Rosalía de Castro: Compromiso Social e Identidade Literaria

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en con un tamaño de 5,55 KB

A figura de Rosalía de Castro

Rosalía é unha figura singular no contexto literario por tres aspectos: participa decididamente na posta en marcha dun sistema literario galego autónomo usando unha lingua marxinada, rompe con todas as barreiras temáticas e cultiva non só a poesía, senón tamén a prosa.

O romanticismo de Rosalía

¿Qué hai de certo no romanticismo de Rosalía? Danse os seguintes argumentos:

  • a) Na súa obra nunca hai unha actitude escapista nin cara ao pasado nin cara ao exótico, senón identificación coa realidade.
  • b) Destaca na súa escrita a denuncia social e a sensibilidade para os distintos problemas da xente; esta actitude coa sociedade está lonxe do prototipo ególatra e individualista do escritor romántico.
  • c) O ton de sinceridade dos seus versos está lonxe de ser finxido, así como tamén do patetismo esaxerado.
  • d) Temas como a morte, o suicidio, o desengano amoroso, etc., Rosalía trátaos dende unha perspectiva distinta.

O compromiso social

Ten os seguintes aspectos:

  • a) A defensa da cultura e do idioma galegos presentándoos como dignos, fronte á visión común naquela época na que todo o galego era sinónimo de inmundicia.
  • b) A defensa de valores sociais e morais do pobo galego fronte aos novos valores da sociedade burguesa ascendente.
  • c) A identificación cos problemas das clases populares, especialmente coas mulleres campesiñas.
  • d) A denuncia das inxustizas e abusos cometidos con Galiza e cos galegos, sobre todo no tema da emigración.
  • e) A reivindicación dos dereitos da muller a ser "literata" nunha sociedade en que a desigualdade e a marxinación da muller eran aínda unha norma vixente.

Cantares Gallegos

Esta obra ten tres obxectivos fundamentais:

  • a) Reivindicar a validez e a capacidade do noso idioma, negando que sexa torpe e rudo.
  • b) Denunciar o maltrato e a marxinación que padece o noso país e o menosprezo e explotación de que son obxecto os seus habitantes.
  • c) Combater a falsa e negativa imaxe da Galiza que se tiña aínda nesa época.

Temática

  • a) Prólogo e epílogo: Serven de introdución e despedida.
  • b) Folclórico-etnográfica: Ten a intención de reflectir a idiosincrasia do pobo galego.
  • c) Social e/ou patriótica: Tratan a situación de penuria e marxinación en que viven os galegos nese tempo.
  • d) Intimista: Expresa vivencias e sentimentos persoais. Séntese unha persoa marcada pola soidade e pola desgraza.

Follas Novas

Temática

  • a) A lírica solitaria ou subxectiva: (Vaguedás) Reflexiona sobre a escrita feminina e sobre os trazos e contidos da súa propia obra. Tamén manifesta o seu estado anímico e advirte que os seus versos non poden reflectir todos os estados de ánimo. (Do íntimo) Exterioriza as súas reflexións metafísicas, filosóficas e intimistas sobre a insolidariedade humana.
  • b) A lírica solidaria ou obxectiva: (Da Terra) Quere deixar clara a súa identificación co pobo galego. Tamén hai denuncias sobre a discriminación e explotación á muller. (As viúdas) Céntrase no fenómeno da emigración. Vaino facer desde a solidariedade, a admiración e a identificación coas mulleres campesiñas da súa época.

Varia

É o terceiro libro que actúa a modo de ponte entre os dous primeiros. Destaca o sufrimento da xente (mulleres) e os problemas sociais como a miseria e a emigración. Expresa un paso do intimismo ao subxectivismo.

Axentes de castelanización

Durante o século XIX, o castelán impónse cada vez máis rápido na sociedade galega. Este incremento deriva da aparición de novos axentes:

  1. Os medios escritos (como a prensa).
  2. O aumento no número de escolas de educación pública a partir da entrada en vigor da "Ley Moyano".
  3. O reforzo do aparello administrativo estatal.
  4. O establecemento de moitos elementos burgueses de orixe foránea.
  5. O influxo da emigración transoceánica a países de fala hispana por parte de importantes continentes de poboación rural galega.

Detéctase unha maior extensión das actitudes despectivas cara ao galego e dos prexuízos sobre as súas capacidades. Como resposta a ese notable incremento do uso do castelán e como reacción contra esas opinións sobre a nosa lingua, aparece un movemento que coñecemos como Rexurdimento.

As institucións como motores da castelanización

  • A Administración: As autoridades impoñen o español en ámbitos da vida social e administrativa. As novas entidades do Estado marxinan o idioma galego, tanto oralmente como por escrito.
  • A Escola pública: En moitos casos esta deixa de estar baixo a tutela da Igrexa para pasar a mans do Estado. A escola establece a marxinación explícita, tanto activa como pasiva, dos idiomas existentes que non sexan o castelán, sendo un dos principais focos de expansión do castelán na sociedade galega.

PONDAL

Entradas relacionadas: