El reinado de Amadeo I de Saboia en España

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,33 KB

En busca dun novo rei

A todos estes problemas sumábase un asunto de gran complexidade diplomática e de política interior: a elección do novo rei, dunha dinastía que non fose a dos Borbóns. Prim foi o encargado de sondear aos embaixadores estranxeiros co fin de atopar un consenso internacional sobre o candidato. Chegou a haber cinco candidatos, e ao final optouse por Amadeo de Saboia, (duque de Aosta e fillo do rei de Italia, Víctor Manuel II) como novo rei de España.

III.- O reinado de Amadeo de Saboia (1871-1873)

O novo rei desembarca en Cartaxena o 30 de decembro de 1870 e tres días antes fora asasinado, nun atentado, o xeneral Prim, o seu principal valedor.

Un reinado cheo de dificultades

Amadeo de Savoia entrou en Madrid o 2 de xaneiro de 1871, xurou a Constitución e comezou a primeira experiencia dunha monarquía democrática en España. O monarca tiña só 26 anos, a súa formación era esencialmente militar, posuía un escaso carisma persoal e descoñecía absolutamente o español (non capisco niente), polo que en seguida apareceu a oposición.

Non o querían nin a aristocracia (que o vía como un estranxeiro intruso), nin a Igrexa (por admitir a liberdade de cultos e aprobar as desamortizacións), nin o pobo en xeral, que inventou numerosos alcumes (Don Macarrone I por italiano, Don Melone I polas escasas dotes para aprender o castelán).

Tamén contou co rexeitamento sistemático das distintas forzas políticas: os moderados continuaban fieis aos Borbóns e comezaron a organizar, paseniñamente, un partido afonsino, defensor dunha restauración borbónica na persoa do príncipe Afonso. O artífice desta postura era Antonio Cánovas del Castillo. Os sectores republicanos avogaban pola proclamación da república. E por último, a chegada deste rei deu argumentos a un sector do carlismo para volver á insurrección armada.

Así as cousas, os case tres anos que durou o reinado de Amadeo I estiveron marcados polas dificultades constantes, derivándose diso unha permanente inestabilidade:

A terceira guerra carlista (1872-1876). O carlismo adquiriu un novo impulso durante o sexenio, xa que a el se sumou a ala dereita do partido moderado, os neocatólicos, que tiñan como ideoloxía a defensa da orde social consagrada pola Igrexa.

Entradas relacionadas: