La sociedad y la economía en la Edad Moderna

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 9,91 KB

APARTADO1: COMO ERA A SOCIEDADE E A ECONOMÍA NO A.R

1.- Definición de sociedade estamental: son pechados. Son os grupos sociais no que esta dividida a sociedade, esta estaba basada en privilexios. Había 3 estamentos: a nobreza e o clero (posuíanvantaxes, eran os privilexiados, como non pagar impostos) e o terceiroestado. A pertenza de estar nun estamento ounoutro era polo nacemento, excepto no caso do clero, por iso costaba tanto ascender socialmente.

2.- Os tres estamentos:                               - nobreza: dividíase en alta nobreza, que eran os condes, marqueses… que recibían altos cargos da Administración e do Exercito, tiñan grandes propiedades e cobraba dereitosseñoriais. A outra parte era a baixanobreza que tiña unha situación económica moito peor.                 - clero: dividíase no alto clero que eran os bispos, arcebispos… adoitaban integrarse os fillos menores das familias nobres e o baixoclero que eran sacerdotes, monxas… e eran persoas do pobo.                             - o terceiro estado:                                      · o campesiñado: era moi numeroso. Pagaba impostosao monarca, aosseñores polo dereito de explotación da terra, uso do muíño, á Igrexa… a maioríatraballaba as terras da nobrezaou do clero como xornaleiros, servos… e non podianabandonalas sen permiso do seuseñor.     · a burguesía; eran os comerciantes, médicos… unha parte acumulara grandes fortunas pero o seu poder político limitábaseaogoberno das cidades, por iso reclamaba maior participación na política.

3.- A súa economía:                                    - a agricultura e a gandería eran as principais actividades económicas (clero, pouco productiva poruqe está atrasada).    - a agricultura de subsistencia: (mercados locais), empregabaferramentas rudimentarias e se dedicaba sobretodo ao cultivo de cereais.                                       - o morgado: era unha práctica que obligaba a transmitir as propiedades ca mellor parte para o fillomaior.                     - os bens das mansmortas (moitas das terras dos cleros): non podían venderse por estarenbaixo protección do monarca, podías donalas a igrexa.                              - as terras de explotación comunal: non eran de alguen en concreto se non que podían beneficiarse os demais habitantes usandoas de terrappara o pasto.                - os gremios: eran fundamentais, eran asociacións de artesáns do mesmo oficio que regulaban a producción.                       - o domesticsystem: era a forma de fabricar productos previa a revolución industrial, os artesanstraballaban en pequenosobradoirose realizaban todas as fases da produccion.                                   - as manufacturas reais: foi creación da monarquía(do rei), eran instalacións similares a grandes obradoirosartesanais centrados na elaboración de armas e artigos de luxo, para que a nobrezadeixaracartos no país.                                 - comercio internacional: intercamios entre países, as compañías tiñan o privilexio de controlar a compravenda de productos.     - o comercio triangular: os barcos europeos dirixíanse a África, intercambiaban productos de pouco valor por escravos e levábanos a América para vendelos, e cos beneficios mercaban algodón, azucre… que revendían en Europa

APARTADO2: OS DIFERENTES SISTEMAS POLÍTICOS

1.- A monarquía absoluta:                           - caracterización: no século XVIII a monarquía absoluta era a forma do goberno na maior parte de Europa. O reiouraiñaconcertraba todos os poderes do Estado (elaboraba e promulgaba as leis, gobernaba e nomeabaaosxuíces) dispoñíadun poderoso exército e contaba cunfuncionariado para exercer as funcións.                                                      - asambleas representativas: necesitaban a aprobación destasasambleas para establecer impostosou para a promulgación dalgunhalei. Estaban nunha corte pero non podían tomar decisión por si solos. Se lle nombraban cargos e no podía negarse ao que decía o rei.              - o mercantilismo: era unhadoutrina económica que baseaba a riqueza dun país na cantidade de ouro e prata que se posuía. Para aumentar a riqueza, formentaron as industrias nacionais e as exportacións, e limitaron as importacións.

2.- O parlamentarismo: que o gobernante non podía tomar decisiónspolasúaconta e tiñan que cumplir co que lle decían.           -O parlamentarismo inglés (en Inglaterra) 1642-1688: na primeirametade do século XVII os monarcas da dinastía Estuardo trataron de gobernar Gran Bretaña e Irlanda como monarcas absolutos pero bateron coa burguesía que dominabaa o Parlamento. Este enfrontamentoprovocou as revolucións de 1642-1688 que remataron coa expulsión da dinastía de Estuardo do trono e co triunfo da monarquía parlamentaria. En 1689 o monarca tivo que asinarunhaDeclaración de Dereitos que garantía unha serie de liberdades e de dereitos si aceptaba non aprobar leisnin crear ou cobrar impostos sen a aprobación do Parlamento.               - O Parlamentarismo nas Provincias Unidas 1648: cando Bélxica e Holanda se independizaron de España en 1648, estableceron un sistema de goberno non absolutista. Convertéronsenunha república na que os burgueses exercían o poder político. Grazásaodesenvolvemento comercial a burguesía aumentou o seu poder económico e político. A república estaba formada por sete provincias con cadanseu parlamento, os representantes reuníanse nos Estados Xerais que tomaban decisiónscomúns.

APARTADO3: A ILUSTRACIÓN

1.- A ilustración xurdiu no século XVIII en Francia que era unhacorrente de pensamento que cuestionou os principios do AntigoRéxime. A caracterización era:     - a razón: fronte os costumes e a superstición. As persoas ilustradas rexeitaron os privilexios da nobreza e do clero, as regulamentaciónsdos gremios e o aboslutismo.                                                - a tolerancia: como expresión da pluralidade e como base de convivencia para poder entender as persoas.                - a liberdade: era defensa dunsdereitosnaturais para as persoas, que o Estado non podía suprimir, como a liberdade para elexir….                                                       - a educación: considerabase un instrumento para difundir a razón e o coñecemento.

2.- A difusión: as ideas ilustradas difundíronse por Europa e América a traves dos salóns, das academias, da prensa e principalmente grazasa enciclopedia.

3.- A enciclopedia: era onde se encontraba a reunión de todos os saberes do momento.                                               4.-Ilustrados:                                              - John Locke (1632-1704) autor de Cartas sobre a tolerancia: precursor das ideas ilustradas, criticou o absolutismo e sostivo que o Estado era o resultado dun pacto entre persoas gobernantes e que podía romperse se as primeiras non gobernaban de forma xusta.                                            - Voltaire (1694 - 1778), autor de tratado sobre a tolerancia. Criticoucon dureza o fanatismo e a intolerancia, e defendeu a liberdade de expresion e unha monarquía forte na que se respectasen as liberdadescivis.                                            - Jean-Jacques Rousseau (1712 - 1778), autor de O contrato social. Defendeu a liberdade e a igualdade das persoas. Consideraba que a sociedadecorrompia o ser humano.                                                 - Montesquieu (1689 - 1755), autor de O espírito das leis. Defendeupor primeira vez a division dos tres poderes do Estado: os Parlamentos representativos debianexercer o poder exislativo; o monarca, o poder executivo, e os xuicesindependentes, o poder xudicial.

5.- O despotismo ilustrado:                         - características: os monarcas absolutos querían manter o poder, por isoalgúns como Xosé II de Austria, Catarina II de Rusia, Carlos III de España… aplicaron reformas ilustradas para estender a educación, racionalizar a Administración e potenciar o desenvolvementoeconómico dos seus territorios pero sen perder o seu poder. Non alterou as bases do AntigoRéxime, xa que as reformas non limitaron o poder absoluto dos monarcas aínda que chocaron cos privilexiosestamentais.         - medidas que se tomaron:                     • fundaron institucións educativas e renovaron os plans de estudospara potenciar as ciencias como as matemáticas, fyq… había que pagar, e naquel momento tentaban a ir máis os fillos dos burgueses porque eran os que tiñan a economía nese momento máis alta.                                                             · modernizaron a burocracia, reforzaron a Administración central e intentaron que os estamentos privilexiados pagasen impostos.

· impulsaron desamortizacións: os bens de mansmortas pasasen aoEstado para poñelos á venda e que as terrasvolvesen ser produtivas. Tamén se puxeron en cultivo novas terras, construíronsecamiños e realizáronse obras de regadío.

- representante: Carlos III, o rei español de ese momento

Entradas relacionadas: