A Prosa Moderna Galega e a Traxectoria de Vicente Risco
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,87 KB
Introdución á Prosa Moderna Galega
Podemos dicir que a **prosa moderna galega** nace entre 1916 e 1936.
A Xeración Nós
Os autores máis destacados pertencen á **Xeración Nós**; son autores de **ideoloxía nacionalista**, ademais de ser os creadores da prosa galega moderna e os artífices da incorporación da nosa cultura ás correntes universais da época. Esta xeración cre que ten a tarefa de transformar a sociedade galega, queren crear unha **literatura nacional galega**.
Para posibilitar a tarefa de modernización e normalización da vida cultural galega, fúndase a Xeración Nós e créanse editoriais como Céltiga, Lar...
Vicente Risco: Biografía e Perfil
VICENTE RISCO: ourensán, conservador, fidalgo que pertence á aristocracia, **etnógrafo**.
Etapas Ideolóxicas de Vicente Risco
A traxectoria ideolóxica de Risco divídese en tres grandes etapas:
Etapa Pregaleguista (Ata 1918)
Caracterízase pola perda de fe nos valores do momento. Así, busca **evasión na arte e no exótico**.
Etapa Galeguista (1918-1936)
Vicente Risco vólvese nacionalista, posto que tras a **Revolución Rusa de 1917**, ve no nacionalismo a posibilidade de evitar o comunismo.
- Tres piares básicos: **lingua, raza e terra**.
Etapa Posgaleguista (1936-1963)
Risco abandona o galeguismo cando comeza a Guerra Civil. Máis tarde apoiará a Franco.
Renovación Narrativa
Vicente Risco renovou a narrativa galega ao abandonar o **ruralismo** que a caracterizaba ata ese momento e introducir na súa obra unha ambientación **urbana**, **humor crítico**, fins didácticos e moitos elementos **esotéricos**.
Obra Narrativa Destacada
A súa obra narrativa ten moito que ver co seu pensamento filosófico (**sátira social**, temas de cultura...) e adopta un carácter fundamentalmente **didáctico** que rompe coa narración de tipo **folclórico** ou **naturalista** que se viña producindo ata ese momento en Galicia.
Mitteleropa (Ensaio)
Evolución cara á mentalidade franquista, ideoloxía conservadora.
O lobo da xente
Reelaboración das narracións folclóricas.
O porco de pé
Sátira da burguesía urbana. É unha caricatura cruel cunha ironía que pretende facer dano e provocar o riso.
A trabe do aro e a trabe de alquitrán
Relatos lendarios (lendas que constitúen a recreación literaria de mitos galegos).
Linguaxe e Estilo
O estilo de Risco caracterízase por:
- **Linguaxe directo, claro, agudo e sobrio.**
- Risco pretende elevar o galego ás máis altas categorías; para iso emprega o idioma dun xeito funcional pero procurando afastarse do **castelanismo**.