Recursos Literarios, Técnicas Narrativas e Conceptos Lingüísticos en Gallego

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,13 KB

Fragmentos Narrativos e Técnicas Literarias

O regreso á praia (Versión Subxectiva)

O regreso á praia. Era unha tarde gris na praia de Area Longa. (Tempo e espazo). O vento sopraba forte e Marta camiñaba soa pola area mollada. (Narrador externo, omnisciente e subxectivo). Sentía unha mestura de medo e tristura, pois aquel lugar gardaba demasiados recordos.

Mentres miraba o mar, lembrou o último día que estivo alí co seu amigo Daniel. (Analepse). Daquela, todo era luz e risas, pero agora só quedaba silencio.

A praia estaba deserta: as rochas cubertas de algas, as gaivotas lonxe, o ceo escuro coma un pano vello. (Descrición). O narrador conta que ela pensou que quizais, se volvía a aquel sitio, podería entender por que todo cambiara. (Estilo indirecto).

De súpeto, viu unha pequena luz sobre a auga. Achegouse, pero a luz moveuse e desapareceu. O vento soprou máis forte e o mar comezou a subir. Marta pechou os ollos e sentiu que algo a chamaba dende o fondo. Deu un paso cara á auga... e quedou parada. (Final aberto).

O regreso á praia (Versión Obxectiva)

O regreso á praia. Era unha tarde gris na praia de Area Longa. (Espazo aberto). O vento sopraba forte e Marta camiñaba soa pola area mollada. (Narrador externo, omnisciente e obxectivo). As gaivotas voaban sobre as rochas e o mar chocaba contra a costa. (Descrición).

—Volvín, Daniel —dixo ela en voz baixa. (Estilo directo). O vento levaba as súas palabras, e o mar respondía cun ruído constante. Marta mirou o horizonte. Non había ninguén.

Colléu unha pedra e lanzouna á auga. Despois mirou ao ceo e suspirou. Un raio de luz apareceu entre as nubes e reflectiuse no mar. A narración non mostra o que sente, só o que fai: camiña, para, observa o mar e volve camiñar. (Obxectividade).

O vento seguía aumentando, e as ondas chegaban xa ata os seus pés. Marta fixo un paso cara á auga e quedou quieta, mirando o brillo que se movía entre as ondas. O sol escondíase tras o horizonte, e o mar seguía movéndose, coma se gardase un segredo. (Final aberto).

Teoría Literaria e Teatral

  • Texto poético: Caracterízase por empregar unha linguaxe coidada e con ritmo, expresar emocións e sentimentos e utilizar recursos literarios coma metáforas ou símbolos.
  • Caracterización dos personaxes: Pódese coñecer a través das súas accións, pensamentos e diálogos, ou tamén mediante as descricións que realiza o narrador ou outros personaxes.
  • Final dun acto: O final dun acto nunha representación teatral indícase coa baixada do pano ou coa expresión “Fin do acto” escrita no texto.
  • Didascalias: Son indicacións do autor que serven para orientar a posta en escena, como xestos, movementos, ton ou decorado, e non se len en voz alta durante a obra.

Relatos Breves e Simoloxía

O narrador lembra como el e Noelia adoitaban cear sushi cada sábado mentres criaban aos seus fillos. Todo cambia cando os avós regalan aos nenos un acuario con peixes. Aquelas mascotas acaban xerando incomodidade e distancia na parella, ata que un peixe salta fóra do acuario e morre, o que simboliza o final da harmonía familiar. Pouco despois, os demais tamén morren sen que ninguén lles preste atención. O narrador, esgotado e indiferente, tira os peixes mortos e deixa de comer sushi para sempre, asociándoo con esa sensación de baleiro e deterioro familiar.

O autor quere dicir que lle resultaba triste e angustiante ver aos peixes nadar sempre igual, sen liberdade, coma presos repetindo movementos sen sentido.

“Parecían presidiarios dando voltas nun patio pechado.” ou “Movíanse coma robots atrapados nun acuario.”

Glosario de Termos

  • Fanático: Persoa que sente unha gran paixón ou obsesión por algo.
  • Nomenclatura: Conxunto de nomes ou termos usados nunha ciencia, arte ou produto.
  • Albedrío: Liberdade para actuar ou decidir segundo a propia vontade.
  • Bandullo: Barriga ou ventre, especialmente cando está inchado.
  • Quilla: Parte inferior do casco dun barco, que lle dá estabilidade.
  • Lixivia: Líquido empregado para limpar e desinfectar, con forte cheiro a cloro.

Disciplinas da Lingüística

Niveis de Análise Lingüística

  • Fonética: Estuda os sons das linguas, como se producen e perciben.
  • Fonoloxía: Analiza a función dos sons na organización dunha lingua.
  • Morfoloxía: Trata a forma das palabras e os seus elementos (raíces, afixos).
  • Sintaxe: Estuda como se combinan palabras en oracións.
  • Semántica: Analiza o significado das palabras, frases e textos.
  • Pragmática: Estuda como se usa a lingua no contexto social e comunicativo.
  • Sociolingüística: Relación da lingua coa sociedade, variantes xeográficas e sociais.

Lingüística Avanzada e Aplicada

  • Psicolingüística: Adquisición, comprensión e produción da lingua no cerebro.
  • Historial ou diacrónica / Etimoloxía: Evolución da lingua e palabras ao longo do tempo.
  • Lingüística cognitiva: Relación entre lingua e pensamento, percepción do mundo.
  • Lexicografía: Elaboración de diccionarios, estudo do vocabulario.
  • Pragmática textual / Análise do discurso: Estuda a estrutura e interpretación de textos longos ou conversacións.
  • Lingüística aplicada: Ensinar linguas, tradución, tecnoloxía lingüística.
  • Dialectoloxía: Variantes xeográficas dunha lingua.
  • Onomástica: Estudo dos nomes propios.

Entradas relacionadas: