O Sistema da Arte no Cambio de Milenio: Globalización, Bienais e Mercado
Clasificado en Plástica y Educación Artística
Escrito el en
español con un tamaño de 3,84 KB
Arte no cambio de milenio: Contexto e evolución
O panorama artístico no cambio de milenio vén definido por transformacións estruturais, sociais e económicas que redefiniron a creación, distribución e consumo da arte contemporánea.
1. Consolidación do sistema das artes contemporáneas
A consolidación do sistema artístico articúlase arredor de tres eixes fundamentais:
- Centros de arte e museos: Rexístrase un aumento constante de museos e centros de arte dedicados á creación contemporánea.
- As bienais de arte: xorden novos eventos artísticos efémeros que duran de 2 a 3 meses. Aínda que son temporais, alí onde se organizan xérase unha dinámica moi forte a nivel de exposicións e de creación de novas obras. Son certames de arte internacional que concentran a un bo número de artistas, converténdose nun dos fenómenos máis potentes dos últimos anos no mundo da arte.
- Mercado da arte: Desenvólvese un mercado da arte cada vez máis amplo.
As bienais adoitan estar coordinadas por un comisario de exposicións, unha figura clave que selecciona as obras dos artistas e planifica a exposición. O fenómeno de auxe das bienais vai á par do crecente protagonismo dos comisarios, ata o punto de que, na actualidade, son case máis famosos os comisarios que os propios artistas.
2. Globalización e as súas tensións
A globalización actúa simultaneamente como tema e como contexto para as artes, sendo o marco no que se desenvolve este novo mundo artístico. Isto xera tanto novas oportunidades como evidentes contradicións:
- Oportunidades e internacionalización: Producese un carácter moito máis internacional do panorama e circuíto das artes.
- Cara negativa e centros de poder: Malia existir un discurso de celebración da globalización no mundo artístico, os focos e centros de poder seguen sendo os mesmos. A maioría dos artistas continúan vivindo e traballando nas grandes capitais como Londres, París e Nova York.
- Novos coleccionistas e récords no mercado: Irrompen novos coleccionistas procedentes de países como Rusia ou China, con elevado poder adquisitivo e dispostos a pagar calquera cifra. Isto provoca que se mecen e disparan os prezos continuamente nas poxas. Como a arte contemporánea se puxo de moda na actualidade, dende o comezo da crise internacional non hai ano no que non se batan récords de prezos en subastas de arte.
- Impacto nos temas: A globalización inflúe directamente nos temas da arte (abordando cuestións como os fluxos migratorios), afectando por igual a artistas, galerías e contidos.
3. Polarización na produción artística
Existe unha marcada polarización entre dúas formas de entender a arte:
- Arte espectacular: Protagonizada por artistas mediáticos e grandes galerías que moven prezos desorbitados.
- Novas formas de produción e precariedade: A gran maioría dos artistas vive nunha situación de precariedade laboral (traballos mal pagados, esporádicos e inestables que moitas veces non dan para sobrevivir).
O mundo da arte funciona como un iceberg: só vemos os grandes nomes e as galerías de éxito, pero a gran maioría dos creadores ten que recorre a formas de traballo autoxestionadas e a espazos informais. Esta realidade de precariedade está profundamente presente no panorama artístico actual.