O Rexurdimento da Literatura Galega: Precursores, Períodos e Obxectivos
Os precursores. O Rexurdimento
Claves do Rexurdimento
O Rexurdimento na literatura galega é a etapa que abrangue a maior parte do século XIX e presenta estas características:
- Aparición na sociedade dun movemento político-ideolóxico que tería os nomes de Provincialismo, Rexionalismo e Nacionalismo, sucesivamente, que reivindica a personalidade colectiva do pobo galego e defende os trazos característicos, nos que destaca a lingua.
- Recuperación da escrita literaria en galego dentro dun movemento máis amplo que tamén dignificaba a lingua e pretendía a recuperación e ampliación social dos seus usos.
Períodos do Rexurdimento
- Período precursor (1833-1862)
- Período do Rexurdimento pleno (1863-1888): comeza coa publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e acaba con O Divino Sainete de Curros. Existen os Xogos Florais, certames literarios para recuperar o galego escrito e reivindicalo como idioma de cultura.
- Período de depresión finisecular (1889-1914): coincide coa aparición do Modernismo na literatura hispanoamericana e da ideoloxía da Xeración do 98.
Obxectivos do Rexurdimento
- Cambiar a consideración negativa que existía na sociedade respecto ao uso e ás calidades do galego. Desde os Séculos de Ouro existía un desprezo ao galego por parte das altas capas da sociedade, que o consideraban un dialecto bruto e tosco. Para loitar contra isto, os galeguistas botan man de argumentos de utilidade, identidade e prestixio.
- Ampliar os ámbitos de uso do galego: recupérase o seu lugar na literatura e existe un ideal normalizador que Lamas Carvajal resume no xornal O Tío Marcos da Portela.
- Estudar, depurar e perfeccionar o galego: aparecen as primeiras gramáticas.
- Tamén hai outros obxectivos de carácter ideolóxico e político.
Principais iniciativas
- Historiográficas: primeiras obras que falan da nosa historia e sobre a tese da nosa orixe celta como pobo (Manuel Murguía e Antolín Vicetto).
- Prensa: publicación de xornais e revistas en galego que defendían os intereses de Galicia, denunciaban as miserias da clase labrega e axudaban a difundir textos.
- Filoloxía: xorden os primeiros dicionarios e gramáticas (Saco e Arce, Valladares).
- A música: creación de orfeós que dignificaban e difundían as cantigas (Xoán Montes versionou Negra sombra de Rosalía e Unha noite na eira do trigo de Curros; O pinos foi versionado por Pascual Veiga).
- A literatura: recupéranse xéneros literarios escritos e propóñese crear a Academia Galega da Lingua. O Rexurdimento non acadou o seu obxectivo de igualar as dúas linguas, pero recuperou o galego como idioma escrito.
Os precursores
Son autores que escribiron en galego antes de Cantares Gallegos:
- Nicomedes Pastor Díaz: A Alborada (1828).
- Alberto Camino: poemas románticos (Nai chorosa), de circunstancias (O nacemento do meniño) e costumistas (A foliada de San Xoán).
- Benito Fandiño: A casamenteira (1849), obra de teatro que fala dos casamentos amañados.
- Francisco Añón Paz: participou nos Xogos Florais de 1861.
- Xoán Manuel Pintos: A gaita gallega (1853).