Resumo da Obra: Ascenso e Caída de Galisindo
Ao principio da obra, Galisindo e Neldo atópanse discutindo nun despacho sobre como pode facer Galisindo para botar a un inquilino que non paga o aluguer e sobre a súa concepción de que a gran maioría dos gobernantes non protexen os seus intereses como arrendador. No seguinte acto, a alcaldesa e o alcalde atópanse nun despacho onde discuten acerca do seu aspecto; ademais, o alcalde pretende que a súa muller participe nos seus actos como rexedor municipal (ao que finalmente acaba por ceder para que non o faga).
Galisindo está a falar por teléfono cun home que semella ser un contrabandista ou algo semellante, co que está a facer negocios pedíndolle unha comisión a cambio da súa participación nestes. Logo, aparece en escena Tadeo, un político, que vén pedirlle cartos a cambio de propostas a favor de Galisindo e os seus negocios.
Nela e Neldo (o axudante de Galisindo) estaban nunha choza falando sobre o diñeiro que debían. Nela fala da súa situación de miseria e inxuria a Galisindo; Neldo comunícalle que o seu amo xa denunciara que non pagara e que lle informaran sobre iso. Finalmente, D. Cotario (marido de Nela) descobre que os ían botar da casa e a parella entristécese tanto que a súa desesperanza faise evidente. (De todos os xeitos, Neldo di que Galisindo xestionará a súa entrada nunha residencia).
Aparecen (de novo) en escena: D. Galisindo e Neldo. Galisindo le o xornal e descobre unha noticia sobre unha infracción que cometera cun dos seus edificios e as consecuencias penais disto. Chama a Don Neldo e ordéalle que vaia negociar "ofrecendo favores" para limpar a súa reputación. Pídelle tamén comprar as accións dunha empresa de xornalismo e ofrecerlles publicidade para así conseguir o seu favor. Tamén lle di a Neldo que comunique ao alcalde a súa intención de que lle tenten adxudicar contratos públicos para gañarse a esa xente.
O seguinte acto, segundo as acotacións, encádrase no salón da casa de Don Galisindo no que Asperia, a esposa de Don Galisindo, está no salón queixándose dos seus infortunios e dicindo que «nin a súa mucama (a sirventa) lle fai caso». Tras pedirlle algo de comer á criada, aparece Galisindo en escena; e a muller comeza a contarlle o que lle acontecera por causa da súa posición social, queixándose sobre a falta de "modais" e decoro do seu marido e pedíndolle se podería facerse marqués, ao que lle resposta recriminándolle a súa falta de compaixón e egoísmo. Entra tamén en escena Polita, que lle vai contar ao seu pai o seu sufrimento polo "desamor" co seu mozo. Polita fálalle da mala reputación do seu pai entre os seus compañeiros co que consegue que acceda a comprala.
Xa logo, a alcaldesa Corinda atópase nun hotel reunida co alcalde ao que lle di que vai dar clase. Pero, realmente, xúntase con Neldo, o axudante de don Galisindo. Están os dous xuntos e comezan a falar de que hai 6 anos eran noivos pero que el deixáraa e foron quenes de plantexar que Neldo fuxira xunto coa alcaldesa. Pola contra, a alcaldesa insiste en que está casada e non pode marchar. Despois dunha discusión finalmente Neldo colle a alcaldesa apaixonadamente e bícaa.
Galisindo está no seu despacho e ten unha radio acendida na que están a emitir un programa de como ser educado; a raíz da petición da súa muller e da súa filla; logo entra Neldo, Galisindo avergóñase, polo que apaga a máquina. O alcalde finalmente decátase de que a súa muller fóralle infiel e dille que ten un vídeo que o respalda; a muller seguía insistindo en negalo todo, polo que o alcalde ensínalle a proba irrefutable e finalmente, ela escúdase en dicir que ese bico fora obrigado pola parte do mozo. O alcalde dille que de todos os xeitos, terian que buscar unha solución, ao que a alcaldesa propón que se divorcien. Con todo, o alcalde rexeita esa posibilidade xa que, deste xeito, quedarían mal co resto do pobo.
No acto posterior, interprétase a escena de Galisindo con dúas prostitutas como unha mostra máis da súa actitude. A continuación, Polita (filla de Don Galisindo) e a muller deste ven na televisión que se producira un atentado e que o gobernador morrera; ela estaba moi preocupada porque fora preto de onde vivía. Aínda así, D. Galisindo non perde o tempo, ascende ao poder e preséntase como gobernador nun discurso no que vanagloria ao seu predecesor e cunhas ideas moi “politicamente correctas”. Finalmente e no último acto, Galisindo toma o título de gobernador e Neldo o de secretario.