Similitudes y diferencias entre el zarismo y la URSS

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,22 KB

Por exemplo, en política exterior teñen similitudes, pois os obxectivos dos zares eran expandirse, ser o irmán maior dos pobos eslavos (o mesmo que a URSS). Outro obxectivo era a expansión cara os mares cálidos (Mar Negro e Mediterráneo). En definitiva, a política exterior de ambos parécese moito, pero sen embargo as motivacións son distintas e o discurso tamén; outra similitude, que o individuo vale pouco no zarismo e na URSS, pois a felicidade colectiva prima sobre as persoas; outra similitude é un aspecto burocrático, o pasaporte interno, que tamén o había no zarismo e na URSS recupérao Stalin (é unha forma de control da poboación, no caso soviético para evitar que os campesiños dos koljóses non escaparan.En definitiva, o zarismo e os bolxeviques diferéncianse en moitas cousas, pero nalgunhas sorprendentemente coinciden. Sistema represivo estalinista: as purgas (contra o propio Partido Bolxevique, contra o Exército soviético e contra os comunistas estranxeiros, entre outros). Logros educativos: remátase co analfabetismo.Realízanse numerosas obras públicas (con man de obra forzada, pero ao fin e ao cabo son obras públicas).Arte: O que se impuxo foi o chamado realismo socialista (moitos artistas acaban nos gulags, ou iso ou pregarse ao realismo socialista, que consistía en non mostrar a realidade como era, senón que había que meter algunha mensaxe polo medio de como se estaba cambiando na dirección correcta).Ata hoxe, o gran mito lexitimador de Stalin é a súa vitoria contra os nazis na 2ªGM. A 2ª GM pasa a convertese no gran mito lexitimador da URSS por encima da Revolución. 1941 Alemaña decláralle a guerra por sorpresa á URSS. Outra experiencia soviética durante a 2ªGm: as deportacións de grupos étnicos sospeitosos (alemáns do Volga, chechenos, coreanos, etc.) Represalias étnicas masivas no ano 1945: hai entre 10-11 millóns de alemáns étnicos que son expulsados de Romanía, os Sudetes, etc. Hai a esperanza no pobo soviético de que todos os sufrimentos, sacrificios, despois do esforzo colectivizador, do esforzo da guerra, que todo iso ten que ter un premio. Comeza a ilusión colectiva, unha esperanza de que despois da guerra o estalinismo se va a moderar, vai a adoptar un trato máis suave co seu propio pobo. Vaise a liberar a cerca de 1 millón de presos dos gulags, moitos deles para marchar cara a fronte. Púxose fin á campaña anticlerical. Fíxose a vista gorda cos hortos privados dos koljóses, porque durante a guerra os koljóses estenderon eses hortos privados. Pero o goberno sabía que a agricultura era moito máis produtiva neses hortos, e fixo a vista gorda con eles e co mercado negro de alimentos. Tamén se liberalizou algo o control sobre os artistas: en particular liberouse a algúns que estaban encarcerados.En definitiva, hai a esperanza de que a posguerra sería moito mellor.

Entradas relacionadas: