Tempos verbais en galego: presente, pretérito, futuro e modos do verbo
Clasificado en Inglés
Escrito el en
español con un tamaño de 7,65 KB
Tempos verbais en galego
Presente
Acción simultánea ao momento de fala.
- Valor atemporal ou permanente: para presentar acontecementos de validez universal e ilimitada. A auga ferve a cen graos. Os gatos son animais felinos.
- Valor habitual: expresa accións habituais, que se repiten con regularidade. Os sábados imos ao teatro.
- Valor histórico: é un valor que, no presente, narra ou presenta situacións pasadas, co que se concede maior expresividade aos feitos ocorridos. Castelao morre en Buenos Aires en 1950.
- Valor de futuro: o presente posúe un valor prospectivo, para marcar un feito que probablemente se ha de realizar. Mañá imos ao cine.
- Valor imperativo: expresa accións non iniciadas que se van realizar no futuro. Ti pides-lo e dás-mo.
Copretérito
Coincidencia cun tempo pasado.
- Valor habitual: indica accións usuais ou repetidas no pasado. Antes saíamos todos os xoves.
- Valor de cortesía: Quería preguntarlle...
- Valor de futuro desde o pasado: Dixo que marchaba mañá. Prometeume que hoxe estaba aquí.
- Valor narrativo ou literario: é o tempo empregado na acción narrativa. Había unha vez dúas rapazas.
Cando chegamos, xa estaban ali.
Pretérito
Acción anterior ao momento de fala: Onte mercou o coche.
- Anterioridade no pasado, equivalente a un antepretérito: Naquel momento non soubo se rompera a perna ou o xeonllo.
- Valor de pretérito no futuro: indica unha acción situada nun momento anterior a outros que vai vir no futuro. Cando veñan os bombeiros, xa ordenado. Cando volvas, seguro que xa fixen iso.
Antepretérito
Acción anterior a outra pasada.
- Valor de cortesía: Quixera preguntarlle.
- Valor desiderativo: Quen pudera marchar convosco de viaxe. (Só con este último valor é posible a substitución polo pretérito de subxuntivo.)
Cando chamou, xa marcharas.
Futuro
Acción posterior ao momento en que se fala: Mañá sairemos ás tres.
- Valor de obriga: Levarás as cousas que che dixen.
- Valor de probabilidade ou dúbida: Valerán dez euros.
- Valor de cortesía: Quererá facerme un favor?
- Valor de pasado: Coa chegada de Franco, serán castigados os opostos ao réxime.
Pospretérito
Posterioridade con respecto ao pasado: Onte dixo que sairían ás tres da tarde.
- Valor de cortesía: Querería dicirme a hora?
- Valor imperativo: Deberías ser máis coidadoso.
- Valor de probabilidade ou dúbida referida a un momento pasado: Andaría polos vinte anos cando soubo que a música era o seu destino.
- Valor de pasado: Coa chegada de Franco, serían castigados os opostos ao réxime.
- Futuro do pretérito: pónse de manifesto unha acción que pode ocorrer no presente ou no futuro se se reunisen as condicións necesarias. Sería rico se aforrase.
Subxuntivo presente
- Acción posterior ou simultánea ao momento de fala: Quero que marches despois de comer. Deixa que entre (agora).
- Desexo, rogo, maldición: Queira Deus non estean os cristais rotos! O demo te leve!
- Dúbida: Poida que non me crea.
- Valor imperativo: Que saloan todos de aquí agora mesmo.
Pretérito de subxuntivo
- Anterioridade con respecto a un feito pasado: Sinto que non che desen as axudas.
- Coincidencia con respecto a un feito pasado: Parecía como se soubese o que tiña que facer.
- Futuridade con respecto a un feito pasado: Dixenlle que me trouxese iso mañá.
- Condición ou suposto nos enunciados condicionais e concesivos: Se chamases, iriamos buscarte antes.
Futuro de subxuntivo
- Eventualidade no futuro: Non entrarán os que chegaren tarde.
- Valor modal: Onde fores, fai como vires.
Imperativo
Mandato temporalmente coincidente co momento da enunciación: Chama a túa irmá e dille que veña.
Paradigmas verbais
- Presente: canto, cantas, canta, cantamos, cantades, cantan
- Pretérito: cantei, cantaches, cantou, cantamos, cantastes, cantaron
- Copretérito: cantaba, cantabas, cantaba, cantabamos, cantabades, cantaban
- Antepretérito: cantara, cantaras, cantara, cantaramos, cantarades, cantaran
- Pospretérito: cantaría, cantarías, cantaría, cantaríamos, cantaríades, cantarían
- Futuro: cantarei, cantarás, cantará, cantaremos, cantaredes, cantarán
Alternancia vocálica no presente de indicativo
Unha serie de verbos non conservan igual sempre as vogais do lexema ou raíz no presente de indicativo. Uns alternan I con E e outros U con O. Reparade nos exemplos:
- Eu sigo, ti segues, el segue, nós seguimos, vós seguides, eles seguen
- Eu subo, ti sobes, el sobe, nós subimos, vós subides, eles soben
Verbos de alternancia I/E
Conxúganse segundo o modelo de seguir: sentir, ferir, mentir, servir, e os derivados destes (conseguir, desmentir, perseguir, etc.).
Verbos de alternancia U/O
Conxúganse igual que subir: bulir, cubrir, acudir, cumprir, durmir, cuspir, fuxir, sufrir, tusir, xurdir.
Verbos regulares e irregulares
Os verbos regulares manteñen o lexema e só cambian a desinencia; os irregulares presentan alteracións na raíz ou nas desinencias en algún tempo.