Teatro Galego: Da Ditadura á Actualidade

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,24 KB

-Situación Xeral: durante a ditadura o teatro galego apenas tivo oportunidade de mostrarse en escena. O asentamento definitivo da producción teatral, concéntrase a través de distintos feitos:

  • Establecemento de axudas económicas e creación de circuítos de representación.
  • Nacemento dunha compañía institucional, O Centro Dramático Galego 1974.
  • Creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais que estableceu A Rede Galega de Teatros e Auditorios.
  • Nacemento en 2005 da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • Creación de premios para textos teatrais como o Álvaro Cunqueiro ou O Rafael Dieste.
  • Creación dos Premios de Teatro María Casares da Asociación de Actores e Actrices.

Cada vez vanse consolidando máis compañías de teatro profesional: Sarabela, Ollomol-tranvía, tamén se desenvolve o teatro infantil e xuvenil con diversas compañías de marionetas e monicreques (Tanxarina). A publicación de textos teatrais foi escasa.

O Grupo Abrente

Convinan a escrita coa interpretación e buscan innovacións temáticas, máis cada un presenta un universo creativo diferente. Os máis relevantes son:

  • Manuel Lourenzo 1943, actor e dramaturgo que gañou O Premio Nacional de Literatura Gramática. Hai duas grandes liñas temáticas: o teatro mítico na liña das traxedias grecolatinas, como Traxicomedia Do Vento de Tebas namorado dunha forca (Premio Abrente 1978) e o teatro de circunstancias de carácter experimental, en obras, Teatro mínimo 1992 ou Veladas indecentes 1996.
  • Euloxio R. Ruibal 1945, comenza escribindo parábolas contra a violencia, a guerra e a opresión, como Zardigot (Premio Abrente 1974) para depois publicar varias pezas satíricas sobre a situación de Galicia, como Azos de esguello (Premio Álvaro Cunqueiro 1989).
  • Roberto Vidal Bolaño 1950-2002, comezou publicando obras inspiradas na dramaturxa popular, como Laudamuco, Señor de ningures (Premio Abrente 1976) ou Bailadela damorte ditosa (Premio Abrente 1980). A partir dos 80 escribe pezas burlescas: Días en gloria (Premio Rafael Dieste 1992), Rastros 1998 ou A ópera de a patacón 1998.

Entradas relacionadas: