Sociedade estamental e Ilustración: estamentos, absolutismo e pensamento político

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,75 KB

Sociedade estamental

Recibía este nome porque se dividía en tres estamentos:

  • Privilexiados ou nobreza (2–3% da poboación): eran propietarios da maioría das terras, non pagaban impostos e levaban unha vida de luxo; tiñan un sistema xudicial propio e eran os xuíces nos seus señoríos.
  • Non privilexiados ou “terceiro estado” (97–98% da poboación):
    • Campesiños: eran a inmensa maioría da poboación, onde poucos dispoñían de terras. Sufrían unhas condicións de vida precarias, dado que á baixa produtividade agrícola se lle sumaban as numerosas rendas que tiñan que pagar ao rei, aos señores feudais e á Igrexa.
    • Burguesía: era unha minoría que foi gañando poder económico. A gran burguesía foise enriquecendo cada vez máis mediante a actividade comercial e financeira. Cada vez contaban con maior prestixio social, pero non tiñan poder político dado que non eran privilexiados.

O sistema político

Desde os inicios da Idade Moderna, as monarquías europeas conseguiron ir restando poder aos señores feudais; de tal éxito que os reis gobernaban de xeito moi autoritario sen dar contas a ninguén, o que se coñece como absolutismo. O poder dos reis supóñase que tiña a súa orixe en Deus, polo que os homes non eran quen de poñelo en dúbida. O rei de Francia, Luis XIV, o chamado «Rei Sol», tiña por máxima «O Estado son eu».

Parte 2: Ilustración

Concepto da Ilustración: movemento intelectual baseado na razón que supón un pensamento crítico sobre o mundo do Antigo Réxime. Aínda que naceu en Inglaterra no s. XVII, alcanzou a súa maior relevancia en Francia e esténdese por Europa no s. XVIII.

Pensamento político

Os ilustrados afirmaban que os seres humanos nacen libres e iguais.

  • John Locke (1632–1704): pensador inglés que tomou parte na revolución de 1688 en Inglaterra; pensaba que o pobo debía limitar o poder arbitrario dos reis e que este debía ser exercido a través do parlamento.
  • Montesquieu: formulou en 1748 o principio da separación de poderes. Consideraba que o Estado exercía tres poderes que non podían residir nunha única persoa, senón que deberían estar separados para evitar a tiranía.

Pensamento social

  • Voltaire (1694–1778): cría na liberdade de pensamento de cada persoa e na tolerancia relixiosa.
  • Rousseau (1712–1778): enunciou o principio do «contrato social». Consideraba o goberno como un contrato entre o pobo e os gobernantes; cría que todos os homes son iguais e defendía a liberdade individual.

Entradas relacionadas: