Sintaxis y Morfología: Tipos de Proposiciones Adverbiales Impropias y el Texto como Unidad de Comunicación en Gallego

Enviado por Valdo y clasificado en Español

Escrito el en español con un tamaño de 2,92 KB

A Subordinación Adverbial

1. Proposicions Adverbiais Impropias

As proposicions adverbiais impropias indican condición, consecuencia, finalidade e outras nocións que non poden ser expresadas por un adverbio. Distínguense as seguintes:

  • Condicionais
  • Concesivas
  • Causais
  • Finais
  • Comparativas
  • Consecutivas

2. Proposicions Adverbiais Condicionais

Expresan unha condición que debe cumprirse para que se realice o que se enuncia na proposición principal. Adoitan ir introducidas por un enlace subordinante de valor condicional: se, como, sempre...

3. Proposicions Adverbiais Concesivas

Expresan un obstáculo que dificulta, de non impedir, o cumprimento do que se enuncia na proposición principal. Van introducidas polas locucións conxuntivas de valor concesivo: aínda que, a pesar de que...

4. Proposicions Adverbiais Causais

Expresan a causa, o motivo ou a razón do que se enuncia na proposición principal. Adoitan ir introducidas polas conxuncións porque, pois que, como...

5. Proposicions Adverbiais Finais

Expresan a intención con que se realiza a acción que se enuncia na proposición principal. Van introducidas por un enlace subordinante: para que, que, a que...

6. Proposicions Adverbiais Comparativas

Expresan o segundo termo dunha comparación que se inicia na proposición principal. Caracterizánse por posuír elementos en correlación: máis ca / que, mellor ca / que...

7. Proposicions Adverbiais Consecutivas

Expresan unha consecuencia que se desprende do enunciado na proposición principal. Hai dous tipos de proposicións adverbiais consecutivas:

  • As que expresan a consecuencia dunha acción sen engadir unha noción de intensidade (con que, logo...).
  • As que expresan a consecuencia dunha calidade, dunha acción ou dunha circunstancia que se presenta na proposición principal (que, tal, tan ou tanto).

O Texto como Unidade de Comunicación

1. O Texto, Unidade de Comunicación

A comunicación realízase por medio de textos. Un conto, unha carta, unha solicitude ou unha reportaxe son textos. Chamámoslle texto a calquera mensaxe completa que se transmite oralmente ou por escrito nun acto de comunicación.

2. Características dos Textos

Todo texto está formado por un conxunto de enunciados. Hai que destacar os seguintes trazos:

  • Mensaxe completa: O texto é unha mensaxe que se presenta como completa, é un universo lingüístico pechado (todos e cada un dos enunciados adquiren significación no propio texto).
  • Unidade temática: Dota de coherencia ao texto.
  • Cohesión interna: Cada enunciado dun texto enlaza gramaticalmente e semanticamente con outros enunciados do mesmo texto.