Técnicas de Reprodución Asistida: Procedementos e Avances en Fertilidade

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en con un tamaño de 2,35 KB

Inseminación artificial

A inseminación artificial é un método de reprodución asistida no que o esperma seleccionado e preparado no laboratorio é depositado na muller mediante instrumental especializado, xa sexa en óvulos (intrafolicular), no útero, no cérvix ou nas trompas de Falopio. Aplícase en casos como a existencia de cicatrices ou defectos no colo do útero, reconto baixo de espermatozoides ou baixa mobilidade destes. Pode utilizarse en combinación con fármacos que estimulan a ovulación.

  • Fecundación in vitro (bebé probeta)

    Os óvulos e os espermatozoides incúbanse xuntos nun laboratorio para producir un embrión. Con posterioridade, o embrión transfírese ao útero, onde pode implantarse e dar como resultado un embarazo exitoso. Realízase cando existen problemas na ovulación ou na implantación do embrión. A primeira etapa é a estimulación ovárica, na que se administran fármacos para que os ovarios produzan moitos óvulos maduros á vez.

  • Inxección intracitoplasmática de espermatozoides (ICSI)

    É unha variante da fecundación in vitro que se usa cando o espermatozoide non logra fecundar o óvulo, e consiste en inxectar un espermatozoide dentro do citoplasma do óvulo utilizando unha agulla.

  • Transferencia de embrións

    Selecciónanse os embrións e transfírense ao útero entre o terceiro e o quinto día do desenvolvemento embrionario. Prográmase a implantación segundo o ciclo de ovulación, para evitar rexeitamentos, ou ben adminístranse fármacos con estróxeno e proxesterona para preparar a membrana que recubre o útero para a implantación. Estes embrións poden estar previamente conxelados ou proceder de doantes.

Vitrificación de óvulos

A vitrificación de óvulos é unha técnica de reprodución asistida que consiste na extracción de óvulos e a súa posterior conxelación a −196 °C. Desta forma pódense conservar sen alterar a súa capacidade para ser fecundados por un tempo indefinido. Este método utilízase cando hai risco de que unha muller quede infértil por motivos médicos ou cando unha muller decide atrasar de forma voluntaria o momento de ser nai.

Entradas relacionadas: