Redes de ordenadores: tipos, medios de transmisión e elementos imprescindibles
Clasificado en Informática
Escrito el en
español con un tamaño de 3,19 KB
Redes de ordenadores
As redes de ordenadores son sistemas de comunicación constituídos por varios dispositivos informáticos que poden compartir datos (información), software (xogos en rede, caixeiros automáticos) e/ou hardware (impresoras).
Xestión e permisos
Unha rede debe estar xestionada por un administrador, que é o que ten permiso para dar de alta novos usuarios da rede, cancelar contas de usuario, etc. O resto son usuarios normais que non teñen permiso para instalar novos programas, por exemplo.
Informática 4º ESO – César Riádigos O Ordenador: Redes Informáticas 5
Roles nunha rede
Nunha rede os ordenadores poden funcionar de dous xeitos:
- Cliente: Aproveita os servizos que ofrece outro equipo.
- Servidor: Encárgase do control, almacenamento e recuperación da información. Presta un servizo: comparte arquivos (P2P), hardware, software ou conexións a internet. Hai que configurar o seu sistema operativo para que funcione como servidor.
Clasificación das redes
As redes de ordenadores pódense clasificar:
Polo seu tamaño
- LAN (Local Area Network) ou WLAN (inalámbrica): local (rede pequena dentro dunha empresa).
- MAN (Metropolitan Area Network): metropolitana (unha cidade).
- WAN (Wide Area Network): global (Internet).
Pola súa arquitectura
- Bus
- Estrela
- Anel
- Árbore
- Malla
Polo medio de transmisión dos datos
Por cable:
- Cobre de par trenzado: 8 fíos, transmite impulsos eléctricos.
- Coaxial.
- Fibra óptica: transmite impulsos de luz.
Inalámbricas (Wi‑Fi — Wireless Fidelity — fidelidade sen fíos): os datos transmítense polo aire por medio de ondas (radio, infravermellos, microondas).
Elementos necesarios para montar unha rede
Os elementos necesarios para montar unha rede son:
- Medio para transmitir os datos: cable ou Wi‑Fi.
- Dispositivos que unen o ordenador co medio de comunicación da rede:
- Portos de comunicación do PC: paralelo, Ethernet, infravermellos, Bluetooth, USB.
- Adaptador de rede para cada ordenador: tarxeta de rede, PCMCIA, USB.
- Equipos de interconexión:
- Hub (concentrador): recibe unha solicitude destinada a un determinado PC da rede pero a envía a todos os PCs da rede (reduce o ancho de banda).
- Switch (conmutador): distribúe os datos só á máquina de destino (evita colisións nos paquetes de datos).
Notas finais
Todos os elementos e conceptos anteriores son fundamentais para comprender e montar unha rede de ordenadores eficiente. A elección do medio, a topoloxía e os dispositivos de interconexión determinarán o rendemento, a escalabilidade e a seguridade da rede.