Teatro galego na diáspora: Castelao, Blanco Amor e a renovación dramática
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,71 KB
O teatro na diáspora
Durante a posguerra conviven na diáspora dúas propostas teatrais diferentes:
- Unha de carácter máis popular, enxebrista e costumista. Pretende, fundamentalmente, evocar a terra e manter o sentido e orgullo de colectividade galega, apelando ao sentimentalismo.
- Outra, máis culta, con técnicas, temas e enfoques dramáticos innovadores. Procura dotar as obras de validez universal, formulando conflitos e preocupacións non necesariamente exclusivos nin característicos do pobo galego.
Alfonso Rodríguez Castelao
Os vellos non deben de namorarse é a obra coa que Castelao culmina o esforzo de renovación da dramaturxia galega levado a cabo polas Irmandades e o grupo Nós. As liñas básicas da súa concepción teatral son o gusto polo expresionismo e o simbolismo, combinados co humorismo e o folclore; así como a inclinación por un teatro de protagonismo popular.
A obra está formada por tres lances independentes entre si, enmarcados por un prólogo e un epílogo. Preséntanos tres versións dun mesmo esquema dramático: o vello que se namora dunha moza e a imposibilidade deses amores, que acaban inevitablemente coa morte do vello.
Entre os personaxes destacan os vellos, que representan os diferentes sectores dominantes na sociedade galega: a burguesía acomodada, a fidalguía decadente e os labregos ricos. As tres mozas pertencen a un estrato social inferior ao dos vellos; a actitude de cada unha delas é diferente. Outros personaxes son os mozos antagonistas, os personaxes-símbolo e os personaxes colectivos.
Os vellos non deben de namorarse acolle unha crítica aos esquemas e valores dominantes na sociedade. Ao lado dos temas do amor e da morte trata outros como o poder do diñeiro e a obxectualización erótica da muller.
A peza foi estreada en Bos Aires en 1941 pola Compañía Gallega Maruja Villanueva. O propio Castelao ocupouse en persoa da escenografía, luces, vestiario, máscaras, etc. Habería que agardar ata 1953 para que o texto fose coñecido en Galicia, grazas á edición que del fixo a editorial Galaxia. A obra representouse por vez primeira no noso país o 25 de xullo de 1961.
Eduardo Blanco Amor
Ademais de ser director de diversas compañías en Bos Aires, é autor de varios textos dramáticos orixinais, reunidos en dous volumes: Farsas para títeres e Teatro pra xente (segue na outra).