uso do artigo con posesivos

É obrigatorio o uso de artigo ante o adxectivo posesivo.

Excepcións:

  • Fórmula de tratamento: Fálalles Súa Excelencia o Embaixador.
  • Vocativos: Meu pequeno, onde vas?
  • Exclamacións: Meu Deus!, como fixeches isto?
  • Cando vai precedido de demostrativo: Este meu coche é do mellor que hai.
  • En enunciados distributivos: Foron collendo cada un súa folla (pode aparecer con artigo, “a súa folla”, pero resulta redundante).
  • Con nomes de parentesco próximo: normalmente sen artigo (nai, pai, avós, tíos, sogros), aínda que é frecuente o uso do artigo en neto, sobriño, xenro, nora, fillo.

Valores dos posesivos

  • Relación de familiaridade e afecto: O noso Xoán…
  • Os de 3ª persoa acompañados de numerais poden indicar cantidade aproximada ou ponderación: Xa ten os seus 20 anos.
  • Indicar unha acción habitual: Xa volveron ao seu.
  • Valor ou pertenza á familia: Os meus, os teus…
  • Bastante, boa cantidade: Xa traballaches o teu.
  • Algo propio ou natural de alguén: O meu é ler libros policíacos.
  • O que se adoita facer ou dicir (falcatruadas, trasnadas, tarefas): Xa anda a facer das súas / xa che pasei as miñas.
  • O que lle corresponde: Traballa ti que eu xa fixen o meu.
  • Posesivo de propiedade exclusiva (de meu, de noso, de teu, de voso, de seu): Teño casa de meu.
  • Posesivo con sentido distributivo, algo para cada un (cadanseu, súa, seus, súas): Colleron cadanseus cartos. Neste caso, o posesivo distributivo vai sempre ao lado da cousa posuída, nunca co posuidor (incorrecto: *cadanseus colleron os cartos).

O galego no primeiro terzo do século XX

Este período abrangue desde o principio de século ata a Guerra Civil, continuando co labor dignificador comezado no Rexurdimento grazas a diversas iniciativas. Os feitos máis destacados en relación á nosa lingua son:

  • 1906: Fúndase a Real Academia Galega, institución que nace para establecer unha lingua, propoñendo publicar un dicionario e unha gramática, aínda que non foron quen de facelo de inmediato. Publica o boletín da RAG, o cal saíu durante moitos anos en castelán.
  • 1916: Nasa na Coruña a primeira das Irmandades da Fala, que promoven a difusión do galego.
  • 1920: Comeza a publicarse en Ourense a revista Nós por iniciativa dun grupo de intelectuais e escritores.
  • 1923: Fúndase en Santiago o Seminario de Estudos Galegos, que ten como fin galeguizar a universidade.
  • 1931: Nace o Partido Galeguista.
  • 1936: Apróbase o Primeiro Estatuto Galeguista, que inclúe a todos os galegos que loitaban por Galicia. Consegues que en xuño, por maioría popular, sexa aceptado polo Partido Galeguista, pero non chegou a prantexarse na práctica debido ao estalido da Guerra Civil en xullo.

Os estudos lingüísticos máis destacados desta etapa son o Dicionario galego-castelán de Leandro Carré Alvarellos e a Gramática do idioma galego de Manuel Lugrís Freire, a primeira escrita en galego.

No tocante á variedade escrita, o galego falábano os labregos e usábase no pobo, polo que necesitaba unha ampliación léxica. Buscábase un galego enxebrizante, o máis diferente posible do castelán. Para ampliar o vocabulario, extraíanse do latín e do grego moitos cultismos que servían para enriquecer o idioma. Con todo, o excesivo afán de afastamento do castelán deu lugar a hiperenxebrismos, arcaísmos e lusismos.

O galego de 1936 a 1975

Coa Guerra Civil xurdiron consecuencias negativas para a lingua e a cultura galega, xa que o proceso de normalización iniciado no Rexurdimento quedou paralizado ante a dura represión desatada nos anos da guerra e da posguerra. O galego seguiu sendo neses anos o idioma máis falado como lingua de uso familiar, sobre todo no medio rural. Pola contra, o castelán converteuse na lingua máis falada e impúxose como idioma nas escolas, nos medios de comunicación, na igrexa e na administración. A cultura galega trasladouse a Bos Aires, onde proliferaron editoriais e conferencias, marcando o inicio dunha lenta recuperación cultural:

  • 1950: Nace a editorial Galaxia, que ofrece a canle máis importante para a publicación de libros en galego e edita tamén a revista Grial.
  • Nacen asociacións culturais como O Facho na Coruña e O Galo en Santiago, co obxectivo principal da defensa do galego.
  • 1963: A RAG institúe o Día das Letras Galegas, celebrado cada 17 de maio.
  • 1965: Introdúcese a materia de lingua galega nas carreiras de Letras e Filosofía.
  • 1971: Créase o Instituto da Lingua Galega, que publicará os primeiros libros para a aprendizaxe do galego.

Os estudos lingüísticos máis importantes deste período son o Dicionario galego-castelán de Franco Grande e a Gramática elemental del gallego común de Calero. No tocante á variedade escrita, produciuse unha simplificación ortográfica eliminando distintos tipos de acentos que enchían o galego de preguerra, manténdose a tendencia purista no léxico coa incorporación de cultismos, hiperenxebrismos, lusismos, neologismos e arcaísmos.

Entradas relacionadas: