Recursos Naturais, Clima e Transformación da Paisaxe: Unha Visión Global

Otras lenguas extranjeras3,73 KB

O Aproveitamento dos Recursos Naturais

Definición: Son os bens que nos proporciona a natureza.

Diferenza entre recursos esgotables e non esgotables:

Os recursos esgotables esgótanse co seu uso. Sen embargo, os recursos non esgotables non se esgotan porque son capaces de rexenerarse de maneira natural, sempre que non se consuman a un ritmo maior ao tempo que necesitan para recuperarse.

Como conseguir o equilibrio entre o medio natural e a actividade humana:

Polo desenvolvemento sostible, é dicir, un equilibrio entre o crecemento económico dos países e a conservación dos recursos naturais.

Acción polo Clima

Definición de clima: O clima son as condicións atmosféricas habituais nunha rexión e nun período longo de tempo determinado.

Factores que o condicionan:

  • Latitude: É a distancia que hai entre un punto da superficie da terra e o Ecuador. Segundo a latitude diferéncianse 5 zonas climáticas:
    • Unha cálida: entre os trópicos.
    • Dúas temperadas: entre os 30º e 60º nos dous hemisferios.
    • Dúas frías: entre os 60º e 90º.
  • Altitude: Coa altitude aumentan as temperaturas e as precipitacións. Por cada 100 m as temperaturas descenden 0,6 Cº.
  • Relevo: As cordilleiras frean o paso dos ventos, e tamén das nubes cargadas de humidade.
  • Mar: Modera as temperaturas e proporciona humidade nas zonas próximas.

Que lle está sucedendo ao clima no planeta?

Os chamados gases do efecto invernadoiro, o aumento da concentración destes gases na atmosfera debido ás actividades humanas está provocando un rápido incremento da temperatura media do planeta, con graves efectos. O desxeo dos casquetes polares, en consecuencia, o ascenso do nivel do mar, ademais está provocando un cambio climático na maior parte, frecuencia e intensidade de fenómenos meteorolóxicos extremos.

Cumes internacionais:

Ante esta e outras alarmantes manifestacións do cambio climático, celébranse periodicamente cumes internacionais.

A Transformación das Paisaxes

Factores:

Actividade humana e tecnoloxía.

O poboamento e as actividades humanas modifican as paisaxes naturais, máis canto maior é a poboación (necesidade de campos de cultivos, auga, solo para edificar e construír infraestruturas) e a dispoñibilidade de tecnoloxía moderna e enerxía.

Relación entre clima e alteración da paisaxe:

Nos climas extremos, como por exemplo no deserto, a paisaxe non está moi modificada debido á escasa poboación.

Degradacións das paisaxes cálidas:

Na zona intertropical, onde imperan os climas, desenvólvense 3 tipos de paisaxes: selva (asociada ao clima ecuatorial), sabana (domina o clima tropical) e deserto (nas rexións máis secas). Son espazos de baixa densidade demográfica, e atópanse paisaxes de selva e sabana moi transformadas.

  • A selva: Ten deforestación. O principal motivo da deforestación é dispoñer de terras para o cultivo de produtos comerciais.
  • A sabana: Sufre desertización e está moi ameazada polo cambio climático.

A humanización das paisaxes temperadas:

Nas rexións máis habitadas prodúcese unha profunda transformación.

  • Paisaxe continental: Dúas paisaxes: a pradería e a taiga. A taiga está ameazada pola chuvia ácida e polos incendios.
  • Paisaxe oceánica: É unha paisaxe moi transformada.
  • Paisaxe da conca mediterránea: O retroceso e a degradación é o que máis afecta a esta paisaxe.

Descargar

PDF Word HTML