Tipos de Géneros Periodísticos: Información y Opinión
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,94 KB
Xéneros Xornalísticos
Informativos
A súa función é informar. Teñen carácter obxectivo. Os xéneros informativos inclúen a noticia e a reportaxe.
De Opinión
A súa función é formar, xulgar actuacións, valorar acontecementos, etc. Os xéneros de opinión inclúen o editorial, o artigo de opinión, a columna e a carta ao director.
Mixtos
Mesturan información e opinión. A crónica, a crítica e a entrevista pertencen a este grupo.
Noticia
Texto breve no que se relata de maneira obxectiva un suceso recente.
Estructura
- Titular: Frase breve que resume o tema e intenta atraer a atención do lector. Vai destacada tipograficamente con letras máis grandes. Pode ir acompañada dun antetítulo e dun subtítulo que amplían a información.
- Entrada: Contén un resumo da información máis significativa. Sole corresponder ao 1º párrafo.
- Corpo: Nel desenvólvese con detalle a información, en orde decrecente de relevancia: os datos máis importantes van ao principio, e os detalles menos importantes ao remate.
A redacción da noticia debe responder a estas seis preguntas: quén, onde, cando, por que, como?
Reportaxe
Texto xornalístico extenso onde se profundiza sobre un tema determinado que non ten por que ser recente. Informa obxectivamente, pero con máis detalle por parte do xornalista ca nunha noticia.
Estructura da Reportaxe
- Titular
- Entrada
- Corpo
- Peche
- Asinadas polo xornalista
Cronica
Ten relación coa noticia en canto que se trata sobre un feito recente e de interese xeral, pero diferénciase desta en que a información non é obxectiva.
Artigo de Opinión
Os artigos son escritos por persoas que colaboran de maneira ocasional ou permanente co xornal ou revista. Algunhas veces están escritos por persoas moi entendidas nun determinado tema, case nunca xornalistas, e isto dálle prestixio ao xornal. Sempre van asinados polo seu autor.
O Editorial
É un artigo de opinión que comenta e valora un feito actual e importante, e presenta a posición oficial dun xornal ou medio de comunicación, non dunha persoa concreta.
A Entrevista
É un diálogo entre un xornalista e unha persoa, no que se trata un tema de interese.
- Entrevista informativa: Interesa o que di a persoa: por experiencia vivida, coñecementos ou opinións sobre un tema.
- Entrevista de personaxe: O que interesa é a propia persoa entrevistada: pola súa profesión, relevancia cultural, vida persoal.