Textos Expositivos, Clases de Oraciones Simples y Figuras Literarias en Gallego

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,89 KB

Os textos expositivos (aspectos teóricos)

Características dos textos expositivos

  • Predominan as oracións enunciativas.
  • Utilízase a terceira persoa dos tempos verbais.
  • Os verbos das ideas principais concúxanse en modo indicativo.
  • O rexistro é formal e emprégase gran cantidade de termos técnicos ou científicos.
  • Non se utilizan expresións subxectivas.

Funcións dun texto expositivo

  • É informativo: porque presenta datos ou información sobre feitos, datas, personaxes, teorías, etc.
  • É explicativo: porque a información que brinda incorpora explicacións significativas sobre os datos que achega.
  • É directivo: porque funciona como guía da lectura.

Tipos de oración simple pola intención do falante

  • Enunciativas: expresan sen máis feitos (ex. traballa na agricultura).
  • Interrogativas: preguntan algo (ex. imos ao cine? quen vén? cando marchas?).
  • Imperativas (volitivas): exprésase mandato, prohibición ou rogo (ex. vén aquí agora! unha orden...).
  • Exclamativas ou emocionais: expresan sentimentos de sorpresa, temores, alegría (ex. que xeito de chover!).

Concordancia

Exemplo incorrecto/correcto: (ella somos guapa) / ela é guapa.

As figuras literarias

  • Anáfora: consiste na repetición das primeiras palabras dun verso. Exemplo:
    tarde para lembrarse do pasado
    tarde para ollar o incerto futuro
    tarde sempre dis que é tarde
  • Epíteto: adxectivo que se antepón ao substantivo que acompaña e resalta características intrínsecas del. Exemplo: branca neve, verde herba.
  • Hipérbaton: consiste na alteración da orde lóxica dos elementos sintácticos dunha oración. Exemplo: das ondas a escuma bicaba a area.
  • Hipérbole: consiste en esaxerar de forma considerable algún tipo de afirmación feita por un personaxe. Exemplo: síntome tan mal que me doe ata o alento.
  • Metáfora: consiste na identificación ou substitución dun termo real por outro imaxinario co que mantén unha relación de semellanza. Exemplo: a vida é un río de augas turbulentas.
  • Onomatopeya: dase cando se usa unha palabra ou un grupo de palabras cuxa pronuncia imita a do obxecto ou ser que se describe. Exemplo: bzzzz bzzz (unha abella), chuu chuu (un tren).
  • Personificación: consiste en darlle atributos humanos a un obxecto ou ser animado que de por si non os pode ter. Exemplo: riron de min as hortensias do teu xardín.

Entradas relacionadas: